O xoves, 30 de novembro, estivo con nós, no "Tamén Len", Roberto Oliveira, un percusionista, nado en Salceda, que, como outros e outras salcedienses, ten unha dilatada carreira profesional na música. Tanto a nivel de estudios (Paises Baixos e Irlanda), como de composición e interpretación.
Roberto acaba de presentar un novo traballo "Diáspora", adicado á emigración.
Trouxo con el un dos seus libros favoritos: "El árbol rojo" de Shaun Tan.
Un fermoso libro tanto a nivel de texto como de imaxes.
No coloquio respostou a numerosas preguntas sobre os seus inicios na música na Banda de Salceda, os seus extensos estudios musicais e diversas vivencias persoais.
Se queres velo en directo, podes picar neste enlace
Recibímolo cunha actuación de Dani, alumno do instituto. Quen sabe se un próximo percu-sionista internacional de Salceda de Caselas?
Porque Salceda é música.
11/12/17
24/11/17
Contra a violencia de xénero.
Este venres, 24 de novembro de 2017, o instituto participou activamente na campaña "Salceda en negro", convocada polo Concello, en contra da violencia de xénero.
Primeiro fixemos unha concentra-ción no pavillón do insti, porque chovía e non poidemos facela no patio, como inicialmente estaba previsto, con roupa negra e portando carteis con lendas referentes ao día.
Lemos un manifesto no que se indicaba a ser activas e activos na loita contra esta terrible violencia.
Máis tarde, unha representación do alumnado e profesorado, baixamos á praza do Concello para participar na concentración que alí tivo lugar e onde se leron manifestos por parte da representación institucional e, tamén do Colexio Altamira e do noso Instituto Pedras Rubias.
Sentímonos moi orgullosas e orgullosos de participar, con toda a sociedade de Salceda, nestes actos porque é asunto de todas e todos.
22/11/17
Carlos Álvarez no "Tamén len"
O venres, 17 de novembro, visitou o instituto o arquitecto Carlos Álvarez, no programa "Tamén Len"
Autor da reforma do edificio do vello Concello, hoxe, biblioteca municipal, Carlos é un porriñés de nacemento que, dende hai anos, vive en Salceda coa súa familia.
Na súa charla, que foi moi amena, lembrounos a oportunidade de achegarse á lectura a través das letras das cancións e os discos.
A súa escolla foi a dun dos seus grupos favoritos: Love of Lesbians.
Mais, tamén, falamos do antroido, unha das paixóns de Carlos; de arquitectura; da necesidade de aprender a ser cidadáns críticos e informados; do deporte, como actividade ideal para osixenar o cerebro; e moitas outras cousas.
Como sempre acontece, o tempo do recreo fíxose escaso e quedamos con ganas de continuar falando e escoitando.
Autor da reforma do edificio do vello Concello, hoxe, biblioteca municipal, Carlos é un porriñés de nacemento que, dende hai anos, vive en Salceda coa súa familia.
Na súa charla, que foi moi amena, lembrounos a oportunidade de achegarse á lectura a través das letras das cancións e os discos.
A súa escolla foi a dun dos seus grupos favoritos: Love of Lesbians.
Mais, tamén, falamos do antroido, unha das paixóns de Carlos; de arquitectura; da necesidade de aprender a ser cidadáns críticos e informados; do deporte, como actividade ideal para osixenar o cerebro; e moitas outras cousas.
Como sempre acontece, o tempo do recreo fíxose escaso e quedamos con ganas de continuar falando e escoitando.
Paula Vila no "Tamén Len"
O 24 de outubro, visitounos, no "Tamén len", Paula Vila, a profesora de música do colexio Altamira.
Leunos o libro "A banda de Vilacendoi"
Foi un día de festa voltar a tela con nós, agora que estamos no instituto e non temos tantas posibilidades de vela
Que mellor que recibila con música?
A música sempre foi a mellor tarxeta de visita de Salceda.
Por iso, a visita de Paula foi coma unha doce melodía.
Leunos o libro "A banda de Vilacendoi"
Foi un día de festa voltar a tela con nós, agora que estamos no instituto e non temos tantas posibilidades de vela
Que mellor que recibila con música?
