27/11/09

Roteiro literario: A praia dos afogados.

O pasado luns, o alumnado de 4º ESO acompañado de Susana, Suso e Xoán foron facer un roteiro literario polos escenarios da novela de Domingo Villar, "A praia dos afogados", guíados polo autor.

24/11/09

La cenicienta que no quería comer perdices

Mañá, 25 de novembro, celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero. Non se me ocorre mellor homenaxe para todas as mulleres que aprenderon, están aprendendo ou terán o valor un día de aprender a dicir NON que esta pequena xoia que hoxe vos presento.
Hai case un ano que coñecín este conto a través dun mail. Nin que dicir ten que me encantou, tanto a adapatación do conto como as ilustracións. Pensei daquela en dárvolo a coñecer no blog, pero non estaba á venda, só circulaba vía internet. Tamén pensei que sería ideal para celebrar o día contra a violenza de xénero. Hai menos dun mes supen que o libro fóra editado e aquí o tedes, espero que vos guste tanto como a mín.

Para saber máis preme aquí.

18/11/09

Saída ao cine para ver Ágora

Onte, martes 16, e en sesión matinal, os MQs, os compoñentes do Clube de Lectura (os nosos "siareiros") e mais o alumnado de Cultura Clásica foron ao cine a ver Ágora, como actividade proposta pola biblioteca do centro. Precio das palomitas a parte, parece que a experiencia foi positiva, non? Pena de fotos! Para outra, xa sabedes.
Algúns xa nos deixáchedes a vosa impresión na entrada anterior, os demáis animádevos!

16/11/09

...pero sen esquecer aos vampiros.

Os libros, series e películas de vampiros non perden folgos.
Este mércores, 18 de novembro (dous días antes que en USA en premio á fidelidade dos/as fans españois), estrénase "Luna nueva", segunda entrega da saga Crepúsculo. Con moita máis acción, a incorporación dos licántropos (homes lobos) e un investimento impresionante en efectos especiais. Xa nos contaredes.
E seguimos con "True blood", serie televisiva da cadea HBO e emitida por Canal +. Baseada nunha serie de novelas da autora americana Charlaine Harris, cóntanos como a fabricación de sangue sintética (haina de todos os grupos) leva aos vampiros a tentar reinsertarse na sociedade e reclamar os seus dereitos. Algúns tentan así recuperar o seu lado humano, como Bill Compton namorado de Sookie a humana con poder para ler os pensamentos dos demáis e protagonista da serie, pero non todos están dispostos a renunciar ao sangue verdadeiro.

E, para rematar, Guillermo del Toro, director de pelis como "El espinazo del diablo" o "El laberinto del fauno" e productor de "El horfanato", ven de iniciar una triloxía de libros vampíricos titulada "Trilogía de la oscuridad". A primeira parte, "Nocturna" ten unha boa crítica e parece poñer os pelos de punta!

10/11/09

El violín negro... e seguimos con pantasmas!



O vindeiro 19 de novembro chega ás librerías "El violín negro".

Sinopse:

Hai cen anos, uns obreiros descubriron nos sotos da Ópera Garnier de Paris, unha sala elegantemente amoblada. Contiña as composicións e instrumentos da lexendaria Pantasma da Ópera.
Agora, cen anos despois, unha rapaza chamada Christelle ten que averigüar cal é o segredo do violín que chega as súas mans, o por qué da música esotérica que producen as súas cordas e como pode devolverllo o seu dono antes de que a destrúa. Axudada por un misterioso xoven, Kyriel, viaxarán polo corazón do París actual, desde os edificios emblemáticos ás catacumbas, todo para coñecer a verdade da Pantasma da Ópera.

Se queres ler o primeiro capítulo preme aquí.

9/11/09

"Ghostgirl" e "Bel", as rapazas pantasmas están de moda

Cali debe estar contentísimo, xa que o último berro en libros é a historia de dúas rapazas pantasmas.


O primeiro, Ghostgirl e a súa segunda parte Ghostgirl: el regreso, conta a historia dunha rapaza que se sente invisible no seu instituto. Sen amigos e namorada dun rapaz superpopular no centro, adica o verán a trazar unha estratexia para cambiar a súa situación...Pero o primeiro día de curso morre atragantada cun oso de gominola no laboratorio de Física (ehem, ehem).

Cunha edición coidadísima e unha páxina web desde onde podedes descargar salvapantallas para móbil, marcapáxinas, a música que escoitan os protagonistas (se queredes visitala premede no título) e ata o seu myspace!.

O segundo, Bel: amor más allá de la muerte, é a historia dunha moza, Bel, que se resiste a abandonar este mundo (está morta) porque aínda ten unha conta pendente...Tamén conta cunha páxina web do máis completa e o libro incorpora un CD con música de Mc Fly, xa que unha das súas cancións é moi importante no libro. Déixovos que volo conte a súa autora, Care Santos.

5/11/09

Recomendando lecturas de medo

Hoxe está un día perfecto para tumbarse nun sofá, ben tapadiño, tomando algo quente e lendo un bo libro de misterio ou de medo mentres escoitamos esvarar a choiva nos cristais das ventás. Apetécevos? Pois aí van unhas suxestión. Tedes para escoller, galego ou castelán.

Se queredes ler comentarios de outras persoas que leron estes libros non tedes máis que buscalos no estante da columna da dereita e premer enriba.