19/1/17

Explorando coas lentellas

Este curso, dende a nosa Biblioteca Calixtina, andamos a incentivar aos distintos departamentos para que compartan con nós o lema deste curso, "base de exploracións", e o primeiro que se animou foi a profesora de "Ciencias Aplicadas a la Actividad profesional" que andivo nos meses de outubro e novembro a experimentar coas lentella, analizando o seu desenvolvemento.

Para ir abrindo boca aí vai un poema da poetisa valenciana María Beneyto i Cuñat: que leva por título "Tú y las lentejas".
Las guisabas con mimo, las amabas,
porque tenían que ponemos fuerza
en la sangre. Su hierro la querías
para así apuntalamos y que entonces
pudiéramos erguir algo de vida.

Hasta laurel llevabas, todo aroma,
a la gran reunión, a la asamblea.
El fuego, buen amigo de tus manos,
obediente y pequeño, le embestía
a tu otra amiga, su enemiga, el agua.

Era tu guerra chica interminable
en el frente que urdías con el rito
diario, de enfrentar dos elementos
a combatir furiosos por nosotros.
Era aquella tu España diminuta.

Las lentejas cocían tu esperanza,
nuestro futuro tierno, nuestra historia.
Erguían estatura al aire, daban
voracidad de dientes, daban rabia
de paladar. y alegría de estar vivos.

Lentejas con laurel y lo que hubiera.
Crecíamos. El humo y el aroma
venían de tus manos, hueso ahora,
madres del hueso articulado mío.
 
"DESARROLLO VEGETAL DE LAS LENTEJAS"

Hemos llevado a cabo un experimento en el que comprobamos el volumen de agua que necesita una planta de lentejas para su desarrollo y crecimiento óptimo. Los resultados obtenidos fueron el crecimiento de casi todas las plantas.

Vamos a estudiar el crecimiento de unas plantas de crecimiento rápido controlando una única variable, la cantidad de agua de riego; y manteniendo constantes otras variables como son: la cantidad de luz, la tierra diaria, el tipo de tierra empleada, el material del vaso y su tamaño.

Tamén len... con Sito



José Luis González, coñecido como “Sito”, concelleiro de Facenda da nosa localidade visitounos o xoves 15 de decembro. Porque as letras nunca rifaron cos números... Porque se a cultura é fundamental para o desenvolvemento das persoas, sen economía non se come. Despois de facer un pequeno repaso pola súa biografía Sito informounos que a lectura escollida non ía xirar arredor dos cartos, a súa especialidade, senón que viña concienciarnos da importancia de coidar os espazos públicos, porque é aí onde se desenvolve a vida social das persoas. 

E Salceda nos últimos anos está mimando especialmente os lugares públicos: prazas, sendeiros, parques... A súa lectura titulouna: “Os espazos públicos son de todas e todos nos e por iso debemos coidalos”. A súa lectura inspirouse nunha anécdota que lle ocorreu recentemente coa súa nena, quen despois de recoller una papel nun parque e tiralo ao lixo, contestoulle que se un na casa non tira papeis ao chan tampouco se debe facer iso nos parques.  Recolleu unha serie de textos en internet aos que engadiu algunha reflexión persoal para facer un recorrido polo concepto de “espazo público”, as súas funcións e algunhas recomendacións de como debemos actuar, ademais falou dos efectos da pobreza ambiental, paisaxística e social sobre os seus habitantes para rematar falando dos beneficios destes “lugares estratéxicos”. No coloquio posterior foi contestando as preguntas do noso alumnado, entre o que podemos salientar o gusto de Sito por pasear polas sendas de Salceda todas as semanas, e de lamentar que ultimamente pouco tempo ten de ler literatura de ficción, reducíndose ás súas lecturas, por cuestións laborais, a lexislación, aínda que segue sendo un devorador de prensa diaria.

Aquí vos deixamos a lectura de Sito:

18/1/17

O carballo con botas




 

O pasado luns 19 de decembro celebrouse a colocación oficial dunha placa que contén un poema, escrito polo ex-bibliotecario e profesor de este instituto tantos anos Jose Luis.

 

 Coincidindo cos dez anos de vida do IES Pedras Rubias, e celebrando a plantación de dous carballos eses primeiros meses de vida do noso instituto, o mestre José Luis compuxo un fermoso poema laudatorio desas árbores que tantas cousas simbolizan dentro da vida educativa de Salceda de Caselas.