O pasado xoves 4 de xuño organizamos un Tamén Len especial no que invitamos os pequenos do CRA da Revolta para compartir un recreo cheo de historias teatralizadas, coa intención de manter a colaboración que comezamos o ano anterior cos CONTACONTOS e de relacionarnos con diferentes persoas da nosa contorna -sexan xóvenes ou maiores- e compartir con elas a lectura para contribuír a fomentala.
Contamos coa colaboración de alumnas/os do Club de Lectura e de 1º ESO, aqueles que no ano 2007 viñeran visitarnos a un Tamén Len, feito que rememoraron ata onde cada un tiña lembranzas, pois tiñan 4 ou 5 anos os que agora xa son alumnxs do noso centro.
Entre elxs, dous presentadorxs de excepción: Uxía e Martín, de 1º ESO, deron paso ás diferentes intervencións:
Os nenos e nenas italianos cantan unha cantiga moi popular nese país, con letra deste maxistral texto de Gianni Rodari e melodía composta polo cantautor Sergio Endrigo. Como unha típica filastrocche, a modo de copla ou retahíla, esta canción é a presentación ideal para “Que fai falta?”, que se acaba de incorporar (2011) á colección de Clásicos Contemporáneos de KALANDRAKA. Silvia Bonanni ilustra a obra do que fora un gran referente para a pedagoxía moderna.
-primeiro ocuparon o escenario con casas de cartón coloreadas por eles e con máscaras tamén feitas por estes pequenos do CRA e ataviados para contar dúas pezas curtas: o clásico de Gianni Rodari "Que fai falta?" e unha adaptación ao galego titulada "Os bos amigos".
-De seguida saíron encarnando "Los números árabes" os Siareiros da Palabra do noso Club de Lectura, para representar este relato de Juan José Millás do libro "Números pares, impares e idiotas". Esta elección ten que ver co lema "As Ciencias e as Letras" que traballamos este curso.
-E para finalizar eses alumnos e alumnas que estiveran aquí cando eran tan pequenos, puxeron en escena outro deses imaxinativos relatos do mesmo autor "El 8 y el ocho".
Dicir que o salón de actos estaba cheo neste recreo de xuño, onde todxs estamos tan ocupados con tanto traballo para dar finalizado o curso cun bo resultado. É por iso que agradecemos especialmente a vosa presenza e participación a estas alturas.
Moitas grazas pola vosa colaboración a todos e todas. Quedan aquí gravadas as vosas simpáticas intervencións (desculpade que a imaxe non teñan máis calidade, pois as luces do Salón de Actos provocan ese ton avermellado).
O mércores 27 de maio organizamos unha actividade coa intención de presentar un novo libro e promover a súa lectura da man da súa autora, Susana Maceira Quinteiro. Libro publicado en Bos Aires e que se titula "Un mundo que no vi". O profesor de CCSS Xoán G. Leirós foi o presentador do acto, aludindo con imaxes e palabras ao contexto histórico e ao feito da emigración que tanto condicionou a realidade galega; el mesmo fai a seguinte crónica:
A emigración das mulleres: unha
historia familiar
Moi grato foi recibir a
visita de Susana Maceira, autora galego-arxentina, nacida na emigración,
residente en Buenos Aires. Escritora tardía, só coa xubilación como profesora
de historia se aventurou no relato da memoria familiar, que abrangue todo o
século XX, homenaxeando as afoutes mulleres –bisavoa, avoa, nai- de Beiro
(Carballeda de Avia, Ourense) que atravesaron o Atlántico. Vidas de mulleres de
orixe campesiña, pero tamén retrato rural e cruzado dos anos da Guerra Civil:
fuxidas, denuncias, persecucións, cárcere... para rematar na definitiva
emigración dunha gran parte do grupo familiar, que atopou na capital do Sur o
futuro e a paz que lles faltaba aquí. Unha narración que emociona.
Viva, suxerente e engaioladora resultou a súa
intervención, amosándonos a valentía das mulleres, a capacidade resolutiva, as
situacións e incentivos que as moveron; evocando sufrimentos, encontros e
reencontros; lembranzas amorosamente transmitidas; admiracións e rechazos.
