Jimmy Liao naceu en 1958 en Taipei (Taiwán). Estudou Belas Artes e traballou no mundo da publicidade ata que aos cuarenta anos enfermou de leucemia, deixou o traballo e decidiu adicarse a escribir e debuxar as súas propias historias.
Os seus álbums contan con verdadeiros siareiros entre os lectores adultos e polo de agora leva publicados 17, dos que imos destacar:
"El pez que sonreía": Tedes colgado na columna da dereita, en libros para ver e escoitar, a curta de animación baseada neste álbum.
"Desencuentros": Unha moza e un mozo viven no mesmo edificio pero nunca se atopan porque ela, cando sae, xira sempre á esquerda mentras que el o fai á dereita. Un día a vida lles proporciona un encontro no que axexan o que podería ser o principio dun gran amor. Volverán a atoparse? Tédelo tamén na columna da dereita.
"Esconderse en un rincón del mundo", "El sonido de los colores" e "La noche estrellada" dos que vos deixo abaixo un adianto.
5 comentarios:
Interesante entrada, sen dúbida! Non os coñecía pero engádoos a miña lista de lectura ... ... ... Apuntados quedan! Agora só fai falla que remate de ler Hamlet... É un libro dunhas 500 páxinas e ainda por riba escrito en inglés...Ou sexa, unha lectura moiiii fácil :) Así que espero poder rematalo dentro de... 2,4,6...14,3,6... Dentro duns 20 anos ou así o remato e comezo a ler estes libros que recomendades neste post! ; IMAO Teñen pinta de ser libros nos que non é tan importante o que o autor escriba neles, senon que o importante é a maneira na que o apaixoado lector os entenda, posto que supoño que o que priman nos libros deste autor son as imaxes, non e así?
Tropecentos saúdos... (iso de "Un saúdo" paréceme algo cutre... só un? :))
Me parto cos teus comentarios... Estes libros se len nunha patada. Se lles queres botar unha ollada vou levar algúns meus este venres á biblio. Os de este autor non os teño aínda.
Un millón de saúdos! Chegarán?
Acaba de chegarme hoxe "la noche estrellada".Sin palabras. Máxico, fermosísimo e inesquecible!
Coincido con Ana, que bonito! Paréceme un libro moi especial... Ao mellor porque cando vin en directo o cadro de Van Gogh que lle dá título marcoume moito. Nas ilustracións hai moito deste pintor, pero tamén hai que valorar a historia, moi sensible. Se queredes iniciarvos neste autor, recomendo a lectura de "La noche estrellada". Mirade con que dedicatoria empeza:"Dedicado os nenos que non logran sintonizar co mundo". Non deixedes de lelo....
Onte unha boa amiga regaloume "La noche estrellada" e pareceume moi fermoso, pura poesía na historia, nas súas palabras e nas súas imaxes.Parabéns polo bo traballo que realizades neste blog, Ana
Publicar un comentario