30/1/23

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

     Co gallo da celebración do Día Internacional da Non Violencia e da Paz este 30 de xaneiro, a nosa biblio ofrece toda esta semana unha pequena exposición de libros e poemas relacionados con este tema. Ademais mañá martes na hora de ler algún membro do noso voluntariado e do club de lectura pasará polas aulas para ler algúns textos que nos farán reflexionar sobre a importancia de vivir en paz e respectando aos demais. Deixamos unhas fotos dos libros e dos textos para que poidades gozar coa súa lectura.



E en colaboración co Departamento de Orientación animouse o alumnado a crear unha nube de palabras relacionada coa paz da que aquí deixamos unha mostra.



26/1/23

TAMÉN LEN: 1ª EDICIÓN DE 2023

 Hoxe celebramos a primeira edición do Tamén len deste novo ano 2023. Tivemos con nós a Gela Ledo, Concelleira de Educación de Salceda de Caselas. Leunos un fragmento moi interesante dunha obra da escritora africana Chimamanda Ngozi Adichie, El peligro de la historia única, coa que reflecxionamos sobre a importancia de coñecer as cousas e o mundo que nos rodea desde diferentes perspectivas e sen prexuízos de ningún tipo. Grazas a Gela por traernos unha lectura tan boa. Aquí vos deixamos unha mostra de como foi.







     
 

7/1/23

TAMÉN LEN: DENÍS PÉREZ

Non podiamos deixar atrás que o mércores 30 de novembro tivemos a segunda edición do Tamén Len deste curso na cal recibimos a Denís Pérez, profe do Colexio Altamira. Foi un encontro moi especial sobre todo para o noso alumnado de 1º ESO xa que volveron ver ao seu profe de primaria. Leunos un fragmento de Memorias dun neno labrego e outro de El libro de los abrazos de Eduardo Galeano. Deixounos unha reflexión moi especial co texto deste último autor titulado "Los nadies". Grazas Denís.