A música sempre foi a mellor tarxeta de visita de Salceda.
Por iso, a visita de Paula foi coma unha doce melodía.
Diplomas ao voluntariado da biblioteca
O labor da biblioteca sería imposible sen a aportación diaria, nos recreos, do grupo de voluntariado.
En proba de gratitude, a comunidade escolar do instituto, representada por Chefa, a directora, e Ángeles, a bibliotecaria, fíxolles entrega a cada unha delas dun diploma acreditativo do seu compromiso.
Como podedes comprobar, pola foto, as mulleres son un piar imprescindible no que acontece, non só na biblioteca, senón en todo o instituto.
Grazas, mozas!!
En proba de gratitude, a comunidade escolar do instituto, representada por Chefa, a directora, e Ángeles, a bibliotecaria, fíxolles entrega a cada unha delas dun diploma acreditativo do seu compromiso.
Como podedes comprobar, pola foto, as mulleres son un piar imprescindible no que acontece, non só na biblioteca, senón en todo o instituto.
Grazas, mozas!!
14/7/17
A nosa nova mascota
Despois de varios anos nos que Cali era a nosa mascota da biblioteca Calixtina, o encargado de mirar polos nosos tesouros de papel, e de animar ao noso alumnado a que se deixasen apaixoar pola lectura; dende este mes de maio ten nova compaña, trátase dunha galiña azul, de máxicos ovos de cores, pero non é unha galiña calquera, xa que está inspirada na creación de Carlos Casares, e xa é unha actriz experimentada, pois leva recorridos os escenarios das princiapales escolas de Salceda, actuando conxuntamente cos membros do club de lectura "Os siareiros da palabra". Ademais do teatro, e da lectura, gusta de comer herba nos arredores do instituto.
Exposición: MAPAS / CARTOGRAFÍA (Cuarta parte)
Etiquetas:
1617,
base de exploracións,
mapas
Exposición: MAPAS / CARTOGRAFÍA (Terceira parte)
SEGUNDA PARTE:
O MAPA
TOPOGRÁFICO NACIONAL
O mapa topográfico é o mapa base dun país. Está feito en escalas grandes:
1:50000 e 1:25000. Nel recóllese unha
amplísima e detallada información sobre o territorio que abrangue os detalles
de situación (latitude e lonxitude precisas; proxección e coordenadas UTM),
altitude sobre o nivel do mar e orografía (sinaladas coas curvas de nivel),
cursos de auga grandes e pequenos, edificacións e espazos urbanizados, usos do
solo, límites administrativos, estradas, ferrocarril, toponimia, etc. As explicacións seguintes están referidas ao mapa 1:25000.
1.COORDENADAS
DE LATITUDE E LONXITUDE EN GRAOS, MINUTOS E SEGUNDOS.
2.PROXECCIÓN UTM
(UNIVERSAL TRANSVERSA DE MERCATOR
Etiquetas:
1617,
base de exploracións,
mapas
13/7/17
Exposición: MAPAS / CARTOGRAFÍA (Segunda Parte)
3.
A CARTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA: TRIANGULACIÓN, NOVAS PROXECCIÓNS,
CURVAS DE NIVEL
TRIANGULACIÓN
Método matemático
para determinar a posición exacta dun punto mediante as súas coordenadas, a
partir duns puntos coñecidos chamados vértices xeodésicos, que se sitúan nas
cumes dos montes para poder verse uns
dende outros. Así, cuns aparellos chamados teodolitos mídense os ángulos entre
as visuais, e tendo medida con moita exactitude unha liña base sobre o terreo,
pódense calcular por trigonometría
tódolos lados dos triángulos.
OS CASSINI
No século XVIII a familia
Cassini realizou o primeiro mapa baseado na triangulación xeodésica e o
primeiro mapa nacional (Francia) completado sistematicamente, seguindo un
encargo do rei Luís XV.