A visita serviu para que as nosas alumnas, os nosos
alumnos, avivaran os tizóns nos que callaron as historias familiares nesta
terra tan emigrante do val do Caselas, e as recolleran íntegras e sorprendentes,
transformándose co descobrimento asombrado do pasado dos seus.
Nestes meses de abril a xuño temos expostos libros relacionados coas Ciencias. Unha vez máis puxémoslle "patas á Calixtina" e mostramos en diferentes puntos da biblioteca e no corredor,o que tiñamos no noso fondo bibliográfico, coa finalidade de promocionar lecturas atendendo ao lema que nos guiou este curso: "As Ciencias e as Letras".
O cartel insiste en que os libros están expostos para poder ser collidos en empréstito e animar así a todxs a achegarse a temáticas que poden ser diferentes para algunhas persoas ou habituais para outras. Como sabemos, sobre gustos...
Por certo, lembrade que facemos empréstito tamén para ler no verán!!!!
O xoves 21 de maio organizamos o Maratón de Lectura deste ano, que decidimos deixar para o mes das Letras Galegas por ter en abril outras actividades, ademais de relacionalo co lema: "As Ciencias e as Letras".
Eliximos o libro de Julio Verne "Viaxe ao centro da terra", que limos en varias linguas: galego, castelá, catalán (3 irmáns que viñeron este ano dende Catalunya), portugués, francés, inglés, e, con Ettohami, en árabe tamén.
O venres pasado, 15-5-2015, as últimas horas da xornada lectiva poidemos asistir en dúas sesións todo o instituto ao CONCERTO de BATEMENTO.
Neste pequeno concerto interpretaron para nós varios temas do seu disco OVERTURE publicado este ano 2015. Poidemos escoitar temas como Batemento, Overture, Angrois, Euphory... E acabamos falando con eles sobre o seu proxecto, a súa experiencia, e esta aposta pola fusión dos instrumentos tradicionais coa música electrónica. O seu traballo baséase en moitas horas de estudo, de ensaio, de querer seguir aprendendo. Están entusiasmados e trasnmiten esa paixón que emana de facer o que che gusta e ademais poder traballar nelo. Carlos Mariño explicou que os instrumentos electrónicos requiren estudos específicos, así como programar os seus sintetizadores para poder acadar sons propios, usando os mellores programas de ordenador, que non fan nada se non hai un cerebro pensante e creador.
O nome de BATEMENTO o tomaron dunha técnica de gaita que consiste en bater o dedo no punteiro, e pensaron que era unha boa palabra para destacar. O público quedou encantado e animamos a estes antigos compañeiros para que o saber creativo lles dea moitas ledicias, e a nós tamén, por suposto. Sorte no camiño!!
Pero, quen son?
Pois, nin máis nin menos que dous antigos alumnos: Aitor Domínguez e Cristian Vázquez, que tiveron a iniciativa de formar un grupo de música ben acompañados e complementados por Carlos Mariño.
Cada un deles iniciouse na música dun xeito particular. Aitor empezou a tocar como gaiteiro na Escola de Música de Salceda de Caselas no 2009 e formou parte da Banda de Gaitas de Paramos.Crístian comezou como trompista na Banda de Música de Salceda, pero como lle atraía a gaita animouse a entrar na Banda de Gaitas de Paramos, onde conectou moi ben con Aitor e desa aprendizaxe naceu a idea de crear o seu propio grupo e seguir unha liña de mestura de instrumentos tradicionais, como a gaita ou o whistle irlandés, con teclados e sintetizadores. Carlos Mariño é quen se ocupa dos teclados e sintetizadores, ademais de programar dixitalmente todo este tramado de sons. Naceu en Alemaña en 1972, pero estuda música dende os 8 anos no Conservatorio de O Porriño, sendo precoz tanto en premios como impartindo clase. Acadou o título de Piano e Gaita no Conservatorio Superior de Vigo, e destaca o seu traballo para músicos tan coñecidos como Carlos Santana, Carlos Núñez, Malú, Andy y Lucas, etc. O seu estilo segue a liña da fusión da tradición e a tecnoñoxía.Tamén compuxo bandas sonoras de documentais e filmes.En 2006 foi galardoado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música ao Mellor produtor de música electrónica de España.
