Vinte e tres valentes alumnos e alumnas, constitúen a formación fundadora do noso Club. Co inicio do curso 2008-2009 arrancaron as actividades a ritmo de cruceiro, xa que nas horas de mediodía o corpo e o espírito piden calma e estabilidade, e é cando nós dispoñemos de tempo para reunirnos ao redor das lecturas, do cinema, das conversas e sobretodo das risas, que nunca faltan.
Seleccionamos “Las bicicletas son para el verano”, obra teatral de Fernán Gómez, para dar un ritmo deportivo,( ma non troppo) á primeira actividade lectora, que complementamos co visionado do filme do mesmo título dirixido por Jaime Chávarri. Aproveitamos a ocasión para recrear a lectura teatral a viva voz e familiarizarnos coa linguaxe cinematográfica, desenvolvendo todo en catro sesións. Resaltamos que o tempo previo de xantar no Instituto supón para os rapaces unha excelente ocasión para confraternizar e pasalo ben, tanto que non queren ir para casa.
Durante a “Semana do Libro” a nosa xuntanza foi unha boa ocasión para ler o capítulo inicial de “Marina” de Ruíz Zafón, que os siareiros enganchados seguirán lendo para compartir despois opinións. Foi o punto inicial dunha Asemblea para falar dos asuntos pendentes, avaliar o feito ata agora e programar o último trimestre, onde acordamos ler o libro “O señor Ibrahim e as flores do corán” e ter presente a posibilidade de ver o filme baseado en dita obra.
Siareiros organiza todos os meses a actividade “TAMÉN LEN” con resultados satisfactorios. Agradecemos ao público a súa asistencia e participación activa. O día do Libro compartimos sesión lectora cos rapaces de Bretaña lendo textos en francés, galego, castelán, inglés, e como non, en bretón. En maio anticipamos, se todo é propicio, a nova da grata presenza do profesor de galego, Ramón, que esperamos nos agasalle coa súa obra creadora.
Finalmente, estamos negociando o intercambio co CLUB DE LECTURA do IES. Ferro Couselo de Ourense, coordinado pola añorada e querida compañeira Paloma, profesora de castelá. A partir de agora asomaremos as nosas sonoras e apaixonadas voces por esta xanela aberta a todos e todas.

Os coordinadores do club