Mostrando entradas con la etiqueta autores literatura galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores literatura galega. Mostrar todas las entradas
12/5/17
Visita de Antía Yáñez
O 9 de maio visitounos Antía Yáñez para falarlles ao alumnado de 1º da ESO do seu libro "O misterio de Portomarín, que leran no mes previo con gran entusiasmo.
A charla resultou moi interesante, xa que ademais de disfrutar da lectura puideron intearctuar coa súa autora, sempre unha experiencia inesquecible.
Etiquetas:
1617,
autores literatura galega
17/5/15
MARCAPÁXINAS DE DANIEL CAXIGUEIRO. Para conmemorar as Letras Galegas.
Navegando por Facebook, atopei este documento creado a partir da obra do poeta e artista plástico galego, Daniel Caxigueiro (Mondoñedo, 1955), quen compartiu con todxs os seus seguidores este vídeo para conmemorar o Día das Letras Galegas
Gustoume especialmente este xesto e decidín pedirlle permiso para poder publicalo neste blog e dalo a coñecer. Agradecemos a súa amabilidade para poder difundilo.
Marcapáxinas de Daniel Caxigueiro (poesía e imaxe),
música de Erik Satie, vídeo de Nachok.
Daniel Caxigueiro é un autor do norte de Lugo, que está a traballar en San Martiño de Mondoñedo (Foz), onde ten un estudo e sala de exposicións nun lugar dun gran atractivo natural; porque ademais de ceramista, escultor, fotógrafo e poeta, é un experto xardineiro e botánico nese lugar chamado ESPAZO CARITEL. Perto del está a importante basílica románica de San Martiño de Mondoñedo, así que por ambos os dous motivos merece visitarse.
Non podo deixar de lembrar a reflexión que facía o gran artista mallorquino Joan Miró, cando dicía "yo trabajo como un hortelano...", porque o que quería expresar era que o traballo realizado por un pintor, escultor, ceramista, etc, non deixa de ser similar a calquera outro traballo, non ten unha aura divina diferente de calquera obra ou útil realizado con destreza pola man do ser humano, que tamén requiren do pensamento para fabricalos e facer un determinado uso deles; ademais de nacer a obra artística dunha relación entre o local e o universal, entre o que nos inflúe da nosa cultura e "o que sucede" na época que vivimos e. como non, en relación coa natureza
.
Así nas creacións de Caxigueiro tamén transcende esta idea, que alimenta esa comunicación entre diversas linguaxes: cerámica, escultura, fotografía, vídeo, instalacións, textos poéticos, natureza...; que non fan nin máis nin menos que interactuar para acadar unha mensaxe de compromiso coa realidade, cos sucesos..., que se traduce nun ton poético que emana non só da palabra, senón do uso de cada material ao que dá forma e significado o artista.
Alguns textos sobre o traballo de Daniel Caxigueiro, pero tedes máis información nos enlaces recomendados arriba:
"A súa obra reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo. Dende 1990 interésase pola instalación, aínda que a miúdo tamén se expresa a través doutras disciplinas (escultura , fotografía, poesía etc). A mestura de diferentes linguaxes, o interese por narrar, a importante presenza da cerámica, xunto a unha actitude crítica e claramente periférica, serven de ponto de partida para achegarse a un persoal xeito de entender a Arte". (www.caxigueiro.com)
"Unha constante presente na súa produción é a utilización da linguaxe plástica como un medio de comunicación ao servizo da defensa das culturas minoritarias, das agresións que a diario se realizan contra as liberdades, a protección ao medio natural e a denuncia dos abusos de poder. (Antonio Garrido Moreno)
Os versos enténdense coas construcións plásticas porque o espírito e a materia forman parte da mesma sensibilidade; uns e outras condensan o mesmo trasfondo humano, as mesmas inquietudes, nacen do mesmo desacougo. Aqueles Guerreiros de principios dos anos noventa iniciaron un capítulo implicado, o do compromiso. Despois viría a serie Europa: terapia puntual, funestos nichos que interpelan ao espectador nunha alegoría interpretada por iconografías actuais; metáfora na que se presente a idea da morte; o esqueleto ou a caveira protagonistas da Danza macabra renacentista personificados agora pola declamación do contemporáneo. Igualmente, A linguaxe da memoria, O bosque das ausencias e Xeografías manteñen o fío temático do social, suscitan reflexións e aportan interrogantes. A vida e a morte entrecrúzanse continuamente na súa obra, conviven loitando “nun mundo onde todo é posible” e rematan dando rostro ás súas propostas. ¿Pervive o triunfo efémero da vida ou quizais se impón o inquebrantable da morte? Para Méndez Ferrín: “O artista é aquel / que se resiste á morte”; Caxigueiro chama unha e outra vez coa solidez das súas mensaxes á resistencia". (Mercedes Rozas).
