Mostrando entradas con la etiqueta matematicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matematicas. Mostrar todas las entradas

23/3/12

Tamén len... con Natalia


De esquerda á dereita: Karen, Natalia e Antonio

Hoxe tivemos a sesión do "Tamén len" correspondente a este mes de marzo. Nela demos a benvida de novo a Natalia, profesora de Matemáticas que traballou con nós ata hai dous cursos e que formaba parte deste noso equipo de biblioteca. 

A Calixtina recibiuna coma se merece, engalanada coas letras e números da CDU (que ela deseñara e recortara con agarimo) reunidas para enviarlle unha mensaxe de benvida en forma de ecuación.

A presentación correu a cargo de Antonio, outro dos nosos compañeiros do departamento de Matemáticas, quen recordou o paso de Natalia polo noso instituto.

Natalia, pola súa banda, ofreceunos coma sempre a súa alegría e o seu cariño e leunos o primeiro capítulo (cómo non!) do libro "El diablo de los números" de Hans Magnus Enzensberger.

O libro cóntanos como Robert, un neno que odia as matemáticas, atopa en soños ao demo dos números e descubre da súa man un mundo apaixoante, no que as matemáticas deixarán de ser un ente incomprensible para converterse nun reto fascinante lonxe dos tópicos escolares.

Sen dúbida o momento estelar da sesión foi cando Natalia, ao finalizar a súa lectura, nos descubriu esta movida e orixinal Cumbia Matemática que arrincou máis dunha gargallada entre os/as asistentes.



Para pechar o acto, Karen de 3ºA, leulle a Natalia o poema de Wislawa Szymborska "O número pi". 


Despois desta sesión xa ninguén poderá dicir aquilo de que "os de ciencias" non amamos os libros nin a lectura...

20/10/11

Números da biblioteca e números de Fibonacci

Ás veces resulta interesante botar contas. Se nunha das entradas anteriores comentabamos que este ano se anotaran 70 alumnos/as ao noso Club de Lectura "Siareiros da Palabra", o mércores, na primeira reunión dos MQs, había 40 voluntarios/as. Das 110 persoas, 17 son ao mesmo tempo "siareiros" e MQs o que fai un total de 93 alumnos/as involucrados directamente na dinamización da biblioteca e o fomento da lectura. 

Se ademais temos en conta que neste curso hai 267 alumnos/as matriculados...temos unha porcentaxe do 34,8% do alumnado!!! Folga dicir que estamos ENCANTADAS!


E duns números a outros.

Onte, vía Trafegando Ronseis, descubrín un libro ilustrado máis que apetecible: "Fibonacci, el soñador de números" de Joseph D'Agnese e ilustrado por John O'Brien. O libro, da editorial Juventud, narra a biografía deste matemático italiano do s.XII-XIII, famoso por introducir en occidente os número árabes e popularizar coa súa obra "Liber Abaci" a aplicación dos novos números aos cambios de unidades, á contabilidade, aos criterios de divisibilidade,...

Pero se por algo é coñecido Fibonacci e pola súa sucesión de números: A serie de Fibonacci á que se relaciona con criterios estéticos na natureza, como a forma das caracolas, o reparto dos pétalos dunha flor, a disposición das follas nun talo,...

20/5/09

Xa temos gañadores!

Os vencedores do III concurso de Xogos Matemáticos e de Lóxica foron os seguintes:
  • Na final do segundo ciclo gañou o grupo de 4ºB composto por Martín Rodríguez Barros, Yeray González González, Javier Gregores Méndez e Joel López.
  • Na final do primeiro ciclo gañou o grupo de 2ºA composto por Borja Barbosa, Marco Antonio Estévez e Marcus Vinicius Fernández.

A cerimonia de entrega de premios realizarase ao final de curso. As solucións dos problemas comentaranse en clase co profesor correspondente nos últimos días do curso.

Noraboa a todos e todas!

(E, para os que queiran ir preparando o concurso do vindeiro ano, un chivatazo: os profes de mate sacan as preguntas duns libros moi interesantes sobre problemas de lóxica, así que preguntádelles polos títulos...)