11/2/09
Finis Mundi
3/2/09
Concurso “101 palabras de amor”
Pero…de onde vén esta tradición? Para os que non o saibades, e ao contrario do que pensan algúns, S.Valentín non é unha festa puramente comercial.
Esta tradición remóntase moi atrás na antiga Grecia.
Daquela existía unha lei que prohibía aos fillos e fillas casar sen o consentimento do pai, que normalmente os casaba sen pedirlle opinión á rapaza ou ou ao rapaz. Existía entón un cura que casaba clandestinamente ás parellas sen consentimento do pai, que non podía desfacer o matrimonio dado que o divorcio estaba prohibido. Este cura, chamado (como non) Valentín, vivía agochado e foi severamente castigado coa morte en canto o atoparon. Máis tarde foi nomeado santo. En canto ao 14 de febreiro, dise que foi o día do seu pasamento.
Por iso o noso instituto decidiu facer unha actividade para conmemorar este día tan especial.
Dende ¡XA! e ata o día 20 de febreiro poderedes participar no concurso para gañar… UNHA CEA ROMÁNTICA!!
Deberedes entrar no COMENTARIO desta entrada e escribir un texto sobre o amor que debe ter unha extensión de 101 palabras como máximo (non ten mínimo pero … non sexades vagos/as!!). Ao rematar de escribila, asinaredes cun pseudónimo (un nome orixinal que non sexa o voso, por exempo, Romeo). Despois tedes que entregarlle a Susana, a profe de galego, un sobre cos vosos datos (nome e curso) e por fóra o pseudónimo co que participades no concurso.
Xa sabedes, sacade o voso enxeño literario e participade… ou é que tendes medo??
Pasade un feliz San Valentín e non esquezades pór algo vermello ese día!!.
Os maqueadores/as do blog.
29/1/09
Visitade co alumnado de 4ºESO Padrón e Cambados
15/1/09
Que sabes de sexo? Os diarios vermellos de Carlota e Flanagan.
Carlota coñece na estación do metro a Flanagan, e comezan a falar. Carlota dille que vai comezar un diario vermello, onde porá as súas ideas, experiencias e esperanzas sobre a sexualidade. Flanagan decide escribir un el tamén, para ó rematalo intercambialo e comparar dúbidas e aprender xuntos. Pero a situación sáese de nai, e o que comezara como unha relación marcada por ese eixo, axiña se torna unha relación con forte cargasentimental, cos problemas que iso conleva.
Máis alá da trama, o libro tamén serve de manual. Fala extensamente de métodos anticonceptivos, tendencias sexuais, enfermidades de transmisión sexual, e da relación entre o sexo e o amor.
Ademais do diario vermello que aquí propomos (sobre sexualidade), Carlota escribe outros con distintos temas: o azul (sobre violencia de xénero) ou o violeta (sobre a situación da muller no mundo actual), mención de honor da Unesco no 2003.
Podedes consultar a obra completa da autora, opinións, premios, etc en http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/lienas/index.html
Se queredes afondar no tema da sexualidade, recomendamos unha páxina que está á vosa disposición para asesoramento afectivo-sexual para a mocidade: http://www.querote.org/. Nela tedes unha completa guía sobre sexualidade, anticoncepción, saúde ou orientación sexual, con información e a posibilidade de facer preguntas anónimas. Tamén podedes visitar www.alecrin.org/centroxove/centroxove.html.
20/12/08
18/12/08
Felicidades, constitución!
Esta actividade organizouna o departamento de C.C.S.S e o alumnado do Instituto.
Os rapaces/as de 2º E.S.O realizaron coa nova profesora Silvia carteis sobre os dereitos humanos. Os de 1º E.S.O colaboraron recollendo testemuñas das persoas maiores sobre como se sentiron cando morreu Franco dirixidos polo profesor Adrián. Por último os de 3º E.S.O realizaron carteis do Estatuto de Autonomía e da Constitución co profesor Xoán e mais Adrián. Nós, alumnos/as de 4ºESO,que estamos estudando o século XX, imos facer entrevistas aos nosos avós/as ou a algunhas persoas maiores que teñamos a man sobre as reaccións á morte de Franco, golpe de Estado do 23F… A intención é que coñezamos e, sobre todo, PENSEMOS o significado da Constitución e o seu contexto.
Como podedes observar, no corredor de arriba do noso Instituto en cada parede colocáronse carteis, mapas, debuxos, fotografías… que explican o período histórico de antes e despois do 36, os 30 anos da Constitución, así como o aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia e a Declaración dos dereitos humanos. Un excelente traballo que nos serviu para entender mellor o noso pasado. Moitas grazas ao Departamento de CC.SS. e … que sigan así!!
Carla e Saray
4/12/08
Made in Galiza, unha lectura ... DIFERENTE
INSTRUCCIONES PARA APRENDER A HABLAR EN GALLEGO
Welcome to the best method to learn Galician! Bienvenu à la meilleure méthode pour apprendre le galicien! El primer paso que debería dar la persona que pretenda empezar a hablar gallego es sacarse una fotografía tamaño carné para tener un recuerdo de cómo era antes de saber hablar gallego...
Made in Galiza, páx. 36
Instrucións para empezar a falar galego, prospecto médico da lingua galega, un método de autohipnose para falar a nosa lingua sen prexuízos, un relato que é unha soa frase... A imaxinación e o humor retranqueiro sobrancean por todo o libro de Séchu Sende, lectura escollida para o alumnado de 3º ESO nesta primeira avaliación. É un libro atrevido, rebelde... diferente.
Achégate á nosa realidade lingüística da man de Séchu Sende e opina ...
