Mostrando entradas con la etiqueta coeducación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coeducación. Mostrar todas las entradas

16/12/13

016

016

           Ao longo deste 1º trimestre, e coroado pola exposición 016 que montamos dende a B.E. e dende os Departamentos de Orientación e CC.SS. para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tratamos de abordar esta tremenda problemática facendo visibles os feitos e analizando os factores que parecen estar na súa orixe, tentando facer as reflexións necesarias, porque dun xeito alarmante –como indican os datos sobre violencia machista en adolescentes- cada vez son máis as xóvenes que se ven afectadas por este conflito.



            O noso obxectivo é evidenciar  dita problemática de violencia e reforzar a educación na igualdade, na dignidade e no respecto para contrarrestala. O traballo foi abordado con diferentes actividades nos catro niveis da ESO.
            Antes queremos salientar que dende as materias de Educación para a Cidadanía en 2º ESO e de Ética en 4º ESO, foi requerida e valorada a participación do alumnado para recopilar as noticias de prensa que foron saíndo nos diferentes medios nos últimos meses, e poder cubrir con elas un muro extenso no corredor do noso institituto que  nos mostrase claramente a sensación real de estar ante o acontecer case diário de violencia machista que acaba, en moitos casos, coa morte das vítimas. A idea era a repetición, a cantidade, facela tan visible que  nos asombrara a súa magnitude, o seu goteo persistente, para darnos conta de que no fondo da nosa sociedade -aparentemente avanzada- existe algo fundamental por resolver, que pasa pola revisión e disolución do concepto de xénero e das relacións de dominio e as diferenzas que marca. Demostrouse o que nos temiamos: que ían ser moi frecuentes, demasiado frecuentes estes feitos, sobre os que escribimos con letras ben grandes –a xeito de selos profundos- os conceptos: REXEITO- DENUNCIO; e en lugar destacado o 016 como indicación informativa onde acudir en caso de necesitar consello e axuda.


            Unha vez traballada e debatida nas aulas esta problemática entre adolescentes, as conclusións ás que podemos chegar son:

- A positiva implicación, interese e sensibilización do alumnado
- A aclaración de conceptos trastocados, como por exemplo que, en xeral, os alumnos tiveran unha idea do feminismo relacionada co dominio ou superioridade da muller con respecto ao home e o rexeitaran, namentres que as alumnas tiñan máis clara a relación do feminismo coa busca da  igualdade entre homes e mulleres. Non deixa de ser preocupante a estas alturas comprobar esta de-formación do pensamento na maioría dos rapaces.
- A constatación de que as materias de Ética en 4º e de Educación para a Cidadanía en 2º, son necesarias porque constitúen unha parte fundamental na súa aprendizaxe como persoas e na concienciación social ante a igualdade, o respecto, a dignidade, o compromiso, etc.
- Non podemos deixar de ser críticos e promover unha denuncia ante a perda e distorsión destas materias na nova reforma educativa (LOMCE), onde podiamos ter o espazo e tempo necesarios para desenvolver estes contidos.




ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia contra as mulleres deriva da desigualdade de poder entre homes e mulleres”. Inés Alberdi.
          
   . ACTIVIDADES 1º ESO
OBXECTIVO: Sensiblilización sobre conceptos e valores cara a construír unha sociedade en igualdade entre homes e mulleres e fometar o bo trato entre parellas novas.
ACTIVIDADE . XOGO DE CONCEPTOS.
ACTIVIDADE. VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA . “Diario de Laura”.
                     Lipdub . “ AMOR SE ESCRIBE CON BUENOS TRATOS”.
                    http://www.youtube.com/watch?v=g0eegge0GGg
DATAS E DATOS PARA LEMBRAR EN PÉ DE IGUALDADE...E NON ESQUECER O RESTO DO ANO.” M. Oliveira Malvar.
COORDINACIÓN: Orientación e Titoría

