14/2/11

Amor e agradecemento

Desde que nos mergullamos hai unhas semanas no mundo dos libros ilustrados e, en concreto, no universo de Jimmy Liao, as compoñentes deste equipo de biblioteca quedamos absolutamente rendidas á beleza das imaxes e á máxica tenrura que despertan as súas historias.
Tanto foi así, que nun ataque de osadía decidimos poñernos en contacto con el a través da súa editorial en España, Barbara Fiore. Esa mesma tarde rexistrabamos no blog unha visita desde Taipei (Taiwan), cidade natal do escritor/ilustrador. Coincidencia?... Pode ser.
Ao día seguinte tiñamos un mail confirmando que podiamos usar as súas ilustracións sen problema.
Hoxe, Día dos Namorados, estrenamos cabeceiras nos blogues da biblioteca e do Club de lectura. Agora o dificil vai ser que o contido non deshonre o nivel das ilustracións.
Queríamos dar as grazas igualmente a Lara, a nosa Lara, que foi a deseñadora do debuxo empregado ata agora.
Non nos queríamos despedir nun día como hoxe ser poñer a nota romántica e parécenos adecuado facelo cun poema de Wislawa Szymborska (Premio Nobel de Literatura 1996) co que comeza outro dos libros de Liao, "Desencuentros".

Amor a primera vista

Ambos están convencidos
de que los ha unido un sentimiento repentino.
Es hermosa esa seguridad,
pero la inseguridad es más hermosa.

Imaginan que como antes no se conocían
no había sucedido nada entre ellos.
Pero, ¿qué decir de las calles, las escaleras, los pasillos
en los que hace tiempo podrían haberse cruzado?

Me gustaría preguntarles
si no recuerdan
-quizá un encuentro frente a frente
alguna vez en una puerta giratoria,
o algún "lo siento"
o el sonido de "se ha equivocado" en el teléfono-,
pero conozco su respuesta.
No recuerdan.

Se sorprenderían
de saber que ya hace mucho tiempo
que la casualidad juega con ellos,

una casualidad no del todo preparada
para convertirse en su destino,

que los acercaba y alejaba,
que se interponía en su camino
y que conteniendo la risa
se apartaba a un lado.

Hubo signos, señales,
pero qué hacer si no eran comprensibles.
¿No habrá revoloteado
una hoja de un hombro a otro
hace tres años
o incluso el último martes?

Hubo algo perdido y encontrado
quién sabe si alguna pelota
en los matorrales de la infancia.

Hubo picaportes y timbres
en los que un tacto
se sobrepuso a otro tacto.
Maletas, una junto a otra, en una consigna.
Quizá una cierta noche el mismo sueño
desaparecido inmediatamente después de despertar.
Todo principio
no es más que una continuación
y el libro de los acontecimientos
se encuentra siempre abierto a la mitad.

De "Fin y principio" 1993.

13/2/11

No Día dos Namorados, un amor de película... ou de novela!

Wordle: dia dos namorados
No día dos Namorados non podiamos deixar de recomendarvos algúns libros e películas de temática amorosa.
Se premedes enriba das imaxes podedes acceder ás reseñan (no caso dos libros) ou aos trailers.

Que as disfrutedes!

12/2/11

Canciones para Paula: das redes sociais ao papel.



O outro día vos falabamos das novelas transmedia, que complementan o texto en papel con páxinas web, blogs, videos e outros recursos multimedia. Pero tamén estamos na actualidade ante o proceso contrario, novelas que xorden primeiro na internet e logo dan o salto ao papel; éste é o caso de "Canciones para Paula" de Francisco de Paula Fernández, coñecido co seudónimo Blue Jeans.

"Canciones para Paula" ou CCP xurdiu como unha fotonovela en Fotolog e de ahí pasou ás redes sociais onde se fixo con máis de 30.000 seguidores en menos dun ano, ata que a Editorial Everest a publicou en papel a finais de 2009.

Sinopse: Paula, unha moza a punto de cumplires os 17, enamórase por internet de Ángel, de 22. Cando deciden coñecerse en persoa, Ángel chega tarde á cita e Paula ten un fugaz pero intenso encontro con Álex. Ademáis Paula conta sempre coa inestimable compaña de "Las Sugus" as súas inseparables amigas.

