27/2/23

TAMÉN LEN: XESPI, POETA DE SALCEDA

 Hoxe no Tamén Len contamos coa presenza de Xespi, poeta de Salceda e ademais pai dunha das nosas alumnas. Tivemos o gran pracer de escoitar a súa voz a través dunha fermosa selección de poemas por el escollidos que demostraron unha vez máis a forza da palabra poética e a necesidade de ler e "consumir" este xénero literario. Grazas por tan fermoso acto. 






23/2/23

23 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 A nosa homenaxe a Rosalía. No seu día lembramos a súa figura e a importancia que ten para a nosa cultura. 

Hoxe hai 186 do seu nacemento.








12/2/23

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Este pasado venres día 10 tivemos unha visita moi especial no IES para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia organizada polo departamento de Física e Química en colaboración coa biblioteca. Visitounos Isabel Blanco, autora de Galegas na ciencia, para presentar ao alumnado durante un agradable encontro unha obra fundamental que nos amosa a 20 científicas galegas. O libro tal como ela di "pretende animar ás novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axude a romper estereotipos de xénero e abra as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas". Todo o alumnado da ESO, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas recibiu un exemplar da obra que foi lido durante a nosa "hora de ler". Tamén houbo sinatura de libros. 
Ademais, na entrada da nosa biblio organizamos unha pequena exposición de obras relacionadas coas mulleres na ciencia que permanecerá toda a semana. Deixamos unhas fotiños que ilustran o acto e a exposición. Anímadevos a ler!!!