Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

23/2/16

EXPOSICIÓN E PREMIOS DO CONCURSO DE CARTEIS DENUNCIANDO A VIOLENCIA MACHISTA

Pasóusenos o tempo por mor de resolver o concurso, pero mostramos aquí e agora os traballos presentados, que serviron para reforzar e concienciar ao alumnado sobre a violencia de xénero. Tiramos unha vez máis da creatividade, que hai dabondo, para complementar o traballado dende as aulas. Agradecemos a participación e damos os parabéns ás persoas premiadas (os tres primeiros carteis máis votados) e ás destacadas:

- Nerea Covelo (4ºD) e Inés Gándara (4ºB) - Nós Podemos!
- Aroa García González e Katia Sousa Martínez (3ºC) - Puño dourado/vermello.
- Sara Soto Sangiao e Yudit Vaqueiro (2ºB) - Sé ti mesm@!
- Alba Cabaleiro e Marta Glez. Vaqueiro (4ºB) - Marioneta.
- Tania Castro (4ºA) - Deixa que te liberen.
- Nuria Fdez. Pazos e Nerea da Silva (4ºA) - Basta xa!
- Alejandro Docampo e Nerea Monteagudo (2ºB) - Taboleiro negro.


13/1/16

CONCURSO DE BD (HISTORIETAS) PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ.



CONCURSO DE BANDA DESEÑADA (HISTORIETAS) SOBRE A PAZ

“IMAXINA QUE…EXISTE UN MUNDO ONDE TODAS AS PERSOAS VIVEN EN PAZ”
Ao longo deste mes de xaneiro, propoñemos traballar unha realidade onde a paz estea presente nas nosas vidas. Para iso estades invitad@s a imaxinar e crear mundos posibles onde estean ausentes as violencias de todo tipo. Por iso pensamos que podedes elaborar viñetas ou “historietas” (BD) cunha pequeña historia da vosa invención, que serán valoradas como traballo de aula en Ética e Educación para a Cidadanía, serán expostas e irán a concurso, para así concienciarnos, sensibilizarnos e participar na celebración do Día Internacional da PAZ o 30 de xaneiro.
Imaxina a toda a xente vivindo a vida en PAZ”, di a canción de John Lennon, na que te podes inspirar (información no post de biblosvivos)

BASES:
v -Crear unha historia debuxada ao redor do tema da PAZ, da non violencia de calquera tipo; con liberdade de estilo e sobre soporte de papel ou cartolina tamaño A4 ou A3.
v -As historietas serán escritas en galego.
v -A extensión é dunha folla como mínimo en cor ou branco e negro.
v -Pode facerse como traballo individual ou entre dúas persoas. Poñerase o nome completo e grupo dos participantes por detrás de cada obra e por diante o pseudónimo nunha esquina e o nivel.
v -Presentarase o traballo xunto cun papel ou sobre pechado que conteña dentro o nome/s das persoas autoras e curso, e por fóra un pseudónimo (nome inventado).
v -O alumnado de 2º e 4º ESO entregará os traballos á profesora para ser valorados nas materias de Ética e Educación para a Cidadanía. O resto dos niveis o traballarán co profesorado de Galego, que así o considere, de Plástica ou dende Titoría.
v -Os resto dos participantes, entregarán os traballos da forma indicada no recreo na Biblioteca ao longo deste mes e  ata o mércores 27 de xaneiro.
v -Serán destacados os mellores traballos cun premio por nivel.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR TOD@S!!

-------------------*-------------------

Para inspirarvos aludimos á canción de John Lennon "Imaxine", considerada por moit@s unha das mellores cancións de todos os tempos, cunha mensaxe de PAZ para un mundo mellor, ademais de outra: "Give Peace a Change" na que tamén invita a darlle unha oportunidade á PAZ...



