Mostrando entradas con la etiqueta terror. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta terror. Mostrar todas las entradas

7/11/16

Contos de medo... por Quico Cadaval

O venres 4 de novembro visitounos o polifacético Quico Cadaval para contarnos historias de terror, de medo... coincidindo coa celebración do "magosto terrorífico" que por mor da chuvia tivemos que adiar. Pero ben agochados da chuvia, no noso acolledor salón de actos, disfrutamos das súas narracións. Unha pena non ternos desprazado até o muíño de Pantel, onde vestidos de pantasmas e outros seres sobrenaturais tiñamos pensado acompañar a Quico, axudando a ambientación das súas historias.

Pese a todo a contada de Quico non defraudou. Primeiro reflexionou sobre a moralidade dos contos tradicionais, dandonos unha versión moi particular de contos clásicos como o da "Caperuchiña vermella", "Hansel e Gretel" e "Brancaneves e os seu ananos". Despois continuou coas narracións onde o fantasmagórico e o terrorífico eran os grande protagonistas. Moito medo se pasou!!!

4/1/14

BEOWULF de David Rubín. DE MEDO!

O pasado sábado día 28 de decembro no Café La Historia de Vigo, e organizado pola librería BANDA DESEÑADA, tivemos a sorte de ter a David Rubín en persoa para compartir con el un informal e interesante intercambio de datos e impresións sobre o proceso creativo da súa última obra recén publicada, Beowulf


Asume o autor unha arriscada iniciativa creativa ao darlle forma e nova vida a un mito anglosaxón -considerado o poema maís antigo da literatura inglesa-, que revisita e recupera cunha linguaxe de hoxe, pero fiel ao mítico Beowulfhttp://es.wikipedia.org/wiki/Beowulf

Non é a primeira vez que Rubín se achega a personaxes da mitoloxía antiga: nórdica, como neste caso, ou clásica; nada mellor para comprobalo que meterse nas páxinas da súa obra anterior El Héroe, editada en dous volumes, onde o protagonismo é dun dos heroes por excelencia: Hércules ou Heracles e os seus traballos, tamén actualizado con mestría por este debuxante e guionista galego considerado hoxe como un dos máis destacados autores de BD.

















Podemos afirmar que Rubín sabe currarse con oficio e simpatía a promoción da súa obra. Ademais, pola tarde na librería Banda Deseñada, foi quen de firmar con grande amabilidade os exemplares que lle demandamos un montón de lectores. Na nosa biblioteca teremos á volta das vacacións o noso Beowulf adicado especialmente. 

Por todo isto creo que pode ser do voso interese achegarvos ás súas palabras aquí transcritas:





7/11/13

Novembro de Medo

Para celebrar o Samaín -puxémoslle "patas á Calixtina"- e estes días temos expostos no corredor os libros e filmes que rescatamos e desempoamos do noso fondo bibliotecario. Algúns deles mostran un aspecto usado e outros menos, unhas son novas edicións e outras vellas, pero de todos eles emana un non sei que inquietante, tanto a través dos resumos que falan do seu contido, como das imaxes das súas portadas, que fan que un calafrío nos percorra e queiramos saber máis sobre esas terroríficas historias que son capaces de conseguir que se nos meta o medo no corpo. Cos autores clásicos e cos novos...







Aí os tedes para elixir con cal queredes tremer, neste mes en que o frío empeza a meterse tamén nos miolos e invita a taparse baixo unha manta ao abrigo da lectura ou do cinema.

E para que non esquezades o significado do Samaín e de Halloween, van estes enlaces. http://es.wikipedia.org/wiki/Halloween http://es.wikipedia.org/wiki/Samhain

1/11/11

Polo Samaín: "Sesións Terroríficas de Lectura"



O meu amigo Cali, pantasma do IES Pedras Rubias, venme de convidar a unhas Sesións Terroríficas de Lecturas que sei que están a organizar os MQs. A cita é nos recreos do mes de novembro no soto do instituto e seica van contar relatos de terror e misterio en pequenos grupos. Imprescindible invitación. Eu xa teño a miña, e vós?

Conseguirán meterme medo a mín ou, pola contra, serei eu quen os asuste, HAHAHAHAHAHAHAH (léase riso sinistro).

24/10/09

Do amor ao terror

Despois de tanto amor e, aproveitando que o vindeiro sábado 31 de outubro celébrase o Samaín/Halloween, imos adicar estas semanas aos libros e películas de terror. Apetécevos pasalo de medo con nós?
Imos entrar en ambiente cunhas cantas películas, comezando por clásicos como "Psicosis" ou "El resplandor", está última é a adatación dun libro de Stephen King do mesmo título.



Despois podemos seguir con algunha de director español como "Los otros"


E xa máis recentes as tres partes de "The ring" ou as dúas partes de "REC".



Tedes visto algunha? Déixanos o teu comentario!

Para saber máis sobre o Samaín ou Halloween ou consultar as fichas técnicas das pelis, preme sobre os vínculos.