Etiquetas:
arte,
autores literatura galega,
botánica,
Daniel Caxigueiro,
espazo caritel,
letras galegas,
marcapáxinas,
natureza
11/1/15
HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO
A HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO trátase duha
actividade interdisciplinar de 4º ESO, que serve de marco de convivencia porque
é compartida cos institutos de Tui: San
Paio e Indalecio Pérez Tizón, e co CEP. Altamira de Salceda. Ademais de ser organizada polos Departamentos de CC.SS. e Lingua Galega dos Centros
mencionados, xa que se trata dun acto histórico-literario, onde están presentes
textos e poemas alusivos que evidencian a problemática situación vivida polo campesiñado
e o agro galego, ao que lle adicamos un par de horas dunha fría mañá de outono.
Todos os anos, coincidindo coa data do
28 de novembro, facemos unha lembranza dos feitos acontecidos a poucos
quilómetros de nós, nun día 28 de
novembro do ano 1922, relacionados coas loitas agrarias de comezo do século
XX, que demandaban a Abolición ou a Redención dos Foros e que provocaron
diversas represións co resultado, neste caso, da morte de tres campesiños/as e
numerosos feridos, conmemorada cun MONUMENTO
aos Mártires de Sobredo levantado en 1932 na época da II República por
iniciativa das Sociedades de Agricultores e Gandeiros e os Sindicatos Labregos
e Obreiros, demolido na represión falanxista no contexto da Guerra Civil de
1936, e recuperado en 1987 coa chegada da democracia. Espazo onde nos reunimos
e relatamos o noso respecto ás vítimas da represión. Dita conmemoración permite
á mocidade participar nun acto singular, nun lugar da memoria popular, nun acto
de loita pola dignidade das persoas e por un mundo maís xusto e solidario.
Tamén nos acompañan o mestre Paco González e Darío Vila Costas, o tesoreiro do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO), que porta o estandarte da parroquia de Parderrubias, o único que se conserva do municipio. Data de 1913 e pertencía a Sociedade obreira e agrícola de Parderrubias e foi doado por un emigrante do lugar en Río de Xaneiro. Dende 2012 temos un acordo de colaboración co citado IEAMSO, aprobado en Claustro.
Serve para saber que pasou e recuperar
a nosa memoria histórica, como era a vida dos nosos devanceiros, como era a
política e a sociedade do momento, cales eran as condicións de vida e o esforzo
colectivo que fixeron. E o recordamos mediante textos históricos, poemas,
música e flores, nun acto sinxelo pero cheo de significado.
Están as palabras e versos de Rosalía
de Castro, de Ramón Cabanillas, de Luís Seoane, Curros Enríquez, Álvarez Caccamo, Antón Avilés de Taramancos, Manuel
Rivas, Manuel Portela Valladares, Tomás Rodríguez Sabio, e incluso os versos
dun antigo alumno do IES Pedras Rubias: Brais González.
O remate consta dunha ofrenda floral
onde cada un de nós deixamos un caravel
ao son da Marcha do Antigo Reino de Galicia, interpretada en directo
para a ocasión por un grupo de alumnos/as que tocan gaitas, tambores,
pandeiros, panderetas, etc. Seguidamente é interpretado e cantado con
solemnidade por todas as persoas presentes o Himno de Galicia.