Etiquetas:
1617,
base de exploracións,
mapas
Exposición: MAPAS / CARTOGRAFÍA (Primeira parte)
MAPAS//
//CARTOGRAFÍA
LIMIAR:
XEOGRAFÍA, CARTOGRAFÍA, MATEMÁTICAS
A ciencia e a técnica de
elaborar mapas é a cartografía. Actualmente a maioría das persoas cando
pensamos en mapas asociámolos cos xeógrafos. Sen embargo, a cartografía
científica foi máis ben obra de matemáticos e enxeñeiros ca de xeógrafos,
carentes estes en xeral, e ata a actualidade, da formación adecuada. Os
xeógrafos acostuman máis ben a realizar mapas temáticos ou derivados a partir
dos mapas científicos.
PRIMEIRA
PARTE:
BREVE HISTORIA
DA CARTOGRAFÍA
1
ORIXES:
IDADE ANTIGA
E
IDADE MEDIA
ERATÓSTENES
(c.275 a.C.-194 a.C.)
Tratou de representar o
mundo coñecido naquela altura polos gregos (Europa, norte de África, oeste e
sur de Asia) empregando por primeira vez unha rede de paralelos e meridianos
que se cruzaban en liña recta. O paralelo máis importante pasaba polo estreito
de Xibraltar e a illa de Rodas, onde se cruzaba co principal meridiano. Mediu
por primeira vez a circunferencia da Terra de xeito bastante aproximado.
O mapa de Eratóstenes non se
conservou. O que aquí ves é unha reconstrución baseada en descricións moi
posteriores á súa época.
Etiquetas:
1617,
base de exploracións,
mapas
7/7/17
Medición topográfica
Relacionado co lema deste ano da Biblioteca "Base de exploracións", a partir da exposición de cartografía que organizamos, os departamentos de matemáticas e ciencias sociais organizaron unha saída ao Faro de Entenza o xoves 18 de maio para explicar como se realizan as medicións topográficas. Contamos coa colaboración desinterada dun topógrafo de Salceda, Julio, quen con tanta sabiduría e interés nos ilustrou nas técnicas de medición, facendo unha demostración aos
alumnos cos aparatos topográficos e xeodésicos: estación total, GPS, teodolito.
Ademais realizouse unha pequena explicación sobre triangulación e vértices
xeodésicos. Os alumnos de 4º da ESO que realizaron a saída puideron tomar contacto cunha actividade
profesional e cun instrumental que podería suscitarlles interese ou
curiosidade.
Etiquetas:
1617,
base de exploracións,
cartografía
30/6/17
O xogo da guerra
O venres 23 de xuño
foi a actuación do grupo de teatro escolar do instituto, “Mutis polo foro”, que
un anos máis, en dobre sesión actuou o último día do curso para mostrar os
ensaio de todo un curso nese acto final. Este ano sumáronse ás representacións
o club de lectura “Siareiros da palabra” que andiveron a preparar unhas
versións das obras infantiles de Carlos Casares, no ano que se lle adicou o día
das Letras Galegas, e que xa representaran previamente ao alumnado de 6º de
primaria e aos nenos de infantil dos colexios de Salceda.
A obra tomou o
título precisamente dun relato de Carlos Casares titulado “O xogo da guerra”,
homenaxeando por un lado a Casares e recollendo por outro o eixe arredor do cal
desenvolvemos as distintas obras do grupo de teatro: a violencia, nas súas
distintas variantes. Por unha banda tratamos o tema do integrismo relixioso
mediante a representación de “A matanza dos inocentes” de Darío Fo, por outro aventurámonos
cun monólogo no que tratamos o tema da violencia de xénero, con outro título do
italiano Darío Fo: “A muller soa”. Finalmente tratamos o tema do maltrato por
cuestións política cunha adaptación da obra “Pedro e o capitán” de Mario
Benedetti.
Unha combinación de
obras infantiles e outras que trataban o tema da violencia que fixeron da
representación deste ano todo un reto para o noso alumnado, que obtivo
finalmente un moi meritorio resultado.
22/6/17
Tamén len... en xuño con Mª José e Luis Alonso
O 19 de xuño tivo lugar a última sesión do Tamén Len do curso 2016/17, e segunda do mes, xa que este fin de curso foi tempo de visita de xente querida, de profes moi queridos. Se na sesión anteior foran as profes do departamento de Galego as asistentes, nesta caso misturáronse os departamentos de Matemáticas e Educación Física. Unha sesión moi completa onde letras, mates e exercicios físicos ocuparon a nosa Calixtina.
