Mostrando entradas con la etiqueta docencia compartida na BE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta docencia compartida na BE. Mostrar todas las entradas

28/4/16

DOCENCIAS DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR E DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL NO IES VALADARES DE VIGO

Este curso tivemos a satisfacción de ser requeridas, unha vez máis, polo CEFORE de Vigo para impartir varias Docencias de Organización e Dinamización da Biblioteca Escolar, e de Formación de Usuarios da BE e Educación Documental. Desta volta foi no IES Ponteareas e no IES Valadares de Vigo onde compartimos experiencias coas compañeiras e compañeiros dos equipos de Biblioteca. Atopamos receptividade e intercambiamos pareceres sobre o funcionamento e a dinamización das súas Bibliotecas, onde xa levan facendo un traballo ben interesante.


Das docencias que fixemos en Ponteareas xa deixamos constancia nun post anterior, e agora o facemos con Valadares, para agradecerlles a todxs ter confiado en nós e ter aprendido xuntxs. Alí estivemos, os días 24 de febreiro e 19 de abril, Mercedes Yáñez Gil e Paula Fernández Bañuelos.


10/12/15

DOCENCIAS: COMPARTINDO EXPERIENCIAS NA BE.

O martes 17 de novembro tivemos a visita na nosa BE dun grupiño de profesores/as do IES Agustín Fernández Páz de Ponteareas, que viñeron a coñecela e a compartir connosco aspectos de organización e dinamización da biblioteca escolar para establecer as bases necesarias na súa biblioteca e, a a partir de aí, dinamizala, poder traballar por proxectos e ofrecer servizos óptimos. 


Queremos expresar que para nós é unha satisfacción ternos considerado unha BE de referencia, sendo unha boa motivación para seguir traballando e acadar unha actividade bibliotecaria atractiva, actualizada e de calidade.


Hai dous anos foron o IES Pedra da Auga de Ponteareas, o IES Santa Irene e o IES ROU de Vigo, os que nos demandaron varias docencias, a través do CEFORE de Vigo, para falar de "Organización e Dinamización da biblioteca escolar" e de "Formación de usuarios e alfabetización informacional na BE". Con anterioridade, foi no ano 2012, cando presentamos o "Caderno de Bitácora" ante os nosos compañeiros no Curso ABALAR, e despois tamén contamos ao IES Porto do Son a nosa experiencia co tratamento da información na REDE e como a traballamos a partir desa unidade didáctica (soporte exelearning).