Pero aínda queda un
momento para disfrutar da charla e do intercambio de pareceres facendo a
homenaxe culinaria ás exquisitas roscas das que damos conta nun pispás.
2013-11. 016. Rosa dos ventos. Sobredo 067 from biblosvivos on Vimeo.
2013-11. Sobredo. 066 from biblosvivos on Vimeo.
2013 Sobredo 068 from biblosvivos on Vimeo.
2013-11. Sobredo. from biblosvivos on Vimeo.
2013-11 Sobredo. from biblosvivos on Vimeo.
Etiquetas:
actividades,
autores literatura galega,
historia,
historia e patrimonio local,
homenaxe,
Poesía,
saídas,
viaxes
4/11/14
BEGOÑA CAAMAÑO, IN MEMORIAM
Non queremos deixar de adicarlle a nosa lembranza e agarimo á escritora galega Begoña Caamaño, a quen tivemos a sorte de coñecer de perto e de compartir con ela, en febreiro de 2012, unha sesión do "Club de Lectura de Profes", na que lle dimos sentido á lectura de "Circe ou o pracer do azul".
Prendidos da elegancia e riqueza da súa escrita e da forza do seu contido, a súa presenza naquel xantar e na conversa connosco foi entrañable, sensible, fonda, amable e xenerosa.
O seus libros estarán expostos e destacados na nosa biblioteca este novembro, en relación as actividades que faremos sobre os "Bos Tratos" nas relacións, e como magnífico exemplo do que partir para repensar o amor, para unha necesaria educación emocional e sentimental.
"Lectura profunda sobre o concepto
do amor e das relacións amorosas, que se entenden en xeral como exclusivas,
privativas, posesivas, como orde social, como estatus, egoístas, na busca de
protección ás máis das veces; e sobre todo con ese equívoco, que tanto se dá en
mulleres como en homes, de sacrificar a liberdade e supeditar a felicidade a un
ideal de persoa na que centrar a vida e de quen se fai depender a felicidade,
sen pararse a pensar que a felicidade de cada un depende só de un mesmo,
ninguén alleo a nós pode resolvela, outra cousa é saberse acompañar ou sentirse
ben acompañado polo paseo da vida. Por iso o máis significativo da historia
para min é a mensaxe que encerra o título: ese acadar “o pracer do azul”, que é
nin máis nin menos que disfrutar a vida por un mesmo, sen sentir dependencia, ausencias ou
angustia, sen esa postura vital errada de disfrutar do horizonte só a través
dos ollos do namorado. Esa sensación da vida plena e propia, sobre todo nunha
muller, é a máxima ambición, a liberdade real, nada fácil, xa que todos somos
sensibles ante o querer, pero sempre que sexan amores que liberen, non que
aten. Así entendo a liberación de Penélope.
Circe é un ser libre,
xeneroso, rebelde, que sabe vivir o seu namoramento, pero tamén deixalo ir, e
compartilo sen posesión, mais ao seu namorado lle esixe paixón e liberdade. Arrisca
sempre coa verdade, tan denostada hoxendía, pero espera unha esposa celosa nas
cartas e se sorprende ata descubrir a infelicidade de Penélope. É curioso como
o coñecemento dunha persoa varía dunha relación a outra: unha muller mostra un Ulises ególatra e fachendoso, nada
tenro; e outra un amante e compañeiro magnífico. O caso é que así se mostra con
unha e con outra; dúas caras diferentes da mesma persoa: frío antes, apaixonado agora por mor do amor
verdadeiro.
