27/4/17

Concurso de marcapáxinas


No mes de febreiro, coincidindo coa celebración dos 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, no departamento de Lingua Galega convocouse un concurso de marcapáxinas centrados na figura da escritora.

Os premiados foron os seguintes:

-1º prermio: Leimy Tatiana Duarte Holdin (1ºA)



-2º premio: Miguel Veloso Rodríguez-Gironés (1ºA)



-3º premio: Elena Canosa Collazo (2º A)


4/4/17

Tamén len... en marzo con Alba



 Pasados os fastos dos dez anos de vida do Tamén Len recuperamos neste mes de marzo as nosas lecturas mensuais coa visita da exalumna Alba Urceira, que tan unida estivo á Biblioteca Calixtina nos seus anos de estudante, e do que garda moi boas lembranzas.


Alba escolleu o libro de Reyes Monforte Besos de arena, do que nos leu o primeiro e o último capítulo, onde aparece o personaxe de Laia unha rapaza saharauí que vén estudar a España.




Recuperamos aquí unha cita que aparece nas páxinas finais da novela e que nos gustaron especialmente:

“El interior de la mirada de un antiguo amor es el océano donde se ahogan y naufragan todos los sueños”.

Moito amor transmitiu a lectura de Alba.


Despois da lectura Alba falounos da carreira que está a estudar, Educación Social, falándolle ao noso alumnado en que consisten estes estudos, que materias teñen, todas as posibles saídas laborais. 

Escoita aquí a súa lectura.