20/2/17
Día de Rosalía
Etiquetas:
concurso,
marcapáxinas,
rosalía
9/2/17
27 de febreiro de 2007
Pronto fará dez anos, o 27 de febreiro, que iniciamos o camiño
mensual da lectura cunha das actividades máis apreciadas do noso
instituto, o Tamén Len: un invitado, de todos os ámbitos da sociedade
salcedense, que cada mes, dende hai dous lustros, nos visita na
Calixtina, durante o tempo de lecer, para compartir co noso alumnado o
pracer da lectura.
Data tan significativa merecía unha
celebración grandiosa. Levamos semanas traballando nese acto que terá
lugar o vindeiro mércores 15 de febreiro. E xa temos invitados/as!!!
Tamén len... con Leticia
O xoves 26 de xaneiro tivemos unha sesión do
Tamén Len... moi musical, cunha invitada
moi elegante. Leticia Calvo, exalumna de Altamira, psicóloga de profesión, e
filla do noso querido excompañeiro e primeiro bibliotecario da Calixtina, Jose
Luis Calvo.
Leticia apareceu elegantemente vestida de
negro con sombreiro, imitando o estilo do mítica cantante americano Frank
Sinatra, descoñecido para a maioría dos nosos alumnos/as. A sesión comezou,
como non, coa música de Frank. Despois da presentación de rigor Leticia leunos
fragmentos da biografía de Frank
titulada “Sinatra. A su manera” de J. Randy Taraborrelli na que relatou
distintas anécdotas do cantante en relación coa fama. Algunhas das súas fans
ate recollían pisadas do cantante na neve. Este libro comprouno sendo ben nova
Leticia, xa que de adolescente comezoulle a paixón pola cantante americano.
Despois da lectura abrimos unha quenda de intervencións na que lles plantexaron
distintas cuestións a nosa invitada: algunhas relacionadas coa súa época de estudante,
outras co seu traballo de psicóloga e moitos máis temas.
Leticia tamén se animou co canto e deleitounos
coa súa voz en directo cun dos temas máis famosos de Sinatra: “New York, NewYork”.
Un auténtico pracer musical e literario.
Escoita a lectura no seguinte enlace: AUDIO
1/2/17
Os Quinquilláns: Cousas
O mércores 31 de xaneiro todo o alumnado do IES Pedras Rubias asistiu a unha adaptación teatral dun dos libro máis impactante de Castelao: "Cousas", da man da compañía Os Quinquilláns.
Neste libro onde a palabra convive cos debuxos, do que era un auténtico mestre Castelao, o humor é un dos elementos claves para denunciar unha sociedade inxusta que lle tocou vivir ao autor de Rianxo. Escrito como pequenos cadros, que meritoriamente o grupo de teatro Os Quinquillas souberon enlazar para facer unha proposta teatral moi do gusto do noso alumnado.
A iniciativa, da man da editorial Galaxia, supuxo un traballo previo do libro por parte dos nosos alumnos e os seus mestres de Lingua Galega, para poder aproveitar en toda a súa dimensión a representación teatral a que asistimos ao auditorio do concello. Aproveitamos para agradecer, unha vez máis, a colaboración do Concello que desinteresadamente préstanos o Auditorio Municipal para acoller a todo o alumnado do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