A
conexión que podemos establecer dende
estes prototipos e dende o xogo da recreación dos personaxes femininos, ata a
sociedade actual, pasa por querer facer un exercicio de desposesión e de
protagonismo das dúas mulleres, para
entender as súas actitudes fronte ao heroe principal, en función de quen están orixinariamente,
para actualizar o mito e deixalo descarnado, humanamente descarnado, como o
home actual, que en gran medida pareceu perder o seu papel, tentando adaptarse
a un novo xogo de relacións onde aparecen ingredientes novos xunto a outros tan
vellos como manter o matrimonio a base da infidelidade, para manter un estatus,
un xogo hipócrita aceptado e enmascarado socialmente dentro do políticamente
correcto. Non depende pois tanto de crenzas, de moral, de relixión, de idearios
políticos, como da posición económica e social acadada. Por iso aínda se
mantén o “amor “ao estilo burgués en gran medida", (P.F.B.)
Deixamos o enlace á antiga entrada daquela reunión, onde constan os comentarios de varias compañeiras e compañeiros.
Con total respecto -e xa que se fixeron públicas- queremos compartir as palabras que falan da vida e da morte, que a propia autora escribiu como despedida á súa amiga Uxía Senlle: estremecidas e calmas, tristes e ledas, fondas e sinxelas, tan lenes como intensas, claras como a vida cando é sabia, comprometidas, tenras, sensibeis... Non podemos menos que amala dende lonxe...
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/carta-despedida-begona-caamano/20141030072031031851.html
Con total respecto -e xa que se fixeron públicas- queremos compartir as palabras que falan da vida e da morte, que a propia autora escribiu como despedida á súa amiga Uxía Senlle: estremecidas e calmas, tristes e ledas, fondas e sinxelas, tan lenes como intensas, claras como a vida cando é sabia, comprometidas, tenras, sensibeis... Non podemos menos que amala dende lonxe...
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/carta-despedida-begona-caamano/20141030072031031851.html
Acreditamos que tiña luz a súa persoa e que a ten a súa obra,
que queda entre nós.
13/5/14
DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Difundimos algúns documentos para achegármonos a Xosé María Díaz Castro:
7 poemas de díaz Castro, recitados por varios escritores galegos.
Traballo do Obradoiro de Plástica do IEs As Barxas.
Documental realizado polo CPI dos Dices-Rois sobre o poeta Díaz Castro. Nel inclúense entrevistas con Alonso Montero, Alfonso Blanco, Armando Requeixo, Darío Xohán Cabana, Xaquín Campo Freire, Margarita Ledo Andión, Rosa Aneiros...
Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. A nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Debate Na Encrucillada 29M. Praza de Sta. María (Lugo). Mini e Mero interpretan Penelope, acompaña Eduardo Corbelle ao violín.
Exprés. Boletín de Novas da CGENDL (Nº 2)
Etiquetas:
actividades,
animación á lectura,
autores literatura galega,
celebracións,
letras galegas,
Poesía,
Xosé María Díaz Castro
24/12/13
TAMÉN LEN con NATO E O SENTIDO DAS VIAXES
O xoves 19 de decembro o IES Pedras Rubias amaneceu "en obras," cheíño das sinalizacións, obstáculos e moslestias que acompañan nestes casos.
Pero o que se obraba era nada máis e nada menos que unha nova sesión do Tamén Len, que neste caso se preparaba deste xeito para recibir a visita de Nato, ou Fortunato Álvarez, o Concelleiro de Vías, Obras e Servizos do Concello de Salceda, quen, presentado por Lois (de 4º A), tivo a ben compartir con nós unha serie de pensamentos e fragmentos literarios a través dos que fixo unha fonda reflexión sobre a idea da viaxe. Elixiu varios autores sobre os que bascular e seguir un discurso que vai dende Castelao a Xabier DoCampo, pasando por Cunqueiro e Pessoa: a vida como viaxe, a viaxe da emigración ou do exilio, a viaxe como soño, as viaxes para volver e contalas..., sen esquecer a súa propia experiencia.
Á hora do debate deixou claro que é un home práctico, nada romántico. Fai honor ao seu nome e se considera un home afortunado.No seu traballo tenta manter as infraestruturas deste municipio en boas condicións e xestionar novas obras para mellorar os servizos aos cidadáns. O proxecto do que se sinte máis orgulloso é a humanización do centro urbano da Esfarrapada, ou obriñas pequenas que tamén son interesantes, como recuperar cruceiros, carballeiras, etc. O obxectivo é facer a vila para a xente, non para os coches.