Tamén foi profesor no Conservatorio Mayeusis de Vigoe na actualidade ensina piano e produción musical nos Estudios de Élite Musical de Vigo, ademais de coordinar o grupo de música tradicional de Recordechán, O' Castriño.
Navegando por Facebook, atopei este documento creado a partir da obra do poeta e artista plástico galego, Daniel Caxigueiro(Mondoñedo, 1955),quen compartiu con todxs os seus seguidores este vídeo para conmemorar o Día das Letras Galegas
Gustoume especialmente este xesto e decidín pedirlle permiso para poder publicalo neste blog e dalo a coñecer. Agradecemos a súa amabilidade para poder difundilo.
Marcapáxinas de Daniel Caxigueiro (poesía e imaxe),
música de Erik Satie, vídeo de Nachok.
Daniel Caxigueiro é un autor do norte de Lugo, que está a traballar en San Martiño de Mondoñedo (Foz), onde ten un estudo e sala de exposicións nun lugar dun gran atractivo natural; porque ademais de ceramista, escultor, fotógrafo e poeta, é un experto xardineiro e botánico nese lugar chamado ESPAZO CARITEL. Perto del está a importante basílica románica de San Martiño de Mondoñedo, así que por ambos os dous motivos merece visitarse.
Non podo deixar de lembrar a reflexión que facía o gran artista mallorquino Joan Miró, cando dicía "yo trabajo como un hortelano...", porque o que quería expresar era que o traballo realizado por un pintor, escultor, ceramista, etc, non deixa de ser similar a calquera outro traballo, non ten unha aura divina diferente de calquera obra ou útil realizado con destreza pola man do ser humano, que tamén requiren do pensamento para fabricalos e facer un determinado uso deles; ademais de nacer a obra artística dunha relación entre o local e o universal, entre o que nos inflúe da nosa cultura e "o que sucede" na época que vivimos e. como non, en relación coa natureza
.
Así nas creacións de Caxigueiro tamén transcende esta idea, que alimenta esa comunicación entre diversas linguaxes: cerámica, escultura, fotografía, vídeo, instalacións, textos poéticos, natureza...; que non fan nin máis nin menos que interactuar para acadar unha mensaxe de compromiso coa realidade, cos sucesos..., que se traduce nun ton poético que emana non só da palabra, senón do uso de cada material ao que dá forma e significado o artista.
Alguns textos sobre o traballo de Daniel Caxigueiro, pero tedes máis información nos enlaces recomendados arriba:
"A súa obra reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo. Dende 1990 interésase pola instalación, aínda que a miúdo tamén se expresa a través doutras disciplinas (escultura , fotografía, poesía etc). A mestura de diferentes linguaxes, o interese por narrar, a importante presenza da cerámica, xunto a unha actitude crítica e claramente periférica, serven de ponto de partida para achegarse a un persoal xeito de entender a Arte". (www.caxigueiro.com)
"Unha constante presente na súa produción é a utilización da linguaxe plástica como un medio de comunicación ao servizo da defensa das culturas minoritarias, das agresións que a diario se realizan contra as liberdades, a protección ao medio natural e a denuncia dos abusos de poder. (Antonio Garrido Moreno)
Os versos enténdense coas construcións plásticas porque o espírito e a materia forman parte da mesma sensibilidade; uns e outras condensan o mesmo trasfondo humano, as mesmas inquietudes, nacen do mesmo desacougo. Aqueles Guerreiros de principios dos anos noventa iniciaron un capítulo implicado, o do compromiso. Despois viría a serie Europa: terapia puntual, funestos nichos que interpelan ao espectador nunha alegoría interpretada por iconografías actuais; metáfora na que se presente a idea da morte; o esqueleto ou a caveira protagonistas da Danza macabra renacentista personificados agora pola declamación do contemporáneo. Igualmente, A linguaxe da memoria, O bosque das ausencias e Xeografías manteñen o fío temático do social, suscitan reflexións e aportan interrogantes. A vida e a morte entrecrúzanse continuamente na súa obra, conviven loitando “nun mundo onde todo é posible” e rematan dando rostro ás súas propostas. ¿Pervive o triunfo efémero da vida ou quizais se impón o inquebrantable da morte? Para Méndez Ferrín: “O artista é aquel / que se resiste á morte”; Caxigueiro chama unha e outra vez coa solidez das súas mensaxes á resistencia". (Mercedes Rozas).
