25/10/23

NOVA ANDAINA DO NOSO TAMÉN LEN

 Hoxe no recreo celebramos a primeira edición do noso Tamén Len deste curso. Visitounos o profe do Cole Altamira José González Couto e puido reencontrarse cos seu antigo alumnado que o recibiu con entusiasmo. Leunos uns contos da obra "Cuentos para quererte mejor" que nos fixeron reflexionar sobre a importancia de valores como o respecto, a tolerancia e a superación persoal. Moitas grazas por vir. 

Deixamos fotiños da sesión. Ata o próximo Tamén Len. 







24/10/23

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

 Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas coa emisión dun programa de radio especial no que alumnado de diferentes cursos leu textos pertencentes á autora que será protagonista das Letras Galegas 2024: Luísa Villalta, acompañados dunha boa selección de música galega. Tamén colocamos os nosos rolos de papel convertidos en pequenos agasallos para toda a comunidade educativa e ademais comezamos a decorar a entrada da nosa biblio con debuxos feitos por alumnado de primeiro da ESO con personaxes do mundo manga. De todo isto deixamos aquí fotos para que poidades coñecer estas actividades. Tamén deixamos fotos de como vai avanzando a recomposición da biblio nova.

















Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e a seguir lendo. 

23/10/23

PASIÑO A PASIÑO


 Pouco a pouco a nosa biblio vai collendo forza. Deixamos aquí unhas fotiños de hai uns días instalándonos no novo espazo. Xa avanzamos máis e xa temos xente gozando das lecturas e dos xogos no recreo. Iremos informando. Mañá no Día das Bibliotecas teremos xa algunhas cousiñas para ofrecervos. Retomamos tamén o noso "Tamén Len" este próximo mércores 25 e agardamos ir ofrecéndovos novidades en breve. Gozade da lectura.💪








Deixamos tamén unha fotiño da nosa exposición de literatura feita por mulleres o 16 de outubro Día das Escritoras.