Amor, desamor, mentiras, amistade, encontros e música unénse nesta novela xuvenil que nos mostra o mundo dos adolescentes e a súa relación con internet.
A finais de 2010 saía a segunda parte, "¿Sabes que te quiero?".

Como non podía ser doutro xeito, os libros contan con páxina web, blog, foro e CD coa banda sonora.

9/2/11

Tamén len con... Rafa Pérez Cabaleiro.



O pasado venres 28 de xaneiro reiniciamos as nosas sesión mensuais do Tamén Len, esta vez cun invitado moi especial, o noso ex-alumno Rafa Pérez Cabaleiro que rematou a ESO hai tres anos e foi probar fortuna como futbolista nas filas do Real Madrid. Na actualidade forma parte do equipo xuvenil do Celta.


Rafa leu un conto do escritor romántico José Espronceda titulado "La pata de palo"; narra o que lle aconteceu a un rico comerciante que quedou se unha perna. Manda facer facer ao mellor artífice de pernas de pau a mellor perna artificial que xamáis ninguén tivo. Unha perna que andase soa. O seu desexo foi cumprido. Así o seu egoísmo e a súa avaricia foron castigados condenado a vagar eternamente sobre a súa pata de pau.

Gustouvos?

En breve engadiremos a entrevista que lle fixo Laura.
Sonia.

7/2/11

Concurso polo día dos namorados: O amor nun flash



"Eros y Psique". Antonio Cánovas.


Coma todos os anos, e xa que se vai acercando a data, a biblioteca vos convoca a participar non novo concurso polo Día dos Namorados.
Nesta edición o lema é "O amor nun flash"... adiviñades por onde van os tiros... Pois si, para participar hai que entregar unha fotografía que represente o que é para vós o amor cun pé de foto explicativo. O prazo de entrega remata o 21 de Febreiro e as fotos podedes, ou ben entregalas directamente na biblioteca ou mandárnolas por mail ao noso enderezo: biblosvivos@gmail.com. Admítese tanto o formato dixital como en papel.
O premio, a risco de parecer repetitivas, segue a ser unha CEA ROMÁNTICA.
Para que vos vaiades poñendo en situación...


Contamos coa vosa participación!!

6/2/11

"El silencio se mueve" e "Proyecto Amanda": a narrativa transmedia está de moda!

Hai tempo xa que vimos observando como a narrativa xuvenil e as novas tecnoloxía se dan a man; novelas con banda sonora e páxina web, co fin de atraer a un público inmerso na cultura da imaxe e da internet. O fenómeno vai en aumento, agora os libros, xuvenís ou non, se complementan a través de videos colgados en youtube, ou se volven interactivos coa axuda de blogs e das redes socias, nuns casos para traspasar as barreiras da idade e noutros simplemente para aumenta-lo atractivo. Hoxe imos mencionar dous exemplos:



O "Proyecto Amanda", de Melissa kantor, é un conxunto de 8 libros, unha páxina web e os Fanzines "Endeavor".
No primeiro libro," Invisible", nos contan a chegada de Amanda Valentino ao Instituto Endeavor o día de Halloween e como vai transformar a vida dos que a coñecen ata a súa desaparición , tan só uns meses máis tarde.
Na páxina web (tedes o vínculo premendo no título) coñeceredes aos compañeiros cos que tivo máis trato, iredes seguindo as pistas e tentaredes explicar quén é, e qué lle pasou a Amanda.
Nos vindeiros libros prometen incluir fragmentos escritos polos lectores na páxina.


"El silencio se mueve" de Fernando Marías considérase a primeira novela transmedia española. Combina o texto cunha web, un cómic, un guión de cine, fragmentos de xornais, un nº de télefono disponible as 24h do día (91 4226192) e un blog.
Sinopse: "Juan Pertierra aprendeu do seu pai a escoitar o silencio, ou a lo menos eso di na súa páxina web. As veces a xente acode a el na busca de axuda para resolver misterios. Iso é o que fai Liza, unha muller preocupada polo mutismo da súa filla. Que terribles segredos do pasado sairán á luz? Unha novela de misterio que nos mergulla nun ambiente oscuro de traizóns e vinganzas".

3/2/11

Ilustrado por... Benjamin Lacombe

Benjamin Lacombe naceu en París en 1982 e estudiou na École Nationale Supérieure des Arts Décoratifs. O seu primeiro cómic foi editado cando só tiña 19 anos.