Comenta que comezou a súa vida como lector dende pequeno, aínda que como lector público hoxe, pero agora sente que a política lle saque tempo para ler.
Estudou con beca en Tui e cando perdeu a beca, o pai díxolle que podería seguir se ía en bici todos os días. El non desistiu e así o fixo, ata que o pai se compadeceu e acabou pagándolle unha pensión.
Animou os alumnos e alumnas a facer do instituto un bo lugar a carón dos profesores.
Etiquetas:
actividades,
animación á lectura,
autores literatura galega,
tamén len,
viaxes
10/6/13
"Mutis polo foro" con Roberto uve be
O día 31 de Maio, no IES Pedras Rubias, fixemos unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, representando algunhas das súas obras: “Laudamuco, señor de ningures” e “Ladaíñas pola morte do Meco” foron fundidas para levalas a escena, ambas as dúas tratan o tema do abuso de poder; “Saxo tenor”, fala de xóvenes de barrio marxinal; “Animaliños”, está escrita en clave de comedia de veciñanza; e “Oé, oé”, obra de Maxi Rodríguez, foi traducida por Vidal Bolaño ao galego para ser adaptada polo seu grupo de teatro no seu momento, aínda que é unha tradución non publicada.
As obras representadas son unha mestura de fantasía e realidade, comedia e traxedia. que nos convidan a rir, pasar un bo momento e compartir o espírito crítico do autor.
Así, este ano no teatro participamos unha boa chea de alumnos e alumnas enfeitizados pola transformación nosa nos outros, e pola carga de personaxes ben particulares en nós.
Tanto David Carbó, como Javi Enríquez, com eu mesmo, David Gómez, estamos cos nervios a flor de pel ante o público, a quen desexamos que se divirta con nós.
Ah!. E grazas a Fernando e Juan Carlos, polo seu aguante e entusiasmo para sacar adiante con todos nós este empeño.
Que xa van varios anos de teatro con “Mutis polo foro”!!!!
Etiquetas:
actividades,
autores literatura galega,
letras galegas,
teatro
9/3/13
Ardalén. Miguelanxo Prado
Comprácenos ter a oportunidade de falar do último libro de Miguelanxo Prado: Ardalén (vento que sopra dende o mar cara á terra, procedente do sudoeste, nas costas atlánticas europeas e que leva terra dentro cheiros a sal e a iodo). Esta magnífica novela gráfica é un dos mellores expoñentes do bo nivel que ten hoxe a Banda Deseñada galega.
![]() |
| miguelanxoprado.com |
Hai unha relación de lembranzas alteradas, deformadas, inexactas, máxicas, tecidas entre o vello Fidel e Sabela, unha muller descoñecida que chega na busca dunha parte do seu pasado. A partir de aí vanse enleando a memoria propia e as alleas. O autor é quen de crear un universo máxico, tan real como imaxinado, onde caben amores, rancores, todo o que a vida é, coa súa capacidade de construír o presente a partir do pasado, para vivir.
Nada mellor que ler as palabras do propio Miguelanxo Prado para comprender a profundidade desta entrañable historia e o
seu proceso de creación.
----------------------------------*-----------------------------------
ARDALÉN – MIGUELANXO PRADO
![]() |
| Procedencia da imaxe: www.kedin.es |
VIGO:
Sábado 19 Xaneiro 2013, día de tremendo temporal –
No Café LA HISTORIA: Encontro
con Miguelanxo Prado,
de quen deixo
aquí o relato das súas palabras:
Etiquetas:
autores literatura galega,
banda deseñada,
novela gráfica
2/3/13
Marcos Calveiro comparte con nós "Palabras de auga"
"O oitavo día que a lanza fica chantada na terra, Amadou non pode pasar toda a xornada baixo o inclemente solleiro, encrequenado cos seus compañeiros arredor dela como aquel primeiro día.