  .  ACTIVIDADES 2º e 3º ESO
OBXECTIVO: Sensibilización do alumnado e profesorado partindo da análise da realidade a través de noticias da prensa expostas no corredor e outras seleccionadas previamente polo profesorado. O tema central é a visibilización do incremento do maltrato entre adolescentes que perpetúan patrones sexistas. Como identificar estes sinais e a petición de axuda.
2º ESO
ACTIVIDADE
En parellas escoller unha noticia da exposición “O16” e expoñela aos compañeiros e compañeiras da clase.
3º ESO
ACTIVIDADE
En 3º curso da ESO estase seguindo o Programa de Mª José Urruzola “ Aprendendo a amar dende a aula” dende unha perspectiva coeducadora. Esta está integrada no Programa.
Análise, comentario e debate  na aula das noticias:
La violencia machista sobrevive en los jóvenes” El Pais.“Víctimas del machismo a los 15” El País.
SECUENCIACIÓN : 2 OU 3 SESIÓNS DE TITORÍA.
-Engadir que en Educación para a Cidadanía comentarán a curtametraxe de Icíar Bollaín Amores que matan”, ademais doutras actividades relacionadas.
COORDINACIÓN: Biblioteca, Educación para a ciudadanía, Orientación e Titoría.

 . ACTIVIDADES 4º ESO
OBXECTIVO: Sensibilización e anáise das orixes e manifestacións dos signos de violencia de xénero. Figura do maltratador e da vítima.
ACTIVIDADE
Visionado da película “Te doy mis ojosde Icíar Bollaín.
Desenvolvemento da Unidade Didáctica.

-Engadir que en Ética traballamos a fondo o tema da Violencia de Xénero, analizamos e comentamos artigos de prensa e contribuímnos a traer retallos de prensa para a exposición 016.
COORDINACIÓN: Biblioteca, Ética, Orientación e Titoría.


LIBROS RECOMENDADOS:
-ÁLVAREZ, Blanca. El puente de los cerezos. Madrid, Anaya, 2012.
-LIENAS, Gemma. O diario violeta de Carlota.Vigo, Galaxia, 2011
-LIENAS, Gemma. El diario azul de Carlota.Barcelona, El Aleph, 2010.
-LÓPEZ SALAMERO e CAMERO SIERRA, Myriam. La cenicienta que no quería comer perdices. Barcelona, Ed. Palneta, 2009.
-OLIVEIRA MALVAR, Mercedes.Datas e datos para lembrar en pé de igualdade...e non esquecer o resto do ano.Vigo. Concello de Vigo, 2011.
-SOUTO, Sonia. Aprendendo a previr a violencia de xénero.Vigo, A Nosa Terra, 2007.
-YOUSAFZAI, Malala e LAMB, Christina. Yo soy Malala. La joven que defendió el derecho a la educación y fue tiroteada por los talibanes. Madrid, Alianza Editorial, 2013.

29/11/13

PROXECTO EUROPEO ARBAX: CONTRA O ACOSO ESCOLAR, RACIAL E A XENOFOBIA

Dende xaneiro de 2012 ata decembro de 2013 estase a desenvolver o Proxecto Europeo denominado ARBAX (Against racial bullying and xenophobia). É un proxecto multilateral financiado pola Unión Europea a través do Programa de Aprendizaxe Permanente.


Se entrades no seu sitio web podedes comprobar que hai documentos en varios idiomas, e concretamente está colgado un documental de RTVE La cadena del silencio, que pode ser de interese e que traemos aquí.
Ademais a Consellería de Educación ven de presentar un video xogo sobre acoso escolar. en 3D, interactivo e lúdico para axudar a combater o acoso nos centros escolares.

28/11/12

Semana contra a violencia de xénero: Olimpita


Olimpita traballa co seu home no mercado da Abacería de Barcelona, é vítima de malos tratos continuados desde hai ben de tempo. Olimpita non quere falar. Olimpita obedece. Obedece na casa e obedece no posto do mercado. Olimpita pasa dos insultos aos piropos, dos golpes aos aloumiños e así vai tirando.

