18/12/15

ENTREGA DE DIPLOMAS DE "VOLUNTARIADO DE LECTURA - A". BIBLIOTECA DO CEP ALTAMIRA NO CURSO 2014-15

A Biblioteca do CEP Altamira e a nosa Biblioteca, puxémonos de acordo para organizar a entrega de diplomas de "voluntariado de lectura -A", que o alumnado que está agora en 1º ESO no noso centro, recibiu pola colaboración que prestaron o curso pasado no seu colexio sendo alumnxs de 6º de Primaria, onde fixeron unha interesante e fermosa laboura de actividades diversas de promoción da lectura, de contacontos para os máis pequenos, de formación de usuarios e de colaboración específica de labouras da Biblioteca escolar, ademais de experiencias teatrais... Nós só podemos dicir que notamos que este alumnado vén sensibilizado e aberto para participar en todo tipo de actividades que programamos, sexa dende o Club de Lectura, o Tamén Len, concursos, etc, apuntándose a todo o que lles propoñemos. 

Estivemos encantadas de recibir na Biblioteca Calixtina a Montse (directora do CEP Altamira), a Ángeles, encargada do voluntariado, e a  Anabel, coordinadora da biblioteca. Foron 16 as alumnas/os destacadas con diploma, ademais de ter gañado o premio provincial por esta laboura de voluntariado o curso pasado. Parabéns!!

ALUMNADO PARTICIPANTE:

1.-ARIADNA ÁLVAREZ RAMÍREZ   
2.-CLARA CANOSA COLLAZO   
3.-PAULA DOMINGUEZ RODRÍGUEZ   
4.-ALBA LÓPEZ GONZÁLEZ   
5.-NEREA ESTEVEZ NOGUEIRAS   
6.-IRIA SOMOZA PÉREZ   
7.-YASHIRA ÁLVAREZ RAMIREZ   
8.-ELENA CANOSA COLLAZO   
9.-CHENOA TOMÉ MARTÍÑEZ   
10.-ROCÍO BOULLOSA PÉREZ   
11.-YEDRA GONZÁLEZ ALONSO   
12.-PAULA BARROS LÓPEZ   
13.-CARLA RODRÍGUEZ NOGUEIRAS   
14.-ALEJANDRA FERNÁNDEZ SOUSA
  
1.-XANA AINHOA GESTO ROMERO   
2.-SABRINA SOTELO PENEDO   
3.-DAVID FERREIRA CAMPOS   
  
 
Este recreo compartido serviu para coñecernos e establecer futuras e posibles colaboracións, que sempre son fructíferas entre centros da mesma localidade.

10/12/15

TAMÉN LEN CON UXÍA OTERO


A ex-alumna Uxía Otero foi a nosa invitada o luns 30 de novembro, compartindo con ela a lectura "Somnámbulos" de Suso de Toro, a súa última novela publicada en 2014. Elixiu este libro para ler un relato onde escoitamos as voces que falan, o pasado, a memoria...



O certo é que non quedou moito tempo para dialogar, pero si nos gustou ter a Uxía entre nós, e sempre agradecemos dun xeito moi especial a presenza de alumnas e alumnos que pasaron polas nosas aulas. Neste caso, contounos que xa leva traballando varios anos na Cafetería Aragonta, onde está moi a gusto. É un pracer saber das súas experiencias e que veñan a compartilas connosco.

DOCENCIAS: COMPARTINDO EXPERIENCIAS NA BE.

O martes 17 de novembro tivemos a visita na nosa BE dun grupiño de profesores/as do IES Agustín Fernández Páz de Ponteareas, que viñeron a coñecela e a compartir connosco aspectos de organización e dinamización da biblioteca escolar para establecer as bases necesarias na súa biblioteca e, a a partir de aí, dinamizala, poder traballar por proxectos e ofrecer servizos óptimos. 


Queremos expresar que para nós é unha satisfacción ternos considerado unha BE de referencia, sendo unha boa motivación para seguir traballando e acadar unha actividade bibliotecaria atractiva, actualizada e de calidade.


Hai dous anos foron o IES Pedra da Auga de Ponteareas, o IES Santa Irene e o IES ROU de Vigo, os que nos demandaron varias docencias, a través do CEFORE de Vigo, para falar de "Organización e Dinamización da biblioteca escolar" e de "Formación de usuarios e alfabetización informacional na BE". Con anterioridade, foi no ano 2012, cando presentamos o "Caderno de Bitácora" ante os nosos compañeiros no Curso ABALAR, e despois tamén contamos ao IES Porto do Son a nosa experiencia co tratamento da información na REDE e como a traballamos a partir desa unidade didáctica (soporte exelearning).