Mostrando entradas con la etiqueta John Lennon. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta John Lennon. Mostrar todas las entradas

4/2/16

CONCERTO DE MÚSICA: EN SON DE PAZ.


"En Son de PAZ" é un título ben axeitado para deixar constancia sobre o ambiente que se creou ao redor da música o pasado xoves 28 de Xaneiro, cando alumnas/os de todos os cursos interpretaron diferentes pezas musicais e cancións da man do profesor de Música Pablo, que estivo traballando connosco ese mes, a quen agradecemos a súa idea e capacidade para organizar dita actividade e desexamos que lle vaia moi ben no seu novo destino.

IMAXINA –JOHN LENNON

Imaxina que non hai Ceo,
é  moi fácil de pensar.
Sen o inferno baixo noso,
enriba o firmamento.

Imaxina a toda xente,
vivindo o día a día.
Imaxina que non haí fronteiras,
é moi fácil de acadar.

Sen loitas que lidiar, (batallas que librar)
e  ningunha relixión.
Imaxina a toda a xente,
vivindo a vida en PAZ.

Ti dirás que eu soño,
peor hai moitos coma min.
E desexo que te unas,
e o mundo sexa un só.

Imaxínao sen diferenzas, (que non hai diferenzas)
podemolo conseguir.
Que non haxa máis cobiza,
só igualdade entre nós.
Imaxina a toda a xente
compartindo amor.

Ti dirás que eu soño, (son un tolo)
pero hai moitos coma min.
E desexo que te unas,
nun fermoso mundo en PAZ.

                                   (Tradución ao galego: Paula Fdez. Bañuelos e Uxía González).


Houbo dúas sesións para repartir o público e que puideran acudir todos os grupos. Ambalasdúas comezaron coa actuación "estelar" de Uxía González, acompañada de Gabriel ao piano, interpretando a canción de John Lennon "Imaxine", unha parte en inglés e outra en galego traducida por nós. A verdade é que fixeron un bo tandem e resultou emocionante escoitalxs. Non tedes máis que premer nos vídeos e nos enlaces para lembrar o seu son e o dos demais grupos que actuaron con entusiasmo e bo oficio.

https://www.youtube.com/watch?v=J_9FqLAhk5I

                                  Uxía e Gabriel. Ensaio Imagine-Imaxina

                                     Imagine-Imaxina. John Lennon

                                     Canción de Zara Larsson

https://www.youtube.com/watch?v=aT2Xe1Mzh6Y


https://www.youtube.com/watch?v=vjhzmsZ3SF4

13/1/16

CONCURSO DE BD (HISTORIETAS) PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ.



CONCURSO DE BANDA DESEÑADA (HISTORIETAS) SOBRE A PAZ

“IMAXINA QUE…EXISTE UN MUNDO ONDE TODAS AS PERSOAS VIVEN EN PAZ”
Ao longo deste mes de xaneiro, propoñemos traballar unha realidade onde a paz estea presente nas nosas vidas. Para iso estades invitad@s a imaxinar e crear mundos posibles onde estean ausentes as violencias de todo tipo. Por iso pensamos que podedes elaborar viñetas ou “historietas” (BD) cunha pequeña historia da vosa invención, que serán valoradas como traballo de aula en Ética e Educación para a Cidadanía, serán expostas e irán a concurso, para así concienciarnos, sensibilizarnos e participar na celebración do Día Internacional da PAZ o 30 de xaneiro.
Imaxina a toda a xente vivindo a vida en PAZ”, di a canción de John Lennon, na que te podes inspirar (información no post de biblosvivos)

BASES:
v -Crear unha historia debuxada ao redor do tema da PAZ, da non violencia de calquera tipo; con liberdade de estilo e sobre soporte de papel ou cartolina tamaño A4 ou A3.
v -As historietas serán escritas en galego.
v -A extensión é dunha folla como mínimo en cor ou branco e negro.
v -Pode facerse como traballo individual ou entre dúas persoas. Poñerase o nome completo e grupo dos participantes por detrás de cada obra e por diante o pseudónimo nunha esquina e o nivel.
v -Presentarase o traballo xunto cun papel ou sobre pechado que conteña dentro o nome/s das persoas autoras e curso, e por fóra un pseudónimo (nome inventado).
v -O alumnado de 2º e 4º ESO entregará os traballos á profesora para ser valorados nas materias de Ética e Educación para a Cidadanía. O resto dos niveis o traballarán co profesorado de Galego, que así o considere, de Plástica ou dende Titoría.
v -Os resto dos participantes, entregarán os traballos da forma indicada no recreo na Biblioteca ao longo deste mes e  ata o mércores 27 de xaneiro.
v -Serán destacados os mellores traballos cun premio por nivel.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR TOD@S!!

-------------------*-------------------

Para inspirarvos aludimos á canción de John Lennon "Imaxine", considerada por moit@s unha das mellores cancións de todos os tempos, cunha mensaxe de PAZ para un mundo mellor, ademais de outra: "Give Peace a Change" na que tamén invita a darlle unha oportunidade á PAZ...



----------------------------------------*--------------------------------------