29/11/13

PROXECTO EUROPEO ARBAX: CONTRA O ACOSO ESCOLAR, RACIAL E A XENOFOBIA

Dende xaneiro de 2012 ata decembro de 2013 estase a desenvolver o Proxecto Europeo denominado ARBAX (Against racial bullying and xenophobia). É un proxecto multilateral financiado pola Unión Europea a través do Programa de Aprendizaxe Permanente.


Se entrades no seu sitio web podedes comprobar que hai documentos en varios idiomas, e concretamente está colgado un documental de RTVE La cadena del silencio, que pode ser de interese e que traemos aquí.
Ademais a Consellería de Educación ven de presentar un video xogo sobre acoso escolar. en 3D, interactivo e lúdico para axudar a combater o acoso nos centros escolares.

7/11/13

Novembro de Medo

Para celebrar o Samaín -puxémoslle "patas á Calixtina"- e estes días temos expostos no corredor os libros e filmes que rescatamos e desempoamos do noso fondo bibliotecario. Algúns deles mostran un aspecto usado e outros menos, unhas son novas edicións e outras vellas, pero de todos eles emana un non sei que inquietante, tanto a través dos resumos que falan do seu contido, como das imaxes das súas portadas, que fan que un calafrío nos percorra e queiramos saber máis sobre esas terroríficas historias que son capaces de conseguir que se nos meta o medo no corpo. Cos autores clásicos e cos novos...







Aí os tedes para elixir con cal queredes tremer, neste mes en que o frío empeza a meterse tamén nos miolos e invita a taparse baixo unha manta ao abrigo da lectura ou do cinema.

E para que non esquezades o significado do Samaín e de Halloween, van estes enlaces. http://es.wikipedia.org/wiki/Halloween http://es.wikipedia.org/wiki/Samhain

1/11/13

Tamén Len con Viviana Monterde

Hoxe abriu o primeiro Tamén Len do curso 2013-2014 a mestra Viviana Monterde, do colexio de Primaria Altamira.
 Para compartir connosco algunha lectura inclinouse por un libro que lle serviu para traballar fragmentos nas aulas cos nenos e nenas de primaria con bos resultados e que considera particular e divertido, pois fala de aprendizaxes varias cun ton cómico. Foi escrito por Antonio Lara "Tono", un humorista que traballou en "La Codorniz" e outros xornais ou revistas e foi escritor ocasional que publicou este libro nos anos 80 co título "Diario de un niño tonto". Nel refírese aos adultos que se comportan como nenos. O autor escribe dende o cotidiá e o evidente para darlle a volta e facer relatos bastante surrealistas que xogan coas palabras e os equívocos. 

As novas alumnas de 1º ESO, Sara e Carmen, fixeron a presentación

No momento do coloquio Vivi expresou que os seus libros preferidos son as novelas históricas. Gústoulle especialmente "El sanador de caballos" de Gonzalo Ginere recomendounos aos xóvenes ler a Alberto Vázquez Figueroa. Compartiu tamén o seu gusto polas viaxes dende nova, xa que se fixo monitora de tempo libre nos Pirineos e relatou experiencias arriscadas na montaña. De ser unha nena tímida pasou a converterse nunha persoa que se empeñou en facer o que lle gustaba e en conseguir levalo a cabo. Confesa que se propuxo ser  mestra e está a facer o que lle gusta.

Colaboramos nesta actividade co Dpt. de Lengua Española