O xoves 7 de maio recibimos noTamén Len aos candidatos/as á alcaldía de Salceda, co lema: A lectura... o noso compromiso!
A idea foi unir aos diferentes candidatos ás próximas eleccións municipais baixo o lazo da lectura, nunha sesión onde cada un deles elixiu un libro que compartir e recomendar ao alumnado e despois debater un rato sobre libros, filmes, a escola...
A afluencia de público fixo que non puideramos facer a sesión na Biblioteca como é costume e tiveramos que facela no Salón de Actos, que estaba cheo na hora deste recreo que compartimos.
O acto foi introducido polo alumno de 3º César Pascual e pola alumna Cristina Pérez de 2º, cunha magnífica presentación. Seguidamente un nutrido grupo de alumnos e alumnas destros coa música interpretaron diferentes fragmentos para presentar a cada lector invitado, ademais de que outros alumnos/as prestaron as súas voces para ler textos poéticos de varios autores: M. Hernández, V. Aleixandre, Curros Enríquez...
O decorado aludía á primavera, que sentimos con agrado nesta época, e a oportuna presenza de flores serviu para agasallar a cada un dos candidatos acompañada pola voz de Nicolás de 4º PDC, que explicou o significado de cada unha antes de cada lectura.
Os nosos invitados/as foron:
-Marcos Besada, o actual alcalde que se presenta por Movemento Salceda
-Verónica Tourón, que se presenta polo PSOE
-Santiago Rodríguez, que se presenta polo PP
-Julio César Ares, que viu en representación do BNG, en ausencia da candidata Mónica Vizcaya que non puido asistir.
Rodeados de andeis con libros, de libros amontonados ante a mesa, dunha urna electoral chea de variadas flores de cores diversas, ante un estrado con solera foron lidos os seguintes textos:
-Julio leu o relato SMS, de Carlos Mosquera. (libro que doou á biblioteca ao final).
-Verónica leu un relato de Roque Cameselle, O pausiñas.
-Santiago decidiuse polo comezo de Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas.
-Marcos Besada desta vez trouxo a Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro para compartir un fragmento.
Nun amable debate falamos de libros favoritos: dende "El arte de la guerra" que destacou Verónica, ata "As aventuras de Jerónimo Stilton" que Santiago soe ler con gusto coa súa filla. Ademais de destacar como filme favorito de Marcos "A lingua das volvoretas", preferindo Julio cine como "Leolo" ou "Amanece que no es poco" entre as que máis lle gustan.
Acabaron falando da súa formación: Marcos estudou Enxeñería Técnica Industrial, Verónica é Orientadora laboral, con estudos de economía, Julio estudou Psicoloxía e Pedagoxía e Santiago concluíu que non hai como licenciarse en respecto e educación, falando de valores cidadáns para rematar o acto.
O pasado martes 28 de abril tivemos a ledicia de ser espectadores da representación feita por Cándido Pazó, quen non só escenifica, interpreta, monologa, idea, senón que tamén adapta a obra de Xosé Neira Vilas ao teatro, e podemos dicir que con total éxito.
Por suposto que antes foi traballada nas aulas a novela Memorias dun neno labrego, que xa é todo un clásico na literatura galega, pero que non perde o atractivo que pode espertar tamén no lector de hoxe. Ademais de destacar a riqueza das palabras de Neira Vilas, no xeito de dicilas e na súa fondura, para plasmar unha dura realidade a través do personaxe de Balbino, tan familiar e entrañable.
Xosé Neira Vilas e Cándido Pazó
O propio Pazó destacou a boa acollida do alumnado do noso centro, que estaba alí en pleno.
Deixamos este video da entrevista feita por Marga do Val e Xosé Carlos Garrido a X.Neira Vilas en setembro de 2011, para as xornadas de ensino da CIG.
O pasado venres 10 de abril tivemos un "Tamén Len” moi teatral. Visitounos Carla Pérez, secretaria do alcalde de Salceda, que
encheu a nosa biblioteca Calixtina de perrucas, traxes coloristas, e variados
obxectos para escenificar a obra “O chourizo enmascarado” de José Cedena.
