Bastien Vivès é un escritor/ilustrador de banda deseñada francés de tan só 27 anos e que se está a converter en toda unha promesa neste xénero.
Os seus tres últimos libros publicados en España van sobre o mesmo tema: o namoramento. Cun estilo especialmente minucioso respecto das expresións e os xestos, consigue sen dúbida que vivamos as súas historias con tanta intensidade como se foramos os verdadeiros protagonistas.
En "El gusto por el cloro" o protagonista é un mozo que debe acudir á piscina por prescripción terapeútica para mellorar a súa escoliose. O que comeza como un deber vaise transformando pouco a pouco nun hobbie e máis tarde nunha necesidade... Alí namórase dunha nadadora e asistimos con el ás súas dúbidas, á ansiedade da espera dos mércores, ó seu desexo de volver a vela,...
No 2010 publicábase "En mis ojos". O protagonista (co que nos identificamos plenamente xa que as ilustracións só nos mostran o que entra dentro do seu campo visual) coñece a unha moza nunha biblioteca. Desde as niñas dos seus ollos presenciamos as miradas, os silencios, as conversas sen sentido e nos iremos namorando con el, participando de todos os sentimentos que acompañan o amor e o desamor.
Que entre o amor e a amistade hai unha estreita liña divisoria é ben sabido. Bruno e Francesca son amigos desde hai moito pero pouco a pouco os seu sentimentos vanse transformando. Este é o argumento de "Amistad Estrecha".
1 comentario:
gustoume aunque a prota é un pouco pija!!!!XD
Publicar un comentario