11/2/09

Finis Mundi


En 3º de ESO estamos estudando en distintas materias a época histórica da Idade Media. En Lingua Castelá decidimos ler a primeira novela de Laura Gallego, Finis Mundi, que está situada nesa época histórica. Presenta moitos dos elementos característicos das obras máis recoñecidas desta autora, como na triloxía de Memorias de Idhún, pero cunha ambientación medieval que nos axuda moito a entender aquela época histórica. ¿Qué opinas desta novela? ¿Gústache o xénero da novela histórica? ¿Qué títulos coñeces? ¿Cómo valoran os profesores a novela histórica como instrumento de enseñanza nas súas clases?

Para máis información sobre autora, podes visitar: http://www.lauragallego.com/

Fernando

3/2/09

Concurso “101 palabras de amor”

O día 14 de febreiro (como xa tod@s saberedes) é o día de S.Valentín, día no que se celebran os sentimentos do amor e o cariño.

Pero…de onde vén esta tradición? Para os que non o saibades, e ao contrario do que pensan algúns, S.Valentín non é unha festa puramente comercial.

Esta tradición remóntase moi atrás na antiga Grecia.
Daquela existía unha lei que prohibía aos fillos e fillas casar sen o consentimento do pai, que normalmente os casaba sen pedirlle opinión á rapaza ou ou ao rapaz. Existía entón un cura que casaba clandestinamente ás parellas sen consentimento do pai, que non podía desfacer o matrimonio dado que o divorcio estaba prohibido. Este cura, chamado (como non) Valentín, vivía agochado e foi severamente castigado coa morte en canto o atoparon. Máis tarde foi nomeado santo. En canto ao 14 de febreiro, dise que foi o día do seu pasamento.

Por iso o noso instituto decidiu facer unha actividade para conmemorar este día tan especial.
Dende ¡XA! e ata o día 20 de febreiro poderedes participar no concurso para gañar…
UNHA CEA ROMÁNTICA!!
Deberedes entrar no COMENTARIO desta entrada e escribir un texto sobre o amor que debe ter unha extensión de 101 palabras como máximo (non ten mínimo pero … non sexades vagos/as!!). Ao rematar de escribila, asinaredes cun pseudónimo (un nome orixinal que non sexa o voso, por exempo, Romeo). Despois tedes que entregarlle a Susana, a profe de galego, un sobre cos vosos datos (nome e curso) e por fóra o pseudónimo co que participades no concurso.
Xa sabedes, sacade o voso enxeño literario e participade… ou é que tendes medo??
Pasade un feliz San Valentín e non esquezades pór algo vermello ese día!!.

Os maqueadores/as do blog.
Por se necesitades estímulos (que non é o caso), aqui vos deixo un video sobre bicos na historia do cine, sacado dun fragmento dunha película que vos recomendo encarecidamente: "Cinema Paradiso".
Ah! un consello: parade o son do video da entrada anterior para escoitar a banda sonora, paga a pena.
Ana