Os pasados días 22 e 23 de xuño os/as compoñentes do club de lectura, os MQs e o equipo de biblioteca ao completo (incluído o noso predecesor e benquerido compañeiro José Luís) marchamos de excursión para facer unha ruta literaria por terras do noso poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro.
O obxectivo era gozar da paisaxe ao tempo que recitabamos poesía e compartíamos tempo de camiñata e lecer entre risos e palabras.
Saímos de Salceda despois de rematar as clases e comer apresuradamente uns bocatas. A primeira parada foi Monforte, onde só nos deu tempo a visitar o Castelo dos Condes de Lemos. Partimos logo para o Incio, máis concretamente cara a igrexa de Santa Cristina do Viso, onde está enterrado Lois Pereiro. Alí lle rendemos a nosa modesta homenaxe recitando os seus versos. E rápido rápido cara o camping "Canón do Sil" en Parada do Sil antes que se fixera noite e tiveramos que montar as tendas ás apalpadas, perdón... uhmm... si que houbo unha parada moi breve en Castro Caldelas, por aquilo de mercar bicas (boíiiisiiimas).
Chegamos ao camping e montamos as tendas, aínda que o noso traballo nos custou! E despois dunha estupenda cea marchamos durmir (os que durmimos, claro!).
Á mañanciña, ben mantidos, fixemos unha pequena ruta ata o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil onde recitamos esperando a chegada da guía que tiñamos contratada.
Viaxe á Ribeira Sacra. Yaisha recitando from biblosvivos on Vimeo.
De aí, e sempre con présas, partimos a coller o catamarán para a nosa viaxe polo Canón do Sil e de volta ao camping onde comemos.
Viaxe á Ribeira Sacra. Yaisha recitando from biblosvivos on Vimeo.
De aí, e sempre con présas, partimos a coller o catamarán para a nosa viaxe polo Canón do Sil e de volta ao camping onde comemos.
E, tachán tachán, chegou o momento estrela da excursión... Para a nosa sorpresa o dono do camping é piloto de helicóptero e nos agasallou cunha viaxe: 5 prazas no helicóptero para ver a vista de paxaro a magnífica paisaxe do canón. Os profes renunciamos a entrar no sorteo (sniffff) e os/as afortunados/as partiron entre as caras de ciumes dos demáis. Consolámonos lendo...
Luci recita na Ribeira Sacra from biblosvivos on Vimeo.
Xa de volta, parada e chapuzón nas pozas da Chavasqueira en Ourense e regresamos cansos e moi contentos á casiña.
Con esta marabillosa excursión despedimos o curso. Feliz verán para tod@s!