29/10/10

Entrada nº 100 para o 100 aniversario do nacemento de Miguel Hernández

O noso blog "biblosvivos" chega a súa entrada número 100 con esta fermosa coincidencia, mañá haberá 100 anos do nacemento do gran poeta de Orihuela, Miguel Hernández. Para celebralo, hoxe no recreo, tivo lugar un emotivo recital poético. O acto foi organizado polo Departamento de Língua Castelá coa colaboración da Biblioteca e a imprescindible participación do alumnado de 4ºESO.
Máis curto do que se esperaba (xa se sabe... cos nervios fálase máis rápido) foi un acto sentido e fermoso. O recitado vai saíndo cada vez mellor rapaces pero, iso si, sen chegar de lonxe á maestría de José Luís que nos deixou abraiados a todos.
E falando de maestría... nada mellor para despedirnos por hoxe que este poema musicado por Joan Manuel Serrat.

28/10/10

Tamén len con... Mara


Hoxe, durante o recreo, tivo lugar o primeiro "Tamén len" deste curso. Para os novos, informarvos que, unha vez ao mes, invitamos a alguén de fóra do centro a compartir con nós unha lectura. Nesta ocasión visitounos Mara, profesora do Altamira, que a maioría de vos xa coñecedes e nos deleitou cun breve relato titulado: O conductor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret.

Persoalmente, teño que dicir que o relato me resultou tan curioso como o título. Gustoume moito, sí. Para os que non tivéchedes o pracer de escoitalo da voz de Mara aquí volo deixo.





A ti, Mara, dicirche que foi un pracer e que volvas pronto a visitarnos. Grazas.

25/10/10

Diario de Greg, a película.

"O diario de Greg" creado por Jeff Kinney, naceu orixinariamente como unha serie de tiras cómicas colgadas en internet. O seu éxito foi tan rotundo (ata hoxe a versión online do "Diary of a Wimpy Kid" conta con 80 millóns de visitas) que o autor o publicou en formato libro no 2006. Sería o primeiro dos, ata agora, catro títulos publicados en España.



No nosa biblio tedes os dous primeiros, se queredes o resto recordade facer a vosa petición a través do buzón de suxestións!

A cabalo entre a literatura preadolescente e o cómic, esta saga recolle as desventuras de Greg, rapaz de 12 anos, ao que non lle gusta ir ao instituto...
E, como non podía ser doutro xeito, acaba de chegar aos cines. Aquí vos deixo o trailer ben fresquiño.

23/10/10

Skeleton Creek, queres vir pasar medo?

A finais do curso pasado publicábase en España a 1ª parte da que promete ser a triloxía de misterio de moda: "Skeleton Creek: El diario de Ryan".



Algo moi estraño está sucedendo en Skeleton Creek.
Algo sinistro.
Algo aterrador.

Ryan de 15 anos e a súa amiga Sarah deciden investigar a orixe do nome do seu pobo (Arroio de esqueletes) e dos estraños sucesos que alí acontecen. Nunha das súas escapadas nocturnas, Ryan ten un accidente e rompe unha perna. Os seus pais culpan a Sarah de ser unha mala influenza e lle prohiben as visitas pero iso non lles vai impedir porse en contacto a través do correo eléctrónico e de internet, nin vai lograr que abandonen as súas pescudas.

En principio, o argumento non aparenta nada novidoso pero o seu autor, Patrick Carman, vainos sorprender co formato: para poder ter acceso a historia completa debemos ler as reflexións de Ryan no seu diario (o libro) e visionar os nove videos grabados por Sarah e que se atopan colgados na rede, sempre e cando claro está, contemos cos correspondentes contrasinais.

Se queredes descargar o primeiro capítulo premede enriba.

Se queredes ve-lo primer video, pinchade aquí, e introducide o contrasinal casadeusher.

En Estados Unidos xa están publicadas a 2ª e 3ª parte, "Ghost in the machine" e "Crossbones". Aquí publícase a vindeira semana a 2ª, "El fantasma de la draga".

Non vos podo dar a miña opinión persoal porque aínda non o lin, non sei se todo se vai quedar nunha campaña de marketing ou realmente esta mestura lectura/audioavisual funciona. Vos xa o lestes? A que vos estou metendo cobiza?

Benvido a
SKELETON CREEK
Léo. Mírao. Víveo.

20/10/10

Comecemos por poñernos ao día!

De novo comezamos curso, esta vez con un pouquiño de retraso, pero máis cheos de ganas e ilusións que nunca. Como vos foi no verán? Lestes algo que vos gustaría compartir con nós? Algunha novidade literaria interesante?


Pola nosa parte faremos un breve resumo para poñervos ao día:
  • Adquisicións: Ao final de curso adquirimos algunhas novidades en literatura xuvenil que nos gustaría compartir con vós; dalgunhas xa falaramos aqui como a saga Crepúsculo, a saga de Federico Moccia e dos outros faremos unha entrada en breve, como a triloxía de "Memorias de Idhún" de Laura Gallego ou a que definen como a primeira novela interactiva de misterio, "Skeleton Creek: El diario de Ryan".
  • Premios: Neste último mes véñense de entregar o Premio Nobel de Literatura a Mario Vargas Llosa e o Premio Planeta a Eduardo Mendoza.
  • Próximas citas: Lembrade que o vindeiro 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares, para celebralo teremos unha serie de actos ao longo de toda a semana.


O luns 25 o Clube de Lectura Siareiros convoca a primeira sesión de Tertulia Literaria de este curso que terá lugar na biblio ás 15:00h.

O xoves 28 no recreo terá lugar a primeira sesión do Tamén Len ...con Mara.

Recital de poesía adicado a Miguel Hernández o venres 29 no recreo.

  • Novidades: Aínda que xa vos iremos informando puntualmente dos cambios aqui van algunhas primicias para este curso: creación dunha Comiteka e unha videoteca, buzón de suxestións no que esperamos participedes para aportar ideas, críticas, libros que vos gustaría que formaran parte dos nosos fondos,...

E por certo, como xa vos teredes fixado, curso novo deseño novo. A ver se vos gusta!!