Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas cun progama de radio especial no que alumnado do noso equipo de voluntariado e club de lectura leu textos do noso cancioneiro popular. Ademais acompañamos o recitado con música en galego que mesturan en moitos casos a tradición e a modernidade. Podedes ver o programa completo na nosa canle de youtube Onda Raia Pedras Rubias. Aquí vos deixamos o enlace: Día das Bibliotecas
24/10/24
24 de outubro: Día das Bibliotecas
14/10/24
NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
Tivemos hoxe unha nova sesión do club de lectura na que comentamos dúas obras teatrais: A derradeira bala e O achado do castro. Comentamos os seus argumentos e personaxes e dramatizamos algunhas escenas. Son obras que gustaron moito e que axudaron a que o alumnado vaia descubrindo o xénero teatral desde outra perspectiva. Agardamos unha próxima reunión pronto.
HOMENAXE A BEGOÑA GIL GONZÁLEZ
9/10/24
RETOMANDO CLUB LECTURA E TAMÉN LEN
Estamos de novo en marcha e retomando as nosas citas lectoras. Realizamos a primeira reunión do club de lectura o 30 de setembro na cal decidimos comezar lendo teatro xa que este curso a Biblioteca Escolar sae a escena! A rapazada de 1º e 2º ESO leu O achado do castro, un clásico de Manuel Núñez Singala e os de 3º e 4º A derradeira bala de Fernando Castro Paredes, obra gañadora do Premio Vidal Bolaño de Teatro, un premio convocado pola Editorial Galaxia e o equipo de dinamización lingüística do IES Ribeira do Louro e colaboración do Concello do Porriño desde o ano 2018.