11/2/21

Curso 2020-2021

Semana de San Valentín 

Ola a tod@s! Este domingo 14 celébrase o Día de San Valentín, o día do Amor. Por iso, desde a  Biblioteca Escolar queremos desexaros un feliz día, por iso déixovos aquí algúns vídeos con cancións para celebrar esta data. 


  Aquí hai unha canción que un mozo cántalle a unha moza. 


E unha canción que unha moza lle canta a un mozo. . 



Pero como este non é o único tipo de amor. A canción que vén a continuación é para as mozas que aman a outras mozas. 

Esta canción ten a particularidade de que foi a primeira canción do Pop Español na que se falaba abertamente do amor entre dúas mulleres. O autor estaba enamorado doutra artista pero ao descubrir que ela non o amaba a el senón a outra muller, escribiu esta canción para expresar os seus sentimentos. 

Ademais é un temazo, escoitádea e disfrutádea! 




E finalmente esta canción é para os mozos que teñen o seu amor noutro mozo. É un tema da película "Con amor, Simón", película que vos recomendo ver porque ten todo: amor, suspense, amizade, etc.  




 
Espero que vos gusten! Cuidádevos moito e Feliz San Valentín!