Todos eles teñen que asistir ao consello da tribo para falar de "Palabras de auga" no IES Pedras Rubias.
Jambo! Bevidos a todas e todos a este consello do clan dos Wataki, da tribo dos Kimba, do país de Lomba. Hoxe imos variar un pouco o costume. Hoxe mulleres e nenos van ter voz nas decisións do noso clan. Todos, despois de ter lido o libro, gañamos o dereito de acudir á reunión."
O pasado mércores veu visitarnos Marcos Calveiro, invitado polo departamento de Lingua galega e o equipo de biblioteca. O alumnado de 1º ESO e mais os compoñentes do club de lectura viñan de ler "Palabras de auga", premio Merlín 2012. Como correspondía a unha ocasión tan especial, tentamos darlle un aire africano á nosa Calixtina para entrar en ambiente. Desde aquí mostrar o noso agradecemento ao CRA Raíña Aragonta por prestarnos as fermosas máscaras e a lanza elaboradas por alumnos e alumnas de infantil no pasado Entroido. Tamén agradecemos a Esme e Adelia, compañeiras do IES Val de Tea, de Ponteareas, que se achegasen a compartir a experiencia con nós.
Marcos falounos moito máis ca do seu libro: falounos de África, da súa música e os seus bailes, da seca, da loita pola supervivencia, do que une aos nenos de todo o mundo e do que, por desgraza, os separa. E tamén, dou fe, contestou a moitas, pero que moitas preguntas, verdade Hugo?
Un dos momentos máis emocionantes foi cando nos falou do Coltan, esa combinación de minerais que se está a converter no ouro negro do século XXI debido á súa utilización na fabricación de teléfonos móbiles, tabletas, consolas, pantallas, etc. O coltan é o mineral que se agocha baixo o enigmático sobrenome das "pedras negras" no libro. Se queredes saber máis sobre el, podedes ver o documental francés "Du sang dans nos portables" de Patrick Forestier premendo aquí.
Despedimos a sesión con música da man de Tiken Jah Fakoly e "Plus rien ne m'etonne". Impresionante.
O pasado mércores veu visitarnos Marcos Calveiro, invitado polo departamento de Lingua galega e o equipo de biblioteca. O alumnado de 1º ESO e mais os compoñentes do club de lectura viñan de ler "Palabras de auga", premio Merlín 2012. Como correspondía a unha ocasión tan especial, tentamos darlle un aire africano á nosa Calixtina para entrar en ambiente. Desde aquí mostrar o noso agradecemento ao CRA Raíña Aragonta por prestarnos as fermosas máscaras e a lanza elaboradas por alumnos e alumnas de infantil no pasado Entroido. Tamén agradecemos a Esme e Adelia, compañeiras do IES Val de Tea, de Ponteareas, que se achegasen a compartir a experiencia con nós.
Marcos falounos moito máis ca do seu libro: falounos de África, da súa música e os seus bailes, da seca, da loita pola supervivencia, do que une aos nenos de todo o mundo e do que, por desgraza, os separa. E tamén, dou fe, contestou a moitas, pero que moitas preguntas, verdade Hugo?
Un dos momentos máis emocionantes foi cando nos falou do Coltan, esa combinación de minerais que se está a converter no ouro negro do século XXI debido á súa utilización na fabricación de teléfonos móbiles, tabletas, consolas, pantallas, etc. O coltan é o mineral que se agocha baixo o enigmático sobrenome das "pedras negras" no libro. Se queredes saber máis sobre el, podedes ver o documental francés "Du sang dans nos portables" de Patrick Forestier premendo aquí.
Despedimos a sesión con música da man de Tiken Jah Fakoly e "Plus rien ne m'etonne". Impresionante.
"Aquí, chantados, ficamos como sedentas árbores da sabana despois de sentirmos como a auga das túas palabras escorregou polos nosos corpos poeirentos, enchoupando o noso corazón de sensibilidade e fondura, inundando as galerías das esforzadas formigas onde sementes e vaíñas agochadas durante tempo comezan a abrochar".