Ass é un inmigrante africano que vén de deixar atrás a súa familia. Busca traballo, vivenda, amigos. Busca alomenos que o miren, que alguén lle fale como a unha persoa.

Os camiños se cruzan, Olimpita e Ass, Ass e Olimpita. Primeiro palabras, logo desexo/necesidade: sexual, humano, de compartir carencias, quen sabe... na vida poucas cousas son brancas ou negras aínda que no seu caso e así.

Buscar nos beizos de Ass a fuxida do medo, do tempo que pasa sen que nada cambie. Buscar en Olimpita a muller que quedou lonxe, un traballo, un contacto humano.

Mentres, os ciúmes do home, a violencia en aumento... todo ata chegar a un final tan tráxico e terrorífico como inesperado. E non conto máis, tédelo na nosa biblio, a ver que vos parece.


16/3/11

Burkomanía

Teño nas mans un cómic (sen texto) que ven de ser editado en España por Norma Editorial neste mesmo mes. Titúlase "Burkomanía" e pertence ao ilustrador belga JacPé. 

O libro enfrenta en clave de humor a situación que viven, en algúns paises de relixión islámica, as mulleres que están obrigadas a usar o burka. O sorriso, en todo caso, é un sorriso agridoce.

O prólogo do libro fíxoo Anne-Marie Lizin, Profesora no Institut des Sciences Politiques de Paris, antiga presidenta do senado en Bélxica e Membro da Liga de Dereito Internacional das Mulleres. Comeza así:

" ¿Podemos reírnos de lo que no hace gracia?¿Reímos por no llorar?
La risa, en el caso del burka, nunca es franca y abierta, consecuencia de un humor contestatario y salvador. No puede serlo porque, bajo el burka, siempre hay una victima, una víctima real.
Hay millares de esas víctimas. Y lo sabemos, Soportan un comportamiento medieval del que no pueden ni imaginarse cómo quitárselo de encima, del que ni se atreven a soñar con ser liberadas, porque la lucha para la liberación tropieza con las estructuras sociales y mentales que tienen.
Para estas víctimas, la lucha no es teórica o ideológica, como puede ser en nuestros países, porque implica que cada una de ellas arriesgue su propia vida..."


E finaliza convidándonos a actuar para erradicar do mundo estas prácticas.


"Reir es saludable. Sobre todo cuando te lleva a actuar.
Actuar contra los hipócritas, a menudo hobres, que no "ven el problema".
Actuar para legislar el burka, para prohibir las lapidaciones, para prohibir los matrimonios forzados, actuar para convertir en intolerables todas estas prácticas en Europa y en todo el mundo".

Aquí tedes algunhas viñetas (os comentarios son meus). Paga a pena que lle botedes unha ollada.

4/3/11

Marzo en feminino

O vindeiro día 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora
A nós un só día nos sabía a pouco e decidimos ter un mes de marzo en feminino, para iso imos levar a cabo as seguintes actividades:
  • "Muller de PAPEL de muller". Porque queremos salientar que as mulleres tamén poden ser protagonistas, imos pedir que nos recomenden un libro con protagonista feminina a:
    • Persoeiros da cultura galega.
    • Persoeiros da nosa localidades.
    • Persoas da nosa comunidade educativa: Profesores/as, exprofesores/as, exalumnos/as, persoal non docente,..
  • Na nosa sesión mensual do Tamén len visitaranos Mónica VizcayaConcelleira de Igualdade de Salceda de Caselas.
  • O "IES Pedras Rubias pon as gafas violeta". Esta actividade, baseada no libro "O diario violeta de Carlota" de Gema Lienas, está organizada polo Departamento de Orientación e a Biblioteca e conta coa participación do alumnado de Educación para a Cidadanía que intentará detectar e denunciar as conductas sexistas.
  • Por último, os libros e películas volverán sair da biblioteca para acercarvos as nosas recomendacións.
Para que reflexionedes un pouco vos deixo este enlace a un documental de Isabel Coixet titulado "La mujer, cosa de hombres".

Que teñades un estupendo mes violeta!