Algúns profesores víronse obrigadoS a colaborar, representando algún dos
personaxes da obra, o que fixo que a risa dominase ao público asistente, en
parte polo enredo da obra, en parte polo feito de ver a algúns dos seus profesores
na pel de personaxes estrafalarios como un ladrón, un arxentino, a súa muller e
a súa filla, que seica namorou do ladrón... Situacións absurdas para un “tamén
len” orixinal, habituado a moverse entre o verso e a prosa dos relatos, que
esta vez adoptou a linguaxe e os códigos dramáticos buscando facer da lectura
algo dinámico, divertido e participativo.
Carla Pérez forma parte do grupo de teatro da Asociación Cultural do Barreiro e
animou os nosos alumnos e alumnas a participar nos diversos grupos de teatro
afeccionado que hai pola zona. Aproveitamos para lembrar que xa queda pouco
para A estreA anual do grupo teatral do instituto “Mutis polo foro”.
É oportuno darvos a coñecer a Eduardo Galeano, este escritor, periodista, debuxante, uruguayo, que tivo un compromiso coa súa época e que sempre se expresou dun xeito claro e cercano. O seu pensamento e sensibilidade seguro que vos gustará, ou, alomenos, faravos pensar...Tristemente finou onte, aos 74 anos, e queremos facerlle unha homenaxe deste xeito.
No mesmo día finaba, aos 87 anos, outro escritor europeo importante, que foi premio Principe de Asturias das Letras en 1999 e premio Nobel, Günter Grass; quen foi testemuña dos acontecementos máis importantes vividos na Alemaña e na Europa do século XX. No seu libro de 1999 Mi siglo, deixou un fresco dos acontecementos máis importantes desa época convulsa.
Grass naceu o 16 de outubro de 1927 en Dánzig (Polonia hoxe). Estudou debuxo e escultura. A súa obra aborda de distintas maneiras a historia do seu país durante a metade do s. XX, entre as que destacan ademais de El tambor de hojalata(1959), obras como Pelando la cebolla (2006), o seu polémico libro de memorias; A paso de cangrejo (2002), Mi siglo (1999), Es cuento largo (1995), Encuentro en Telga, El rodaballo (1977), Años de perro (1963) o El gato y el ratón (1961).
Capítulo do libro Mi siglo (1999) que relata a caída do muro de Berlín:
1989
Cuando, viniendo de Berlín, volvimos a la región de Lauenburg,
pudimos escuchar con retraso la noticia por la radio del coche, porque
estábamos abonados al Tercer Programa, y entonces yo, lo mismo que otros
tropecientos mil, grité probablemente: “¡Qué locura!”, con alegría y susto,
“¡eso es una locura!”, y luego, lo mismo que Ute, que iba sentada al volante,
nos perdimos en nuestros pensamientos progresivos y regresivos.
Un amigo, que tenía al otro lado del Muro su vivienda y
su lugar de trabajo, y que, lo mismo antes que ahora, custodia legados en el
Archivo de la Academia
de las Artes, recibió la piadosa nueva igualmente con demora, por decirlo así,
con espoleta retardada.
Según su versión, volvía, sudando por el ‘jogging’, del
Friedrichshain. Nada insólito, porque, entretanto, también los del Berlín Este
conocían bien esa automortificación de origen norteamericano.
En el cruce de la
K(the–Niederkircher–Strasse con la Bötzöwstrasse se
tropezó con un amigo al que el ‘jogging’ le había hecho también jadear y sudar.
Los dos, sin dejar de correr sobre el sitio, se citaron para tomar por la noche
una cerveza, y cuando llegó la noche se sentaron en el amplio cuarto de estar
del amigo, que tenía un puesto de trabajo seguro en la, como se decía entonces,
“producción de materiales”, por lo que a mi amigo no le extrañó encontrar en el
piso de su amigo un suelo de parqué recién puesto; semejante adquisición
hubiera sido prohibitiva para él, que en el Archivo sólo manejaba papeles y era
responsable, todo lo más, de las notas de pie de página.
Bebieron una Pilsner y luego otra. Después apareció en
la mesa el aguardiente de Nordhausen. Hablaron de otros tiempos, de hijos
adolescentes y de barreras ideológicas en las reuniones de padres de alumnos.
