9/12/23
NOVIDADES ÁLBUM ILUSTRADO
24/11/23
25 DE NOVEMBRO: LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis lembramos a importancia da lectura e da educación en valores para tentar loitar contra a lacra social que supón a violencia de xénero contra as mulleres. Todos e todas debemos seguir loitando en unión para que a igualdade, a tolerancia, o respecto e a razón sexan o mellor antídoto contra a discriminación e a violencia. Deixamos unha fotiño da nosa exposición.
15/11/23
NOVA EDICIÓN DO NOSO TAMÉN LEN
Hoxe tivemos unha sesión moi especial no noso Tamén Len de Novembro xa que recibimos a Martín Gestal, o noso profe de filosofía do ano pasado que compartiu con nós as súas lecturas de filósofos tan importantes como Sócrates. Fixemos reflexións moi interesantes e gozamos dunha agradable conversa. Grazas Martín por volver onda nós!!! Aquí van as fotiños do evento. 😊😊📕📕📔📖
13/11/23
SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE NOVEMBRO
Tras un comezo de curso apurado co traslado da biblio ao novo espazo comezamos por fin as sesións do club e despois da reunión incial do mes de outubro, para a posta en común deste curso e marcar novas lecturas e reunións, puidemos hoxe gozar dunha agradable xuntanza para compartir a nosa experiencia lectura coas obras hoxe propostas. No grupo de 1º e 2º (no que tamén temos algún alumnado de 3º) leron Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure, obra coa que puideron trasladarse aos campamentos de refuxiados saharauís e emocionarse coa historia de Kori e o seu camelo Caramelo. No grupo de 4º e 1º de BACH analizamos algúns relatos de Made in Galiza de Sechu Sende dos que o noso alumnadofixeron unha lectura moi produtiva. Aquí vai unha mostra das reunións. Boas lecturas e vémonomos na seguinte.
2/11/23
SAMAÍN E MAGOSTO
Celebramos no IES un ano máis o Samaín con diferentes concursos: calacús, receitas de outono e sobremesas. O Magosto está adiado ata que o tempo permita celebralo. Mentres deixamos aquí unhas fotiños para ilustralo. Bo Samaín.
25/10/23
NOVA ANDAINA DO NOSO TAMÉN LEN
Hoxe no recreo celebramos a primeira edición do noso Tamén Len deste curso. Visitounos o profe do Cole Altamira José González Couto e puido reencontrarse cos seu antigo alumnado que o recibiu con entusiasmo. Leunos uns contos da obra "Cuentos para quererte mejor" que nos fixeron reflexionar sobre a importancia de valores como o respecto, a tolerancia e a superación persoal. Moitas grazas por vir.
Deixamos fotiños da sesión. Ata o próximo Tamén Len.
24/10/23
DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e a seguir lendo.
23/10/23
PASIÑO A PASIÑO
25/9/23
NOVA ANDAINA 2023-24
8/6/23
ÚLTIMO TAMÉN LEN DO CURSO
Hoxe celebramos a última sesión do Tamén Len deste curso. Tivemos o pracer de contar coa visita da ex-profe de Lingua Castelá Sonia Freijeiro que desempeñou o seu labor docente durante 15 anos no noso centro. Tróuxonos unha interesante lectura "En la otra orilla" de Olga Alonso e lembramos con ela anécdotas do tempo que pasou no IES. Foi un pracer contar coa súa presenza e pechar así as sesións deste curso cunha das persoas que promoveron a creación desta interesante actividade do Tamén Len.
Aquí vos deixamos unhas fotiños que ilustran a sesión. Grazas Sonia.