ESCOITAR LECTURA
A primeira en ler foi María José que nos ofreceu un fragmento de "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz, onde recordando vellos tempos, falounos de amores adolescentes, que tanto captou a atención do noso alumnado, especialmente interesados no tema.
ESCOITAR LECTURA
A primeira en ler foi María José que nos ofreceu un fragmento de "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz, onde recordando vellos tempos, falounos de amores adolescentes, que tanto captou a atención do noso alumnado, especialmente interesados no tema.
Despois chegou o turno de Luis Alonso, que considerou oportuno facer unha serie de estiramentos antes de comezar a lectura. "Tempo de bebidas isotónicas e fast-food" de Alex Alonso foi o seu texto escollido onde relatou a experiencia dos xubilados que entran en contacto coas novas tecnoloxías, convertindo a experiencia nunha visión cómica deste mundo tan próximo aos adolescentes e as veces tan complicado para os seus avós/as.
Tras un interesante coloquio onde os convidados nos falaron das súas novas vidas chegou o momento emotivo cando todo o alumnado presente cantoulle o "cumpre anos feliz" a Luis Alonso no día da súa celebración.
14/6/17
Visita de Defreds
O martes 6 de xuño tivemos a visita do escritor Jose a. Gómez Iglesias, coñecido literariamente como Defreds. Un dos autores de maior éxito de ventas nos últimos anos, feito que se constata sabendo que a fin de semana anterior e posterior a visitarnos non paraou de firmar exemplares na Feira do Libro de Madrid.
Pese a súa curta idade xa son tres os libros publicados: "Cuando abras le paracaídas", "Casi sin querer" e o último, publicado fai apenas uns meses, "1775 calles", título que fai referencia as rúas de Vigo.
Durante o terceiro trimestre o alumnado de 4º da ESO andiveron a traballar este último libro dende a materia de Lengua y Literatura castellana, analizando os seus textos criticamente, reflexionando sobre os temas que alí se tratan, tan do gusto adolescente, e a partir deles tamén foron xurdindo unha serie de preguntas que se lle trasladou ao autor o día que nos visitou.
A acto foi moi cálido, acompañandonos ao longo da charla algúns dos temas musicais (Andrés Suárez, Perez, Fredi Leis, Bely Basarte...) que vai citando ao longo do libro. Jose estivo en todo momento amabilísimo co noso alumnado, contestando pacientemente todas as cuestións, tanto literarias como persoais que foron xurdindo.
Unha auténtica marabilla poder falar de literatura cun dos autores de máis éxito actuais, e que tan ben sabe conectar coas inquietudes dos nosos rapaces.
Etiquetas:
1617,
autores literatura castelá
9/6/17
O club de lectura representando a Carlos Casares
O xoves 1 e o
venres 2 de xuño o club de lectura do IES Pedras Rubias desprazouse até as
escolas das distintas parroquia para representar a versión de A Galiña Azul que
levabamos preparando durante os meses anteriores. O xoves 1 fixemos catro
representacións no Cra Raíña Aragonta de Salceda. Asistiron todos os alumnos/as
de infantil. O venres 2 realizamos catro
novas representacións, desta volta, tivemos que andar ás présas coa nosa
“galiña azul”, dunha parroquia a outra: Budiño, Picoña, Barreiro e Parderrubias,
foron os puntos onde o noso alumnado fixo gala da súa arte.
Unha experiencia
moi gratificante para os membros do noso club que ademais da experiencia da
actuación viviron momentos intensos no contacto cos cativos e cativas das
distintas escolas.
Por outra banda, o
mércores 7, o outro grupo do Club de lectura representou unha versión de “A
laranxa máis laranxa de todas as laranxas” para o alumnado de sexto de primaria
do colexio Altamira, que neste día viñeron visitar o que será o seu novo centro
o vindeiro curso. Despois de moito traballo a representación foi todo un éxito.
O camiño do Club de
lectura deste curso remata o vindeiro venres 23 de xuño na que representaran
estas obras, conxuntamente coas obras do grupo de teatro do instituto, Mutis
polo foro, no acto de despedida do curso, no que un ano máis o teatro é o
protagonista no peche deste curso escolar.
Etiquetas:
1617,
carlos casares,
club de lectura,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)