3/12/08
Unha de vampiros...Saga Crepúsculo

Pregunteille con curiosidade polo título do libro que obrara a milagre: "Crepúsculo"
2/12/08
Entre Juanes anda el juego (o de Juan Gelman a Juan Marsé)
La tarde-noche está diluviana y quiero soltar este portátil de mi hija que no tiene ni rato. Lamento no recordar la letra, pero sí la música de una frase de Marsé: Mi mayor deseo es vivir siempre un amor imposible. De acuerdo, don Juan.
29/11/08
Centos de citas, un punto de encontro II
1.- "Cuando te aburras y no sepas que hacer, coge un libro y empieza a leer" Jessy 2ºD
2.- "Los libros nos dan consejos que no se atreverían a darnos nuestros amigos" Nuria 2ºB
3.- "A biblioteca é como unha hipoteca, nunca se acaba" Richi 2ºA
4.- "Hai algo no fondo do pasillo que ninguén sabe que é porque a maioría da xente non vai nin a ler" Ernesto 2ºD
5.- "Si te gusta la biblioteca no vayas a la discoteca" Helier 3ºA
6.- "El hombre que no lee no tiene ninguna ventaja sobre el que no sabe leer" Javier Comesaña 3ºA
7.- "No hay dos personas que lean el mismo libro" Mauricio 2ºB
8.-"El niño del pijama a rayas: en Lemos 12 €, en Semel 15 €, en nuestra biblioteca no tiene precio" Yaisha 2ºD
9.- "Lee y conducirás, no leas y serás conducido" Jorge 2ºC
10.- "Non hai mellor nave que un libro para viaxar lonxe" Emily Dickinson. Borja 2ºA
11.-"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera, olvidado un alma que perdona, destruído un corazón que llora" Estefanía 1ºB
12.- "Si viajas a un rincón lleva un libro y te alegrará el corazón" Lois 1ºB
13.-"Un libro es como un viaje, se comienza con inquietud y se termina con melancolía" Nerea 1ºC
14.- "Hai moitos libriños e poden ter moito valor, pero para ti lelos tencho que mandar un profesor" Anónimo 3ºB
15.- "La biblioteca del colegio es como un paragüas sólo se usa cuando llueve" Diego 4ºB
16.- "Un libro é unha porta aberta á cultura, coñecemento, sabedoría e sobre todo ilusión" Josue 2ºB
17.- "A biblioteca é un lugar, ler unha acción e sen lectura ninguén son" Rosana 3ºB
18.- "Ningún amor muere, sólo cambia de lugar en la memoria" David 4ºB
19.- "Canto máis pobres son as palabras, máis pobre é a vida" Kevin 2ºA
20.- "A ninguna princesa se le cae la corona por ningún principe" Elba 4ºC
21.- "Si la vida te da mil razones para llorar, demuestra que tienes mil y una para soñar! Haz de tu vida un sueño y del sueño una realidad" Miriam 4ºB
22.- "La felicidad no se logra con grandes golpes de suerte que pueden ocurrir pocas veces, sino con pequeñas cosas que ocurren todos los días" Lucía 2º C
23.- "Un viaje de mil millas empieza por un solo paso" Sergio 3ºC
24.- "Si alguien ama a una flor de la que sólo existe un ejemplar en millones de estrellas, basta que las mire para ser dichoso. Puede decir satisfecho: mi flor está allí, en alguna parte" Julio 4ºC
23/11/08
Día contra a violencia de xénero
Para máis información podes consultar as seguintes páxinas:
Páxina de Alecrim: http://www.alecrin.org/
Páxina de igualdade da Xunta de Galicia: http://www.igualdadegaliza.org/
Rede de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade: http://querote.org/
Xunto con algúns teléfonos:
Atención a mulleres: 900 400273
Garda civil: 062
Policia Local: 092
Policia Nacional: 091
Emerxencias:112
Urxencias:061
21/11/08
Centos de citas, un punto de encontro.
A partir de agora, iremos colgando no blog unha selección de ditas citas, xunto cunha enquisa para que votedes ás vosas favoritas. Non vos esquezades de participar!
20/11/08
O Taller de Prensa inicia a súa andaina
Este curso 2008-09 todos os membros da comunidade educativa do IES Pedras Rubias imos gozar dunha información actualizada e veraz do que acontece ao noso redor grazas ao alumnado que participa na optativa “Taller de prensa”.
Nesta materia os alumnos e alumnas comportámos como periodista e facémonos unha idea, a pequena escala, do que é esta profesión. O noso traballo diario consiste en recoller noticias acontecidas no instituto e na vila para despois facer unha publicación.
“O niños dos carrizos” é unha delas, que verá a luz dúas veces por trimestre. Tamén contaremos cun par de especiais, o do entroido e a revista fin de curso, Atdp (As tamacas de pau), na que coa axuda de Susana, a profe, somos os encargados de redactar, maquetar…
Tamén pensan participar coa axuda dos alumnos/as de 3ºD na VIII edición O país dos estudantes, concurso a nivel nacional de publicacións estudiantís, no que o noso Instituto xa concursou en dous anos anteriores.
19/11/08
Bautizo da biblioteca II
Ciencia-ficción: A noite dos tempos de R. Barjavel
Orixinalmente foi escrita en francés (La nuit des temps, éd. Pocket) Non atopei tradución ao galego pero si en castelán ( Edicións Ultramar). Tamén podemos descargala gratuitamente no ordenador dende os seguintes enlaces:
http://www.esnips.com/doc/12e0859f-8032-461b-8d64-494bb47b1d30/Barjavel,-Rene---La-noche-de-los-tiempos-pdf
http://cahuinweb.com.ar/sololibros/wp-content/uploads/2007/04/barjavel-rene-la-noche-de-los-tiempos.pdf

