Cando comezamos cos preparativos para a celebración do Día dos Namorados, os nosos MQs, coma sempre, puxeron a traballar o maxín para idear o concurso deste ano, o lema, o xeito de publicitalo e, como non, a decoración.
Decidiron facer un camiño de corazóns que nos levase ata a entrada da nosa biblioteca. Alí nos estarían esperando os libros e películas recomendadas para estas datas e as bases do concurso.
O que ninguén podía esperar era que espontaneamente todo o mundo quixera deixar a súa mensaxe escrita nos corazóns. Ás poucas horas non quedaba ningún libre. Todo un éxito, MQs!
3 comentarios:
Pareceme que o do camiño de corazóns foi un éxito porque moita xente se puso a escribir neles, tanta que ó día seguinte xa case non habñia ningún valeiro.
OS maqs merecen un premios, mira q levaron chollo cos corazonciños... buf!! je je je decorado mui xeitoso si señor!!!
os homes de Ana!!
Agora xa quitaron os corazóns, eu que quería que estiveran alí jajaj :)
Publicar un comentario