Tamén len
O mércores, 3
de abril visitounos no Tamén Len Nacho
Patiño, veciño de Parderrubias que combina o seu traballo como Director dun
Centro Deportivo coa actividade de adestrador de balonmán. Cando se lle propuxo
participar, brindouse encantado xa que o unen ao noso centro tanto relacións
persoais como profesionais.
En primeiro lugar leunos os poemas Caminante,
Retrato e La Saeta do libro Campos de Castilla de Antonio Machado, seguidamente leunos un
fragmento do libro Jugar con el corazón de Xecho
Espar.
A lectura foi seguida dunha conversa co público, no
que se atopaban rapaces e rapazas que querían facerlle preguntas ao seu
adestrador. Contáronse anécdotas e falouse do deporte e da cultura do esforzo,
imprescindible esta última para acadar resultados.