Todos os 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. A data rememora o falecemento do Mahatma Gandhi nese mesmo día do ano 1948.
Este ano quixemos empregar os libros e o cine como medio para achegarnos á realidade que, por desgraza, se vive en moitas zonas do planeta onde se seguen a desenvolver conflitos armados ou onde a violencia forma dalgún xeito parte da súa vida cotiá.
No estante negro están as películas, libros e cómics que reflicten eses conflitos, esas vidas atrapadas pola violencia.
No outro estante a esperanza dun mundo mellor; os símbolos da paz empregados por distintas culturas e debuxados polo noso alumnado.
1 comentario:
Sen dúbida, un traballo excepcional! Moitos alumnos pasan por ahí e ven libros nun estante. Libros nun estante! E non son só libros nun estante!!! Son as vidas de moitas persoas que teñen que convivir tódo-los días có termo "violencia". Son relatos cheos de drama, pena e tristeza recollidos no papel dos recordos. Son o espello da realidade: unha realidade que, por desgraza, está presente nas nosas vidas e máis aínda nas vidas das persoas que sufren milleiros de atrozidades. Todos pasamos tódolos dáis por diante destes estantes. Pero poucos son os que se paran a ver e ler este museo andante. Anímovos a todos a que collades un libro para poder entrar na cruda realiade. A miña lectura recomendada: "O neno có pixama a raias". Un libro que trata o tema do nazismo dende a óptica de Bruno, un neno que vive a realidade sen decatarse das tráxicas consecuencias da vida.
Saúdos!
Publicar un comentario