30/9/16
Comezamos un novo curso
Este curso o lema da Calixtina será: "Biblioteca escolar, base de exploracións". Deixámosvos o cartel que diseñou Fran Bueno. E xa sabedes este curso toca "explorar..."
Para comezar invitámosvos a explorar a obra gráfica de Fran Bueno, a ver que vos parece, esperamos as vosas opinións e comentarios.
Base Calixtina de exploración: Fran Bueno
2/9/16
LIBROS ADICADOS NO FONDO DA BIBLIOTECA CALIXTINA. A MODO DE DESPEDIDA
Ao longo destes anos tivemos a ben ir xuntando unha serie de libros adicados polos seus autores e autoras, que aumentan o seu valor por ter un engadido afectivo que xurdiu de ter compartido con estes escritores e escritoras o gusto por ter uns obxectos singulares que chamamos libros e poder lelos.
Por iso tamén decidimos instalalos xuntos, en principio na vitrina da entrada, para darlle o valor que merecen e facelos visibles de cara aos usuarios da Biblioteca, para que as novas lectoras e lectores saiban aprecialos.
"Quero dicir para despedirme, que despois de ter traballado nesta Biblioteca durante un bo feixe de anos como coordinadora, nun proceso de aprendizaxe en común moi gratificante en tantos aspectos, vendo crecer a varias xeracións física e intelectualmente, compartindo con vosoutras novidades e tamén grandes clásicos da literatura, do cinema, da música e máis; non quero despedirme sen tervos agradecido esta experiencia e deixándovos nestes andeis algo do meu gusto pola lectura, pero tamén pola escrita e pola arte.
Por aquí ou por acolá, neste tempo tan acelerado que vivimos, andaremos na busca da calma nas diferentes voltas do camiño..." Apertas. Paula

Etiquetas:
animación á lectura,
despedida,
libros adicados,
organización dos fondos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)