Mostrando entradas con la etiqueta Constitución. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Constitución. Mostrar todas las entradas

18/12/08

Felicidades, constitución!




O 5 de decembro rematou a colocación da exposición sobre os 30 aniños que cumpre a Constitución Española.
Esta actividade organizouna o departamento de C.C.S.S e o alumnado do Instituto.
Os rapaces/as de 2º E.S.O realizaron coa nova profesora Silvia carteis sobre os dereitos humanos. Os de 1º E.S.O colaboraron recollendo testemuñas das persoas maiores sobre como se sentiron cando morreu Franco dirixidos polo profesor Adrián. Por último os de 3º E.S.O realizaron carteis do Estatuto de Autonomía e da Constitución co profesor Xoán e mais Adrián. Nós, alumnos/as de 4ºESO,que estamos estudando o século XX, imos facer entrevistas aos nosos avós/as ou a algunhas persoas maiores que teñamos a man sobre as reaccións á morte de Franco, golpe de Estado do 23F… A intención é que coñezamos e, sobre todo, PENSEMOS o significado da Constitución e o seu contexto.
Como podedes observar, no corredor de arriba do noso Instituto en cada parede colocáronse carteis, mapas, debuxos, fotografías… que explican o período histórico de antes e despois do 36, os 30 anos da Constitución, así como o aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia e a Declaración dos dereitos humanos. Un excelente traballo que nos serviu para entender mellor o noso pasado. Moitas grazas ao Departamento de CC.SS. e … que sigan así!!

Carla e Saray