Hoxe entregamos os premios ás gañadoras do Concurso de Marcapáxinas que foi convocado pola Biblioteca co gallo da celebración do Día das Letras Galegas dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego, un dos principais referentes da cultura galega e ao cal lle debemos precisamente a creación deste día. O primeiro premio foi para Sabela Núñez de 1º C e o 2º premio para Vera Rodríguez de 1º D. Parabéns ás dúas polos vosos bonitos e orixinais deseños e grazas a todos e todas os/as que participastes. Aquí van unhas fotiños.
Durante a Semana das Letras Galegas realizáronse tamén diversas actividades como o encontro con Avelino González no Auditorio de Salceda de Caselas, o maratón de lectura no souto o
xoves 18 de maio, para facer ao aire libre a lectura ininterrompida
en voz alta da novela O cego de Pumardedón de Francisco Fernández del Riego. O venres 19 o alumnado de 3ºtivo a sorte de asistir a unha charla co ex-futbolista do Real Club Celta de Vigo, Sergio Álvarez, o cal incidiu na importancia da formación e do deporte ao longo da vida así como unha defensa da lingua galega como lingua nai que nos distingue dos demais. Ademais,
na Aula Virtual habilitouse un
espazo para as Letras Galegas no que
se pode atopar material diverso sobre o autor.