Kwa bahati (boa sorte), Calveiro, e kwa heri
(adeus).
Etiquetas:
actividades,
África,
autores literatura galega,
club de lectura,
narrativa
25/2/13
Música para conmemorar o Día de Rosalía
Onte, 24 de febreiro coincidindo co 176 aniversario do seu nacemento, celebrábanse actos en toda Galicia para lembrar a Rosalía Castro neste 2013 no que se cumpren 150 anos da publicación do seu libro "Cantares gallegos".
A súa obra supuxo un pulo para o rexurdir das nosas letras e da nosa cultura e dende aquí queremos brindarlle a nosa humilde homenaxe a través da música.
Os seus poemas tantas veces musicados, non só se prestan a alboradas e ao son da gaita senón que admiten outras versións, outros estilos como nos amosa a artista viguesa Aid, que versionou a ritmo de rap algúns deles (tamén poemas de Cunqueiro, Manuel Antonio ou Curros Enríquez) nun libro-CD editado por Galaxia en 2012 e titulado "Rapoemas".
E agora un pouco de Jazz extraído do álbum "Rosalía 21", coa música de Abe Rábade e a voz de Gaudí Galego.
Para rematar con todo un clásico, o poema "Negra sombra" na voz de Luz Casal.
Etiquetas:
autores literatura galega,
celebracións,
música,
Poesía
18/12/12
Recitando a Celso Emilio
2012-12 Salceda de Caselas RecitandoCelsoEmilio 072 from biblosvivos on Vimeo.
O pasado día 12 de decembro ás 12 da mañá, o alumnado que forma parte do club de lectura e dos MQs reuniuse na biblioteca para recitar o poema "Deitado frente ao mar", sumándose así á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para celebrar o 100 aniversario do nacemento en Celanova de Celso Emilio Ferreiro.
Foi un acto fermoso e sentido. Grazas a tod@s por participar!
Foi un acto fermoso e sentido. Grazas a tod@s por participar!
Etiquetas:
actividades,
autores literatura galega,
Poesía
3/12/12
Fran Alonso no IES Pedras Rubias

O xoves pasado acudiu ao noso instituto o escritor vigués Fran Alonso para comentar o seu libro Cemiterio de elefantes, lectura obrigatoria en 4ºESO.
Os presentadores do acto foron os nosos alumnos José Barros e David Gómez, autores tamén da presentación que vos mostramos a continuación e na que podemos apreciar algunhas das portadas suxeridas polo alumnado para o libro.
Visita de Fran Alonso from biblosvivos on Vimeo.
Malia ter pasado 18 anos dende a súa publicación, a obra segue de plena actualidade. O autor, moi próximo e accesible, axudounos a entender mellor o proceso da súa escrita e os porqués dalgunhas historias.
Deixa o teu comentario e valora o libro e a visita de Fran Alonso. Grazas!
Etiquetas:
autores literatura galega,
fomento da lectura,
narrativa,
visita
20/6/12
Xulia Alonso visita o noso centro
O 14 de maio do 2012 visitounos Xulia Alonso,
autora de Futuro imperfecto e gran muller.
Nós, Karen Engster, Iria Alonso e Sofía
Carracedo, xunto con Jessica Bonet, tivémo-lo honor de presentala cun texto no
que expresamos as nosas impresións coa axuda da profesora de galego, Susana.
Despois da nosa lectura, a autora moi emocionada deu inicio á charla.
Como era unha autobiografía, sentímola moi
preto, casuou moita impresión en moitos de nós e ademais non se privou en
contar a súa experiencia coas drogas, con Nico, o seu amor e a enfermidade de ambos; sen olvidar a súa
filla Lucía, causa pola que escribiu este libro, e así deixar constancia en
papel e non permitir que a súa cabeza olvidara certos detalles.
| De esquerda á dereita: Sofía, Karen, Iria, Jessica e Xulia Alonso |
A súa presentación foi amena, contounos algúns detalles máis que
nos chegaron fondo.
