Coñecémolo a través das portadas de "La mécanica del corazón" y "La alargada sombra del amor", por álbumes tan marabillosos como "Los amantes mariposa", "Blanca nieves", "Genealogía de una bruja" ou as ilustracións de clásicos como "Los cuentos macabros" de E. Allan Poe ou "Notre-Dame de Paris" de Victor Hugo.
No caso de "Los amantes mariposa" ilustra a versión dunha antiquísima lenda chinesa, a tráxica historia de amor de Liang Shanbo y Zhu Yingtai, considerada como o Romeo e Xulieta oriental.
O seu derradeiro traballo editado en España é "Cuentos silenciosos" un pop-up delicioso con ilustracións adicadas aos seus contos favoritos. Colorín colorado a entrada ten rematado...
4 comentarios:
Bueno, lara, o certó é que el non escribe só debuxa, peor seguro que te gustarían :)
É Benjamin Lacombe quen ilustrou "Los cuentos macabros" de Poe? Andá!Eu lendo a un dos meus escritores favoritos do xénero do misterio e aínda sen enterarme de quen foi o artífice de tan marabillosas ilustracións.
Se tedes a oportunidade de ler a Poe, recoméndoos que leades "O gato negro", un conxunto de relatos cheos de terror e misterio que son, sinxelamente, EXCEPCIONÁIS. Un día habería que elaborar unha entrada (post) coma homenaxe a Edgar Allan Poe, xa que foi un escritor e poeta que tivo gran influencia en outros moitos autores.
Pero... Non nos descentremos desta entrada adicada a Benjamin Lacombe!, a quen eu non coñecía e agora xa teño o pracer de intimar con Benjamin... ou mellor dito; Cos seus libros e as súas ilustracións.
Como xa vos comentei en "wr." anteriores, cando remate de ler Hamlet (unha obra INCRIBLE de Shakespeare, e despois de ler algúns libros máis que teño apuntados na miña lista persoal, tocaralle o turno a este Benjamin Lacombe. Ata entón, non podo comentar nada máis...
Moitos bicos e que teñades unha feliz vista por BiblosVivos!
Perdón por algunhas das faltas ortográficas que cometín no anterior comentario (recoméndovos e NON recoméndoos)... Síntoo pero escribo cun pouco de presa... Teño que ler Hamlet!!!!
Adrián, non sei se a edición que liches de Poe estaba ilustrada por Benja min Lacombe, pero existe unha del relativamente recente
Publicar un comentario