----------------------------------------*--------------------------------------

21/2/15

VIÑETAS: UNHA OLLADA Á PAZ

Non quixemos deixar pasar a ocasión de celebrar o Día da Paz o 30 de Decembro, para botarlle "unha ollada á Paz", solidarizarnos en contra de toda violencia e a favor da liberdade de expresión. Por iso convocamos este concurso de viñetas, cuxo resultado foi a presentación de traballos variados, destacando a creatividade de moitos deles a partir de reflexións ben interesantes. A elección do mellor non é doada, o xurado terá dificil decidir...


  "La Muralla" poesía de Nicolás Guillén, poeta cubano, 
      interpretada por Ana Belén.


23/11/14

RECURSOS PARA ANALIZAR E TRABALLAR OS MALOSTRATOS

A Biblioteca Calixtina -como centro de recursos e dinamizador- xunto cos Dpts. de Orientación e CC.SS, e o traballo dxs titorxs, aunamos esforzos para organizar unha serie de actividades encamiñadas a informar dende o achegamento á realidade, para valorar esa información, analizar esta problemática e sensibilizarnos ante ela; co obxectivo de educar na igualdade, dignidade, respecto, liberdade, pero sabendo que namentres non cambien "as estruturas e a mala educación" que xeran actitudes machistas, desigualdade e violencia de xénero, non acadaremos un cambio nas nosas sociedades.

Aproveitamos a conmemoración do 25 de novembro, "Día Internacional contra a violencia de Xénero", para empezar a construír certas actividades coa participación de todas as partes, sobre todo coa idea de implicar ao alumnado dun xeito activo e directo, e tamén a toda a comunidade educativa. 

Os últimos días estivemos con outros temas na cabeza e promovendo outro tipo de dinámicas; foi necesario esperar para non saturar ou bombardear abrindo diferentes frontes, por iso o noso plan é comezar a traballar este tema a partir desta semana e durante o que queda de trimestre.

Planificamos as seguintes actividades contra a violencia machista:

-Dende o cinema: 
   - 3º e 4º verán e analizarán o filme de Benito Zambrano "Solas".
   - 1º e 2º analizarán varias curtas alusivas a este tipo de violencia.

-Dende as titorías: 
   - Traballarán as unidades didácticas elaboradas para comentar ditos filmes.

-Dende a Biblioteca, Orientación e CCSS: promovemos a construción dun 

   "Muro dos  BOS TRATOS" 

onde plasmar os conceptos positivos relacionados, ademais de expoñer nel unha foto fixa de cada aula poñendo en escena un slogan ideado por cada grupo, no que teñen que participar todxs expresando a súa sensibilidade ante esta problemática. A idea é promover pensamentos e actitudes positivas, para enfrontalas no corredor do instituto á evidencia da frecuencia alarmante destes actos a través dos retallos de prensa sobre

 "MALOSTRATOS"

-Ademais de estar no ánimo dalgúns alumnos e alumnas gravar un video ou curta que permita desenvolver a idea de cada grupo elaborando un guión respecto ao tema.

-> Todos os materiais serán expostos ou difundidos no monitor da entrada do Instituto e a través da páxina web e do blog biblosvivos.

Quedan aquí as referencias aos recursos relativos á violencia machista que fomos recopilando, destacando os enlaces seguintes:

-Tipos de vilencia. Miguel Murillo (sociçologo criminal)




-La escalera de la violencia. WWW.ELMURO.MX

     
                             
-El maltrato "sutil"



-La violencia contra las mujeres es cosa de hombres



-Caricatura de los roles de género (coeducacioniam)



-Matriarcas. Guadi Galego.(canción último disco "Lúas de outubro e agosto", 25 novembro 2014)


-Piropos o acoso? polas rúas de New York

          

-Danza en contra de la violencia a la mujer





Enlace ao sitio: El cine como estrategia didáctica:
http://cinedidactica.blogspot.mx/2008/07/violencia-contra-las-mujeres.html

Enlace á acción contra a violencia machista en Pontevedra:
http://www.20minutos.es/noticia/2301096/0/ayuntamiento-pontevedra/campana-violencia-machista/puta-cerda/

E por suposto, destacamos os moitos e interesantes materiais colgados no blog de referencia trafegandoronseis.blogspot.com do que deixo este enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=w025k777LDg