Mostrando entradas con la etiqueta roteiros literarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta roteiros literarios. Mostrar todas las entradas

9/5/12

Tras os pasos de Blanco Amor: Roteiro da Esmorga


O venres 4 os alumnos/as de 4º da ESO fomo a Ourense visitar a catedral e facer o roteiro da Esmorga, acompañáronnos Xavier, Paula e Elisa.

Comezamos na catedral, da que Xabier nos explicou algúns aspectos arquitectónicos. Xa dentro vimos o Pórtico do paraíso e a capela barroca do Cristo.

Cerca do xardín do Posío agardábanos Nati, actriz de Sarabela teatro e profe de galego, para guiarnos o roteiro. Acubillámonos baixo a Ponte da Burga, percorremos fontes, igrexas, rúas e ruelas mentres Nati nos explicaba diferentes aspectos da novela, e rematamos cunha foto de grupo na escultura de Blanco Amor.


A chuvia, igual ca ao Cibrán, ao Bocas e ao Milhomes, acompañounos durante todo o noso percorrido.


30/6/11

Despedimos o curso cunha ruta literaria pola Ribeira Sacra


Os pasados días 22 e 23 de xuño os/as compoñentes do club de lectura, os MQs e o equipo de biblioteca ao completo (incluído o noso predecesor e benquerido compañeiro José Luís) marchamos de excursión para facer unha ruta literaria por terras do noso poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro.

O obxectivo era gozar da paisaxe ao tempo que recitabamos poesía e compartíamos tempo de camiñata e lecer entre risos e palabras. 

Saímos de Salceda despois de rematar as clases e comer apresuradamente uns bocatas. A primeira parada foi Monforte, onde só nos deu tempo a visitar o Castelo dos Condes de Lemos. Partimos logo para o Incio, máis concretamente cara a igrexa de Santa Cristina do Viso, onde está enterrado Lois Pereiro. Alí lle rendemos a nosa modesta homenaxe recitando os seus versos. E rápido rápido cara o camping "Canón do Sil" en Parada do Sil antes que se fixera noite e tiveramos que montar as tendas ás apalpadas, perdón... uhmm... si que houbo unha parada moi breve en Castro Caldelas, por aquilo de mercar bicas (boíiiisiiimas).

Chegamos ao camping e montamos as tendas, aínda que o noso traballo nos custou! E despois dunha estupenda cea marchamos durmir (os que durmimos, claro!).

Á mañanciña, ben mantidos, fixemos unha pequena ruta ata o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil onde recitamos esperando a chegada da guía que tiñamos contratada. 

Viaxe á Ribeira Sacra. Yaisha recitando from biblosvivos on Vimeo.
De aí, e sempre con présas, partimos a coller o catamarán para a nosa viaxe polo Canón do Sil e de volta ao camping onde comemos.
E, tachán tachán, chegou o momento estrela da excursión... Para a nosa sorpresa o dono do camping é piloto de helicóptero e nos agasallou cunha viaxe: 5 prazas no helicóptero para ver a vista de paxaro a magnífica paisaxe do canón. Os profes renunciamos a entrar no sorteo (sniffff) e os/as afortunados/as partiron entre as caras de ciumes dos demáis. Consolámonos lendo...

Luci recita na Ribeira Sacra from biblosvivos on Vimeo.
Xa de volta, parada e chapuzón nas pozas da Chavasqueira en Ourense e regresamos cansos e moi contentos á casiña.

Con esta marabillosa excursión despedimos o curso. Feliz verán para tod@s! 

19/6/10

Viaxe literaria ao Courel



Con retraso (a fin de curso dá moito chollo!) cóntovos como foi a nosa viaxe á terra de Novoneyra a finais de maio. O Club de lectura, os MQs e tres profesores compartimos unha experiencia incrible durante tres días. Aquí vos deixo fotos e un diario de viaxe (redactado por Paula) para que compartades connosco as impresións da viaxe.



27/11/09

Roteiro literario: A praia dos afogados.

O pasado luns, o alumnado de 4º ESO acompañado de Susana, Suso e Xoán foron facer un roteiro literario polos escenarios da novela de Domingo Villar, "A praia dos afogados", guíados polo autor.