Mostrando entradas con la etiqueta ciencia ficción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia ficción. Mostrar todas las entradas

27/10/13

"Viaxe á lúa" de Georges Méliès


VIAXE Á LÚA. GEORGES MÉLIÈS


            Estes meses na capital. Madrid- está aberta unha exposición que está a ter moita sona e da que os visitantes saen entusiasmados. Trátase de mostrar o xenio e inxenio que un dos pioneiros do cinema deixou no seu filme máis coñecido; “Viaxe á lúa”, cuxas imaxes xa forman parte do noso imaxinario colectivo, do noso patrimonio cultural: esa lúa vella con engurras, que mostra o seu rostro contrariado cando ese foguete queda escachado no seu ollo.
            Méliès foi un mago, un adiantado á súa época, elaborou un cinema como entretemento para divertir ao gran público que acodía atónito ao visionado dos primeiros filmes. Abriu o camiño dos efectos especiais, feitos segundo os avances técnicos de cada época, e a un cinema que sempre tería esa inquedanza de querer mirar a un futuro imaxinado, inventado, intuído...



12/11/11

Un mundo feliz


Hai tempo vos comentabamos que as novelas xuvenís basadas en distopías estábanse a poñer de moda. Exemplos claros serían "Juntos" de Ally Condie ou "Delirium" de Lauren Oliver. Sen embargo se lles preguntamos ao noso alumnado polos grandes clásicos deste tema como son "1984" de George Orwell, "Farenheit 451" de Ray Bradbury ou "Un mundo feliz" de Aldous Huxley, nen sequera lles sona o título.

Estes días volvinme mergullar na lectura deste último (a outra vez remóntase aos meus tempos de instituto) e volvinme sentir atrapada nesta sociedade futura onde a predeterminación xenética e o condicionamento serán  as   bases que sitúen a cada individuo nun lugar determinado da escala social no que se sentirá satisfeito. Nesta sociedade a enfermidade e a vellez non existen, todo vínculo emocional/sentimental (familia, amistade, amor) está abolido ou mal visto,  e as posibles insatisfacións cálmanse con drogas de deseño aínda que sempre hai alguén que se rebela...

A pesares de editarse por primeira vez en 1932 segue a ser unha novela actual e valiosa polo que vola aconsellamos, desde a biblioteca e, especialmente, desde o Departamento de Ciencias da Natureza que a inclúe na súa lista de lecturas recomendadas.

5/3/11

"Nunca me abandones" estrénase por fin o día 18.

Procedencia da imaxe
A adaptación ao cinema de "Nunca me abandones" de Kazuo Ishiguro chegará por fin aos nosos cines o 18 deste mes. Dirixida por Mark Romanek, con guión adaptado por Alex Garland e protagonizada por Carey Mulligan, Keira Knightley e Andrew Garfield, este drama-ciencia ficción promete.



Procedencia da imaxe
De que vai? Na superficie está o triángulo amoroso formado por Ruth, Kathy e Tommy, xoves que se criaron xuntos en Hailsham, un internado inglés, nos anos 60/70. Como trasfondo, unha sociedade distópica que esconde un terrible segredo e que sacrifica a vida dunha minoría en aras da saúde da maioría.

A miña opinión: o libro gustoume especialmente, evidentemente pola temática demasiado cercana, pero tamén porque me parece unha historia que mestura maxistralmente a beleza e o desacougo, o desexo e as razóns para vivir coa dignidade persoal. Creíble nos retratos das persoaxes, cheo de tenrura e amargura, deixache tocada cando o rematas. Se a película é tan boa como o libro haberá que ir vela! 

Para elaborar esta entrada consultamos o blog "versión muy original" do País, "el bazar espectáculo de cine" e a páxina da Editorial Anagrama.

2/3/11

Pasado mañá chega a España o "Delirium" de Lauren Oliver

Procedencia da imaxe
Despois da moda dos libros de vampiros, homes lobo, rapazas pantasmas e demáis personaxes fantásticas, se están poñendo de moda as sagas de novelas distópicas ao máis puro estilo dos clásicos "1984" de George Orwell ou "Un mundo feliz" de Aldoux Huxley.
"Delirium" contanos a historia de Lena de 17 anos e da sociedade na que vive. Unha sociedade (S.XXII) na que o amor hai tempo que se considera unha enfermidade perigosa e, como tal, se combate cunha pequena operación na zona do cerebro que controla os sentimentos. Toda a población se opera ao cumprires os 18 anos para obter, a cambio, unha vida estable, controlada e feliz?
Hace sesenta y cuatro años que el presidente y el Consorcio clasificaron el amor como enfermedad y hace cuarenta y tres que los científicos encontraron una forma de curarlo. A todos los miembros de mi familia ya se les ha efectuado la operación. [...] Yo tengo cita para mi operación dentro de noventa y cinco días exactamente, 3 de septiembre. Es mi cumpleaños.
[...] Después de la operación seré feliz y estaré a salvo para siempre. Eso es lo que dice todo el mundo, los científicos y mi hermana y la tía Carol. me harán la intervención y a continuación me emparejarán con un chico elegido para mí por los evaluadores. Dentro de unos pocos años nos casaremos. Últimamente he empezado a soñar con mi boda. En los sueños me encuentro bajo un toldo blanco, con flores en el pelo. Voy de la mano de alguien, pero cuando me vuelvo para mirarlo su cara se vuelve borrosa, es como una cámara que se desenfoca, y que me impide distinguir sus rasgos. Pero sus manos están frescas y secas al tacto y el corazón me late de forma regular en el pecho -y en el sueño sé que siempre latirá con ese mismo ritmo, que no va a acelerarse, dar un vuelco, brincar ni hacer cabriolas, simplemente seguirá con su tic-tac-tic-tac hasta que me muera.


Segura y a salvo del dolor." 


Que creedes que vai pasar? Pois si, Lena pouco antes da operación namórase... Se queredes ler o primeiro capítulo premede aquí.
"Delirium" é só a primeira parte dunha triloxía composta, ademáis, por "Pandemonium" e "Requiem".
Para máis información vos deixo a páxina da editorial SM que é a que edita o libro en España. Dicirvos que, por suposto ten páxina en facebook e anunciarvos que pronto haberá peli, pois xa se venderon os dereitos á Fox.
A expectativa pola chegada do libro é inmensa xa que a súa autora, Lauren Oliver, foi súperventas co seu libro anterior: "Si no despierto" pero iso merece outra entrada que faremos en breve.