Coñecémolo a través das portadas de "La mécanica del corazón" y "La alargada sombra del amor", por álbumes tan marabillosos como "Los amantes mariposa", "Blanca nieves", "Genealogía de una bruja" ou as ilustracións de clásicos como "Los cuentos macabros" de E. Allan Poe ou "Notre-Dame de Paris" de Victor Hugo.

No caso de "Los amantes mariposa" ilustra a versión dunha antiquísima lenda chinesa, a tráxica historia de amor de Liang Shanbo y Zhu Yingtai, considerada como o Romeo e Xulieta oriental.

O seu derradeiro traballo editado en España é "Cuentos silenciosos" un pop-up delicioso con ilustracións adicadas aos seus contos favoritos. Colorín colorado a entrada ten rematado...

1/2/11

Ilustrado por... Jimmy Liao

Jimmy Liao naceu en 1958 en Taipei (Taiwán). Estudou Belas Artes e traballou no mundo da publicidade ata que aos cuarenta anos enfermou de leucemia, deixou o traballo e decidiu adicarse a escribir e debuxar as súas propias historias.
Os seus álbums contan con verdadeiros siareiros entre os lectores adultos e polo de agora leva publicados 17, dos que imos destacar:

"El pez que sonreía": Tedes colgado na columna da dereita, en libros para ver e escoitar, a curta de animación baseada neste álbum.

"Desencuentros": Unha moza e un mozo viven no mesmo edificio pero nunca se atopan porque ela, cando sae, xira sempre á esquerda mentras que el o fai á dereita. Un día a vida lles proporciona un encontro no que axexan o que podería ser o principio dun gran amor. Volverán a atoparse? Tédelo tamén na columna da dereita.

"Esconderse en un rincón del mundo", "El sonido de los colores" e "La noche estrellada" dos que vos deixo abaixo un adianto.


Os libros saen da biblioteca no Día Escolar da Paz e a da Non Violencia





Todos os 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. A data rememora o falecemento do Mahatma Gandhi nese mesmo día do ano 1948.
Este ano quixemos empregar os libros e o cine como medio para achegarnos á realidade que, por desgraza, se vive en moitas zonas do planeta onde se seguen a desenvolver conflitos armados ou onde a violencia forma dalgún xeito parte da súa vida cotiá.

No estante negro están as películas, libros e cómics que reflicten eses conflitos, esas vidas atrapadas pola violencia.
No outro estante a esperanza dun mundo mellor; os símbolos da paz empregados por distintas culturas e debuxados polo noso alumnado.


31/1/11

Ilustrado por... Rébecca Dautremer.

Seguindo no mundo da banda deseñada, imos comezar hoxe unha serie de entradas adicadas aos álbums ilustrados. Este xénero, asociado antes aos contos e ao público infantil, é demandado na actualidade por lectores de todas as idades e vén de experimentar un enorme pulo debido á importancia da imaxe na cultura actual.
Imos comezar pola obra dunha fantástica ilustradora francesa, Rébecca Dautremer.

Rébecca Dautremer naceu en Gap en 1972 e estudou na Escola Nacional de Artes Decorativas de París. Adicase ao deseño gráfico e de xoguetes, debuxa para prensa e ilustra álbums (nalgúns tamén escribe o texto). Entre as súas principais obras destacan as ilustracións dos álbums:

"Princesas olvidadas o desconocidas" con texto de Philippe Lechermeier. Quizais un dos seus traballos máis coñecidos. Nel fálase das princesas que acadaron a fama como "Cinsenta" e "Brancaneves" pero sobre todo de todas as princesas anónimas que non chegaron tan lonxe :).

"Cyrano" na versión de Taï-Marc LeThan sobre o clásico de Edmund Rostand. Con imaxes impactantes, encadres que semellan planos cinematográficos e cores vermellas, consegue emocionar desde a primeira á última páxina.

"Enamorados" Como credes vós que interpretan un grupo de nen@s o que é estar namorados?


"Diario secreto de Pulgarcito". Preme para ve-la presentación!

"Nat y el secreto de Eleanora" deste hai unha película animada titulada "Kérity, la maison des contes" (O título orixinal do álbum).


