21/6/15
CONTACONTOS: COLABORANDO CO "CRA DA REVOLTA" NUN TAMÉN LEN ESPECIAL
Etiquetas:
animación á lectura,
as Ciencias e Letras,
colaboracións,
contacontos,
CRA,
tamén len
18/6/15
PRESENTACIÓN DUN LIBRO: UN MUNDO QUE NO VI. SUSANA MACEIRA QUINTEIRO
O mércores 27 de maio organizamos unha actividade coa intención de presentar un novo libro e promover a súa lectura da man da súa autora, Susana Maceira Quinteiro. Libro publicado en Bos Aires e que se titula "Un mundo que no vi". O profesor de CCSS Xoán G. Leirós foi o presentador do acto, aludindo con imaxes e palabras ao contexto histórico e ao feito da emigración que tanto condicionou a realidade galega; el mesmo fai a seguinte crónica:
A emigración das mulleres: unha
historia familiar
Moi grato foi recibir a
visita de Susana Maceira, autora galego-arxentina, nacida na emigración,
residente en Buenos Aires. Escritora tardía, só coa xubilación como profesora
de historia se aventurou no relato da memoria familiar, que abrangue todo o
século XX, homenaxeando as afoutes mulleres –bisavoa, avoa, nai- de Beiro
(Carballeda de Avia, Ourense) que atravesaron o Atlántico. Vidas de mulleres de
orixe campesiña, pero tamén retrato rural e cruzado dos anos da Guerra Civil:
fuxidas, denuncias, persecucións, cárcere... para rematar na definitiva
emigración dunha gran parte do grupo familiar, que atopou na capital do Sur o
futuro e a paz que lles faltaba aquí. Unha narración que emociona.
Viva, suxerente e engaioladora resultou a súa
intervención, amosándonos a valentía das mulleres, a capacidade resolutiva, as
situacións e incentivos que as moveron; evocando sufrimentos, encontros e
reencontros; lembranzas amorosamente transmitidas; admiracións e rechazos.
A visita serviu para que as nosas alumnas, os nosos
alumnos, avivaran os tizóns nos que callaron as historias familiares nesta
terra tan emigrante do val do Caselas, e as recolleran íntegras e sorprendentes,
transformándose co descobrimento asombrado do pasado dos seus.
Moitas grazas, Susana Maceira.
Etiquetas:
actividades,
animación á lectura,
migracións,
muller,
presentación dun libro,
Susana Maceira Quinteiro
10/6/15
EXPOSICIÓN DE LIBROS "AS CIENCIAS E AS LETRAS"
Nestes meses de abril a xuño temos expostos libros relacionados coas Ciencias. Unha vez máis puxémoslle "patas á Calixtina" e mostramos en diferentes puntos da biblioteca e no corredor, o que tiñamos no noso fondo bibliográfico, coa finalidade de promocionar lecturas atendendo ao lema que nos guiou este curso: "As Ciencias e as Letras".
O cartel insiste en que os libros están expostos para poder ser collidos en empréstito e animar así a todxs a achegarse a temáticas que poden ser diferentes para algunhas persoas ou habituais para outras. Como sabemos, sobre gustos...
Por certo, lembrade que facemos empréstito tamén para ler no verán!!!!
Etiquetas:
animación á lectura,
as Ciencias e Letras,
exposicións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)