19/6/09

Vacacións... por fin!

Todo remata e o curso non podía ser unha excepción. Desde este blog queremos despedirnos con varias mensaxes:

Aos de 4ºESO, dicirvos que vos imos botar de menos e que desexamos que todo vos vaia moi moi ben. Este video vai adicado a vós.




Aos MQS, dicirvos que nos sentimos moi satisfeitas co voso traballo e que contamos coa vosa inapreciable axuda no vindeiro curso.

A todos/as, moitísimas grazas por estar ahí.

Prometemos volver coas pilas cargadas. Pasádeo ben e aproveitade o verán...tamén para ler!


17/6/09

Os lobos de Moeche


Como remate do curso, o alumnado de 3ºESO e algúns/as de 4ºESO leron un cómic de recente publicación titulado "Os lobos de Moeche", de Manel Cráneo. Trata sobre as Revoltas Irmandiñas e está ambientada en Moeche, berce da Revolución, cando os irmandiños se alzaron contra os abusos dos Andrade.
Con esta obra, Demo Editorial inicia a sua andadura apostando pola banda deseñada en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico da Galiza mediante un medio de entretemento como é a novela gráfica.

10/6/09

Cando a realidade imita á ficción: Os cadeados do amor

Estas imaxes pertencen á Ponte Milvio en Roma e o que vedes nas farolas son cadeados. Hai tantos que a estructura, do S.III, está empezando a ceder, e o que empezou como símbolo de amor nunha novela se transforma agora nun problema político. Pero comecemos polo principio...

No ano 2004, Federico Moccia publica a súa novela "A tres metros sobre el cielo" que se converte de inmediato nun gran éxito entre os adolescentes italianos. Como escenario a cidade de Roma, dous adolescentes queren voar, buscan caminar 'tres metros sobre el cielo'. As rapazas como Babi esmeránse nos seus estudos, falan do último grito en moda e se preparan para atopar o amor da súas vidas; os rapaces como Step prefiren a velocidade, a violencia, o risco e a camaradería das bandas, pero todos eles tentan vivi-la vida como se cada segundo fora o último.

No ano 2007 aparece a segunda parte, "Tengo ganas de tí" na que os protagonistas se reencontran e selan o seu amor colocando o citado cadeado e tirando a chave ó Tiver...

Queredes engancharvos? Hai peli das dúas partes!