Na actualidade está a rematar as ilustracións para "Alicia en el país de las maravillas" e os seus seguintes proxectos serían ilustracións para a "Biblia" e "Seda".

30/1/11

Festival de Banda Deseñada de Angoulême 2011


E xa que estamos por fomentar a banda deseñada, non podiamos esquecernos de facer unha entrada ao que probablemente sexa o principal evento anual adicado a este xénero: O Festival de Banda Deseñada de Angoulême, que ven de pechar a súa 38 edición no día de hoxe.
O Festival de Angoulême naceu nesta cidade francesa no ano 1974 como punto de encontro para autor@s, ilustrador@s, editor@s e lector@s de cómic e rapidamente se transformou nun evento cun amplo recoñecemento internacional.

No palmarés de este ano podemos destacar:



Mellor album 2011: "Cinq mille kilomètres par seconde"
de Manuele Fior.









Premio do Público: "Le bleu est une coleur chaude" de Julie Maroh.








Premio da xuventude: "Asterios Polyp" de David Mazzucchelli.






Esperemos que pronto se atopen editados en España e podamos telos nas mans.

25/1/11

El arte de volar: Premio nacional de cómic 2010.

Desde o curso pasado a biblioteca do noso instituto vén tentando suplir o que era unha das grandes faltas nos nosos fondos: a relativa a banda deseñada.
Pouco a pouco imos ircoporando clásicos do mundo do cómic, o manga e a novela gráfica e tamén estamos abert@s ás vosas suxestións.
É por iso que hoxe vos queremos falar dunha novela gráfica que acadou o Premio Nacional de Cómic no Salón do Cómic de Barcelona a finais do pasado ano: El arte de volar.
Con ilustracións de Kim, Antonio Altarriba céntrase na autobiografía do seu pai para levarnos da man polos acontecementos máis relevantes da historia de España no século XX.
Paga a pena que lle botedes, cando menos, unha ollada.


El Arte de Volar from polinomio on Vimeo.


17/1/11

O que nos trouxo o 2011 (de momento)...



No remate do ano puxémonos todos mans á obra: o equipo da biblioteca, os MQs e os compoñentes do club de lectura vestíron o seu mono de traballo e armáronse con pinceis e rodillos para darlle un novo aire á nosa Calixtina co fin de inaugurar as novas seccións: Comiteca e Cinemateca. Xa tedes visto os cambios? Gústanvos?
En breve, colgaremos as fotos da nosa renovada biblioteca.

Tamén os profes podemos presumir, pois a semana que ven, aproveitando a visita de José Luís, inauguramos a Biblioteca de profes "mestre José Luís Calvo". Nela haberá fondos do centro e tamén un intercambio de libros aportados polos propios profes.

Agora só falta que, tanto vós coma nós, lle demos uso!!

16/1/11

O que se levou o 2010...


O pasado 22 de decembro foi un día de despedidas. A maioría marchabamos de vacacións de Nadal... Pero ti, José Luís, despois de toda unha vida dedicada ao ensino, comezabas unha nova etapa: a da xubilación.

Nun acto improvisado pero cheo de cariño e gratitude, os teus alumnos/as e compañeiros/as fixémosche un corredor para conducirte á túa benquerida biblioteca, onde te agardaban expectantes para ofrecerte unha lectura dalgúns dos teus textos favoritos: O primeiro capítulo de "Platero y yo" e o poema das golondrinas de Bécquer.

Contigo, non esaxeramos ao dicilo, sentimos que marcha o espírito desta Calixtina que ti bautizaches. Nós, as compoñentes deste equipo de biblioteca, quedamos desde entón un pouco orfas. Fáltannos a túa compaña, o teu ben facer, a túa sabedoría, a túa música e tantas e tantas cousas irremprazables.

Es a persoa que mellor representa o significado da palabra "mestre"; estar ao teu carón e aprender eran a mesma cousa.

Non imaxinas canto te imos botar de menos! Ti marchas, o teu legado continúa.

O equipo de biblioteca.

16/12/10

Un merecido 2º posto


As nosas compañeiras de 1ºC Blanca, Carla, Mar e María acadaron o 2º posto na categoría de grupo do concurso "Ler e escoitar". Leron versos de Celso Emilio Ferreiro con intensidade e emoción. Foron moitos os parabéns que recibiron alí por parte dos presentes... Opinade vós agora...