016
Ao
longo deste 1º trimestre, e coroado pola exposición 016 que montamos dende a B.E.
e dende os Departamentos de Orientación e CC.SS. para conmemorar o
Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tratamos de abordar esta
tremenda problemática facendo visibles os feitos e analizando os factores que
parecen estar na súa orixe, tentando facer as reflexións necesarias, porque dun
xeito alarmante –como indican os datos sobre violencia machista en
adolescentes- cada vez son máis as xóvenes que se ven afectadas por este
conflito.
O
noso obxectivo é evidenciar dita
problemática de violencia e reforzar a educación na igualdade, na dignidade e no respecto para
contrarrestala. O traballo foi abordado con diferentes actividades nos catro
niveis da ESO.
Antes queremos salientar que dende as materias de Educación para a Cidadanía en 2º ESO e de Ética en 4º ESO, foi requerida e
valorada a participación do alumnado para recopilar as noticias de prensa que
foron saíndo nos diferentes medios nos últimos meses, e poder cubrir con elas
un muro extenso no corredor do noso institituto que nos mostrase claramente a sensación real de
estar ante o acontecer case diário de violencia machista que acaba, en moitos
casos, coa morte das vítimas. A idea era
a repetición, a cantidade, facela tan visible que nos asombrara a súa magnitude, o seu goteo
persistente, para darnos conta de que no fondo da nosa sociedade -aparentemente
avanzada- existe algo fundamental por resolver, que pasa pola revisión e
disolución do concepto de xénero e das relacións de dominio e as diferenzas que marca. Demostrouse o que
nos temiamos: que ían ser moi frecuentes, demasiado frecuentes estes feitos,
sobre os que escribimos con letras ben grandes –a xeito de selos profundos- os
conceptos: REXEITO-
DENUNCIO; e en lugar destacado o 016 como
indicación informativa onde acudir en caso de necesitar consello e axuda.
Unha
vez traballada e debatida nas aulas esta problemática entre adolescentes, as
conclusións ás que podemos chegar son:
- A positiva implicación, interese e sensibilización do
alumnado
- A aclaración de conceptos trastocados, como por exemplo
que, en xeral, os alumnos tiveran unha idea do feminismo relacionada co dominio
ou superioridade da muller con respecto ao home e o rexeitaran, namentres que
as alumnas tiñan máis clara a relación do feminismo coa busca da igualdade entre homes e mulleres. Non deixa
de ser preocupante a estas alturas comprobar esta de-formación do pensamento na maioría dos
rapaces.
- A constatación de que as materias de Ética en 4º e de
Educación para a Cidadanía en 2º, son necesarias porque constitúen unha parte
fundamental na súa aprendizaxe como persoas e na concienciación social ante a
igualdade, o respecto, a dignidade, o compromiso, etc.
- Non podemos
deixar de ser críticos e promover unha denuncia ante a perda e distorsión
destas materias na nova reforma educativa (LOMCE), onde podiamos ter o espazo e tempo necesarios para desenvolver estes contidos.
ACTIVIDADES
PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA
INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
“ A violencia
contra as mulleres deriva da desigualdade de poder entre homes e mulleres”. Inés Alberdi.
. ACTIVIDADES 1º ESO
OBXECTIVO: Sensiblilización sobre conceptos e valores
cara a construír unha sociedade en igualdade entre homes e mulleres e fometar o
bo trato entre parellas novas.
ACTIVIDADE . XOGO DE CONCEPTOS.
ACTIVIDADE. VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA . “Diario de Laura”.
Lipdub . “ AMOR SE ESCRIBE CON BUENOS TRATOS”.
“DATAS E DATOS
PARA LEMBRAR EN PÉ DE IGUALDADE...E NON ESQUECER O RESTO DO ANO.” M.
Oliveira Malvar.
COORDINACIÓN: Orientación e Titoría
. ACTIVIDADES 2º e 3º ESO
OBXECTIVO: Sensibilización do
alumnado e profesorado partindo da análise da realidade a través de noticias da
prensa expostas no corredor e outras seleccionadas previamente polo
profesorado. O tema central é a visibilización do incremento do maltrato entre
adolescentes que perpetúan patrones sexistas. Como identificar estes sinais e a
petición de axuda.
2º ESO
ACTIVIDADE
En parellas escoller unha
noticia da exposición “O16” e expoñela aos compañeiros e compañeiras da clase.
3º ESO
ACTIVIDADE
En 3º curso da ESO estase seguindo o Programa de Mª
José Urruzola “ Aprendendo a amar dende a
aula” dende unha perspectiva coeducadora. Esta está integrada no Programa.
Análise, comentario e debate na aula das noticias:
“ La violencia
machista sobrevive en los jóvenes” El Pais.“Víctimas del machismo a los 15” El País.
SECUENCIACIÓN : 2 OU 3 SESIÓNS DE TITORÍA.
-Engadir que en Educación para a Cidadanía comentarán
a curtametraxe de Icíar Bollaín “Amores que matan”, ademais doutras
actividades relacionadas.
COORDINACIÓN: Biblioteca, Educación para a ciudadanía,
Orientación e Titoría.
. ACTIVIDADES
4º ESO
OBXECTIVO: Sensibilización e anáise das orixes e
manifestacións dos signos de violencia de xénero. Figura do maltratador e da
vítima.
ACTIVIDADE
Visionado da película “Te doy mis ojos”de Icíar Bollaín.
Desenvolvemento da Unidade Didáctica.
-Engadir que en Ética traballamos a fondo o tema da Violencia de Xénero, analizamos e comentamos artigos de prensa e contribuímnos a traer retallos de prensa para a exposición 016.
COORDINACIÓN: Biblioteca, Ética, Orientación e Titoría.
LIBROS RECOMENDADOS:
-ÁLVAREZ, Blanca. El puente de los cerezos. Madrid, Anaya, 2012.
-LIENAS, Gemma. O diario violeta de Carlota.Vigo, Galaxia, 2011
-LIENAS, Gemma. El diario azul de Carlota.Barcelona, El Aleph, 2010.
-LÓPEZ SALAMERO e CAMERO SIERRA, Myriam. La cenicienta que no quería comer perdices. Barcelona, Ed. Palneta, 2009.
-OLIVEIRA MALVAR, Mercedes.Datas e datos para lembrar en pé de igualdade...e non esquecer o resto do ano.Vigo. Concello de Vigo, 2011.
-SOUTO, Sonia. Aprendendo a previr a violencia de xénero.Vigo, A Nosa Terra, 2007.
-YOUSAFZAI, Malala e LAMB, Christina. Yo soy Malala. La joven que defendió el derecho a la educación y fue tiroteada por los talibanes. Madrid, Alianza Editorial, 2013.