Ó comezo das preguntas ninguén se atrevía a
preguntar nada. Fíxose o silencio e... Mario de 3ºB, levántase e entrégalle un
pequeno ramo como agradecemento de todo o aportado. Xulia emocionouse, e detrás
dela fomos todos.
Finalmente, firmounos unhas profundas
dedicatorias, nas que dicía que se sentira moi ben, e moita xente entrogoulle ramos de flores
coma un mínimo agradecemento pola súa presenza e proximidade.
Karen
Engster, Iria Alonso e Sofía Carracedo, 3ªA
Etiquetas:
autores literatura galega,
narrativa,
novela,
visita
15/5/12
"Verbas no ar" de Iria Morgade Valcárcel para celebrar o 15-M
Hai xa un
ano que aconteceu o movemento de descontento e indignación que levou a moitas
persoas a saír ás prazas nas diferentes cidades, para ocupalas día e noite
durante longo tempo coa intención de manifestar, discutir e votar a través de
“asembleas horizontais e populares onde poidemos participar todos”, unha serie
de principios que levarían á petición de cambios urxentes. Foi un
acontecemento, sobre todo, de persoas xóvenes, inquedas, cansas de presenciar
unha realidade socieconómica que nos leva a un futuro ateigado de complexidade
e dificultades para poder artellar unha vida corrente cun mínimo de calidade,
entendendo por tal: a defensa duns servizos sociais públicos para todos, dun
medio ambiente preservado e respectado, dunha reforma laboral que recupere e
respecte os dereitos dos traballadores, dunha educación pública de calidade,
dun cambio do sistema electoral …; é dicir, unha crítica do sistema capitalista
mundializado actual que padece unha profunda crise, ante o que hai dúas
posturas: os que defenden unha reforma dentro do sistema, e os que ven como
única saída o final do capitalismo.
Así as
cousas, un ano despois, podemos comprobar que a realidade ten varias lecturas:
os que pensan que foi unha explosión que se esgotou e volveron á pecharse nas
súas casas e na súa individualidade; e os que teiman e seguen activos
traballando nunha cooperación de veciñanza nos barrios das cidades e insistindo na necesidade de reclamar cambios
reais. En España xurdíu este movemento denominado “15M”, que tivo repercusións
noutros países, e que non podemos valorar como un feito illado, pois antes
aconteceran os movementos de Islandia ou Grecia, en Europa; do norte de África
e Próximo Oriente, denominados “Primavera árabe”, que provocaron un seguimento
en masa que levou a cambios políticos, enfrontamentos armados, represións,
numerosas mortes…en Tunicia, Exipto, Libia, Siria … cada un con circunstancias
concretas, pero cun transfondo común de falta de liberdade, abusos de poder,
tremendas desigualdades, explotación, futuro pechado para os xóvenes, etc
Neste
contexto de crise, de cambio, que continúa sen atopar as solucións axeitadas,
destacamos a publicación da primeira novela dunha nova escritora galega, Iria
Morgade (o libro xa está na biblioteca!). Verbas no ar
expresa con frases curtas pero rotundas , con personaxes perdidos na marea
dunha hipotética revolta mundial, pero que van a se posicionar dubidando ou
reafirmándose nun lado ou noutro dos acontecementos que mostran a utopía que
hoxe queremos, tememos ou cremos imposible, que de todo hai; quere expresar
desacougo, esperanza, confianza nos diferentes movementos sociais: os sen
terra, os zapatistas, os indignados do 15M, os levantamentos da Primavera
árabe… nunha historia coral de varios personaxes que se entrecruzan e de
espazos protagonistas que os acollen nunha revolta mundial (prazas, rúas, unha
biblioteca…) …esa biblioteca do comezo e
do final, que procura liberar as palabras…
Pasen e
lean a entrevista coa autora desta realidade imaxinada, a quen agradecemos de
antemán as súas palabras…
Etiquetas:
autores literatura galega,
indignados,
narrativa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