Mi amigo, que es del Erzgebirge, en cuyas cumbres había estado yo dibujando
madera muerta el año anterior, quería, como dijo a su amigo, ir allí a esquiar
con su mujer el próximo invierno, pero tenía problemas con su Warburg, cuyos
neumáticos tanto delanteros como traseros estaban tan gastados que apenas
tenían dibujo. Ahora esperaba conseguir, por medio de su amigo, otros
neumáticos de invierno: quien en una situación de Socialismo realmente
existente puede ponerse parqué por su cuenta, debe de saber también cómo se
consiguen neumáticos especiales con la indicación ‘M’ ! ‘S’ (‘Matsch und
Schnee’), es decir, “barro y nieve”.
Mientras que nosotros, ahora ya con el alegre mensaje en
el alma, nos íbamos acercando a Behlendorf, en el llamado “cuarto de Berlín” del amigo de mi amigo la televisión estaba encendida y
con el sonido casi a cero. Y mientras los dos seguían conversando ante
aguardiente y cerveza sobre el problema de los neumáticos y el propietario del
parqué opinaba que, en principio, sólo podían conseguirse neumáticos nuevos con
“dinero de verdad”, aunque se ofreció a proporcionar inyectores para el
carburador del Warburg, pero sin poder dar más esperanzas, mi amigo echó una
rápida ojeada a la pantalla sin sonido, en la que aparentemente pasaban una
película en cuyo argumento unos jóvenes trepaban al Muro, se sentaban a
horcajadas sobre la protuberancia superior y la policía de fronteras
contemplaba la diversión sin hacer nada. Al hacerle observar ese menosprecio
del Muro de Protección, el amigo de mi amigo dijo: “¡Típicamente occidental!”.
Luego comentaron la falta de gusto actual –”seguro que es una película sobre la
guerra fría” y pronto estuvieron hablando otra vez de los dichosos neumáticos de
verano y los ausentes neumáticos de invierno. No se habló del Archivo ni de los
legados allí depositados de escritores más o menos importantes.
Mientras nosotros vivíamos ya con conciencia de la época
sin Muro que se avecinaba y –apenas llegados a casa– pusimos la televisión, al
otro lado del Muro hizo falta un ratito más para que, por fin, el amigo de mi
amigo diera unos pasos por el parqué recién puesto y aumentara al máximo el
sonido del televisor. Se acabó el hablar de neumáticos de invierno.
Ese problema lo resolvería la nueva era, el “dinero de
verdad”.
Apurar aún de un trago el aguardiente que quedaba, y
luego corre que te corre hacia la Invalidenstrasse, en donde se estaban atascando
los coches –más Trabant que Warburg–, porque todos querían dirigirse al paso de
frontera, maravillosamente abierto. Y quien escuchaba atentamente podía oír
cómo todos, casi todos los que querían ir al Oeste a pie o en Trabi, gritaban o
susurraban:
“¡Qué locura!”, lo mismo que yo había gritado: “¡Qué
locura!”, poco antes de Behlendorf, aunque luego dejara correr mis
pensamientos.
Me olvidé de preguntar a mi amigo cómo, cuando y con qué
dinero consiguió por fin los neumáticos de invierno. También me hubiera gustado
saber si el fin de año del ochenta y nueve al noventa lo celebró en el
Erzgebirge con su mujer, que en tiempos de la RDA había sido una patinadora de velocidad
famosa. Porque, de algún modo, la vida continuaba.
Aquí temos unha boa listaxe de letras de cancións marabillosas que seleccionamos para que escoitedes, coñezades, valoredes e, entre todas elas, escollades a que vos pareza mellor, para confeccionar "Os 40 Principais" coas elixidas por todxs vós como as favoritas. Á volta das vacacións, comezaremos a ronda de votacións que deixaredes (adicadas se queredes) no buzón do corredor para tal fin. A través de OndaRaia poderemos escoitar as 12 mellores: TOP 12.
Se alguén o considera pode deixar en comentarios neste post o enlace á súa canción favorita, se coincide que non está entre estas; porque somos conscientes de que quedan moitas no tinteiro, pois hai moi boas letras de cancións, en calquera idioma, con mensaxes positivas.