18/6/13

A viaxe dun libro: Viaxe a Nepal con David Rodríguez Amil, profesor de matemáticas.

Incluímos unha nova experiencia nesta serie que denominamos "A viaxe dun libro", que desta volta nos brinda o profesor de matemáticas e incansable viaxeiro, David Rodríguez Amil, a quen agradecemos que quixera compartir con nós as súas experiencias de grandes viaxes e que, da súa man, nos levara por magníficos itinerarios en Vietnam, Etiopía, Alxeria, e agora no Himalaia. 

Deixamos un enlace á sesión do Club de Lectura que fixemos hai uns días, onde nos falou "Sobre unha montaña, un tipo e un libro"Quixemos agasallalo cun libro de viaxes de Javier Reverte sobre o Amazonas, "El río de la desolación", e cun caderno apropiado onde poida seguir a escribir os seus "diarios de viaxe"

Mais é el quen nos fala doutro libro que viaxou con el a un dos lugares máís elevados, duros e enigmáticos...
------------------------------*-------------------------------

"Hacía ya unos cuantos meses de mi último viaje al Himalaya. Desde entonces había estado dándole vueltas a toda aquella nueva cultura que me había encontrado allí; El budismo, las montañas, la hégira del pueblo tibetano hacia otras tierras.


Una buena amiga, bastante versada en el tema, me regaló el libro para mi próximo viaje a Nepal: El tercer ojo.

En pleno invierno, en el Himalaya nepalí, el día es corto y la temperatura exterior en cada refugio es muy, muy baja. Es entonces cuando, con muchas horas de oscuridad por delante, te refugias en tu libro. Sus páginas te desvelan cosas que ves a tu alrededor, entiendes un poco mejor aquella mirada afable del pastor de yaks que te cruzaste durante la larga jornada de caminata, o la amabilidad de aquella familia que te invitó a tomar un té salado en su casa.

El libro cuenta una historia y tú la devoras. Allí, en aquella “habitación” a la ténue luz de la estufa que te calienta mientras la nieve cae en el exterior, pones cara a todos esos personajes que van apareciendo. En tu imaginación, aquel monje budista tiene la cara del dueño del refugio, el aprendiz se te antoja similar al niño que comió a tu lado rodeado por su familia. Los templos que se mencionan en el libro, las “lamaserías” están aquí, las ves, las sientes a cada paso que das. Ni siquiera tienes que imaginarte las túnicas de los monjes, las ves ahí delante de ti, las tocas, las hueles cuando se acercan a ti para saludarte o te abrazan.


En fin, cada día recreas lo que has leído de noche, o cada noche rememoras leyendo lo que te ha sucedido durante el día, el viaje aporta experiencias al libro y el libro enriquece el viaje".



                                                  Salceda de Caselas, Curso 2012-2013

Nota: Todas as fotografías de Nepal pertencen a David Rodríguez Amil.

12/6/13

Tamén len 50... co alcalde Marcos Besada


Para rematar este curso de interesantes sesións mensuais de lecturas e conversas compartidas con diversas persoas da contorna, e coincidindo coa sesión número 50 do Tamén Len, que mellor que volver a contar coa presenza compracida do alcalde de Salceda, Marcos Besada, que sempre tenta acudir á nosa chamada para colaborar nas actividades que lle propomos.


Foi inaugurado o acto pola música dos expertos gaiteiros Aitor e Christian, alumno e exalumno respectivamente. Seguiu a presentación feita para esta ocasión tan especial, polo verbo ilustrado de José Luis, o noso mestre-bibliotecario e artífice destas sesións que teñen tan longa vida, quen encantado segue a colaborar con nós sempre que llo demandamos.

A mención teatral ao gran Calderón de la Barca e o seu “alcalde de Zalamea” -ese drama de honor e xustiza do século XVII- serviu para  elaborar un paralelismo ou reflexión de alcalde a alcalde nestes tempos tan difíciles, a así presentar ao noso invitado.

Marcos Besada, fixo unha axeitada elección ao vir co libro de Vicente Risco, “O porco de pé”, entre as mans. Destacou esta lectura que para el é moi significativa porque fala da perda de valores desvirtuados pola ambición do diñeiro, sendo estes vicios sociais xerados polo mal uso do poder criticados con burla polo autor.

Chegado o turno de preguntas, as demandas ao alcalde dominaron a escena, que con amabilidade, humor e boas intencións contestou. Marcos Besada demostrou ser un conversador infatigable e apaixonado falando de plans culturais e educativos que defende firmemente para este municipio, promovendo unha recuperación e apertura de diferentes liñas de investigación sobre a historia local.


Grazas a todos/as pola vosa presenza e participación.

10/6/13

"Mutis polo foro" con Roberto uve be




O día 31 de Maio, no IES Pedras Rubias, fixemos unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, representando algunhas das súas obras:  “Laudamuco, señor de ningures” e “Ladaíñas pola morte do Meco” foron fundidas para levalas a escena, ambas as dúas tratan o tema do abuso de poder; “Saxo tenor”, fala de xóvenes de barrio marxinal; “Animaliños”, está escrita en clave de comedia de veciñanza; e “Oé, oé”, obra de Maxi Rodríguez, foi traducida  por Vidal Bolaño ao galego para ser adaptada polo seu grupo de teatro no seu momento, aínda que é unha tradución non publicada.
As obras representadas son unha mestura de fantasía e realidade, comedia e traxedia. que nos convidan a rir, pasar un bo momento e compartir o espírito crítico do autor.

Así, este ano no teatro participamos unha boa chea de alumnos e alumnas enfeitizados pola transformación nosa nos outros, e pola carga de personaxes ben particulares en nós.

Tanto David Carbó, como Javi Enríquez, com eu mesmo, David Gómez, estamos cos nervios a flor de pel ante o público, a quen desexamos que se divirta con nós.

Ah!. E grazas a Fernando e Juan Carlos, polo seu aguante e entusiasmo para sacar adiante con todos nós este empeño.

Que xa van varios anos de teatro con Mutis polo foro”!!!!