"En Son de PAZ" é un título ben axeitado para deixar constancia sobre o ambiente que se creou ao redor da música o pasado xoves 28 de Xaneiro, cando alumnas/os de todos os cursos interpretaron diferentes pezas musicais e cancións da man do profesor de Música Pablo, que estivo traballando connosco ese mes, a quen agradecemos a súa idea e capacidade para organizar dita actividade e desexamos que lle vaia moi ben no seu novo destino.
IMAXINA –JOHN LENNON
Imaxina que non hai Ceo,
é moi fácil de pensar.
Sen o
inferno baixo noso,
enriba o
firmamento.
Imaxina a
toda xente,
vivindo o día a día.
Imaxina que
non haí fronteiras,
é moi fácil
de acadar.
Sen loitas que lidiar, (batallas
que librar)
e ningunha relixión.
Imaxina a toda a xente,
vivindo a
vida en PAZ.
Ti dirás
que eu soño,
peor hai
moitos coma min.
E desexo
que te unas,
e o mundo
sexa un só.
Imaxínao sen diferenzas,
(que non hai diferenzas)
podemolo conseguir.
Que non haxa máis cobiza,
só igualdade
entre nós.
Imaxina a
toda a xente
compartindo
amor.
Ti dirás que eu soño, (son un tolo)
pero hai moitos coma min.
E desexo que te unas,
nun fermoso mundo en PAZ.
(Tradución ao galego: Paula Fdez.
Bañuelos e Uxía González).
Houbo dúas sesións para repartir o público e que puideran acudir todos os grupos. Ambalasdúas comezaron coa actuación "estelar" de Uxía González, acompañada de Gabriel ao piano, interpretando a canción de John Lennon "Imaxine", unha parte en inglés e outra en galego traducida por nós. A verdade é que fixeron un bo tandem e resultou emocionante escoitalxs. Non tedes máis que premer nos vídeos e nos enlaces para lembrar o seu son e o dos demais grupos que actuaron con entusiasmo e bo oficio.
https://www.youtube.com/watch?v=aT2Xe1Mzh6Y
https://www.youtube.com/watch?v=vjhzmsZ3SF4
1 comentario:
Publicar un comentario