Ficha técnica Director: Bill Cordon Productor: Wyck Godfrey. Guionista: Melissa Rosenberg. Autora: Stephenie Meyer. Director artístico: Lorin Flemming. Director de fotografía: Guillermo Navarro. Vestiario: Michael Wilkinson. Distribuidora en España: Aurum Producciones.
Reparto protagonista: Edwar Cullen: Robert Patinson. Bella Swan: Kristen Stewart. Jacob Black: Taylor Lautner.
Hoxe chega aos cinemas a primeira parte de "Amanecer" o derradeiro libro da saga Crepúsculo. Tedes pensado ir a vela? Se é así, esperamos que nos deixedes aquí a vosa opinión.
Os libros, series e películas de vampiros non perden folgos.
Este mércores, 18 de novembro (dous días antes que en USA en premio á fidelidade dos/as fans españois), estrénase "Luna nueva", segunda entrega da saga Crepúsculo. Con moita máis acción, a incorporación dos licántropos (homes lobos) e un investimento impresionante en efectos especiais. Xa nos contaredes.
E seguimos con "True blood", serie televisiva da cadea HBO e emitida por Canal +. Baseada nunha serie de novelas da autora americana Charlaine Harris, cóntanos como a fabricación de sangue sintética (haina de todos os grupos) leva aos vampiros a tentar reinsertarse na sociedade e reclamar os seus dereitos. Algúns tentan así recuperar o seu lado humano, como Bill Compton namorado de Sookie a humana con poder para ler os pensamentos dos demáis e protagonista da serie, pero non todos están dispostos a renunciar ao sangue verdadeiro.
E, para rematar, Guillermo del Toro, director de pelis como "El espinazo del diablo" o "El laberinto del fauno" e productor de "El horfanato", ven de iniciar una triloxía de libros vampíricos titulada "Trilogía de la oscuridad". A primeira parte, "Nocturna" ten unha boa crítica e parece poñer os pelos de punta!
Hai uns meses, unha das miñas enfermeiras comentábame incrédula e emocionada que a súa filla adolescente enganchárase por primeira vez á lectura, de feito, pegáralle tan forte que levaba o libro con ela a todas partes.
Pregunteille con curiosidade polo título do libro que obrara a milagre: "Crepúsculo"
O mellor de todo era que o libro formaba parte dunha saga xunto con "Luna Nueva" , "Eclipse" e "Amanecer" polo que a súa filla seguiría a ler durante unha tempada.
Desde entón, como soe pasar nestes casos, non deixo de tropezarme con referencias ao libro, máis á película que se estrea estes días.
Miles de fans en todo o mundo, centos de videos en youtube, páxinas web, foros e blogs adicados á novela parecen demostrar que a filla da miña enfermeira non é a única que sucumbe a esta historia de amor "imposible" entre unha adolescente e un vampiro que terá 17 anos por toda a eternidade.