24/11/23

25 DE NOVEMBRO: LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Un ano máis lembramos a importancia da lectura e da educación en valores para tentar loitar contra a lacra social que supón a violencia de xénero contra as mulleres. Todos e todas debemos seguir loitando en unión para que a igualdade, a tolerancia, o respecto e a razón sexan o mellor antídoto contra a discriminación e a violencia. Deixamos unha fotiño da nosa exposición.


 

15/11/23

NOVA EDICIÓN DO NOSO TAMÉN LEN

 Hoxe tivemos unha sesión moi especial no noso Tamén Len de Novembro xa que recibimos a Martín Gestal, o noso profe de filosofía do ano pasado que compartiu con nós as súas lecturas de filósofos tan importantes como Sócrates. Fixemos reflexións moi interesantes e gozamos dunha agradable conversa. Grazas Martín por volver onda nós!!! Aquí van as fotiños do evento. 😊😊📕📕📔📖









13/11/23

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE NOVEMBRO

Tras un comezo de curso apurado co traslado da biblio ao novo espazo comezamos por fin as sesións do club e despois da reunión incial do mes de outubro, para a posta en común deste curso e marcar novas lecturas e reunións, puidemos hoxe gozar dunha agradable xuntanza para compartir a nosa experiencia lectura coas obras hoxe propostas. No grupo de 1º e 2º (no que tamén temos algún alumnado de 3º)  leron Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure, obra coa que puideron trasladarse aos campamentos de refuxiados saharauís e emocionarse coa historia de Kori e o seu camelo Caramelo. No grupo de 4º e 1º de BACH analizamos algúns relatos de Made in Galiza de Sechu Sende dos que o noso alumnadofixeron unha lectura moi produtiva. Aquí vai unha mostra das reunións. Boas lecturas e vémonomos na seguinte.







2/11/23

SAMAÍN E MAGOSTO

 Celebramos no IES un ano máis o Samaín con diferentes concursos: calacús, receitas de outono e sobremesas. O Magosto está adiado ata que o tempo permita celebralo. Mentres deixamos aquí unhas fotiños para ilustralo. Bo Samaín.