O venres 19 de maio
celebrouse o tradicional maratón de lectura. De 9 a 14 horas, na biblioteca
Calixtina, leuse o libro “Vento ferido”, coincidindo coa celebración das Letras
Galegas, dedicadas este ano a Carlos Casares. Ao longo da mañá completáronse
catro voltas do libro, na que foron participando alumnos, alumnas e profesores.
Como noutras edicións cada participante recibiu un diploma que o acreditaba
como participante no maratón deste ano. Como todos os anos o maratón estivo
supervisado polo noso primeiro bibliotecario, Jose Luis.
1/6/17
Maratón de lectura
Etiquetas:
1617,
carlos casares,
maratón lectura
18/5/17
Avelino González e Carlos Casares
Avelino González é
actor, tradutor, humorista
,narrador oral.
Con motivo das celebración das Letras Galegas, contamos
coa súa visita no mes de maio. O martes 16 contou para os de 3º e 4º ESO e o xoves 19
para os de 1º e 2º ESO.
En ambas sesións,
Avelino contou, en clave de humor,
parte da vida de Casares, esa que non está escrita nos libros nin na súa
biografía literaria. Nunha hora de duración, aproximadamente, contou feitos,
sucesos e anécdotas vividas e escoitadas
por Casares, focalizándoas dentro das súas obras e narrándoo de forma moi amena
e divertida. Deunos a coñecer ese Casares persoa,
humano, que facía trasnadas de mozo, que
namoraba, que se divertía cos amigos, que xogaba, que tiña vicios, que
escoitaba á xente... amosando como, ademais de un gran escritor, era un
referente na cultura,nas novas tecnoloxías e que, ao mesmo tempo, facía
entenderse por calquera.
En ambas contadas, ademais de introducir as anécdotas de
Casares, fíxolles entender ao alumnado, con ironía e humor, que os valores
humanos son tan importantes como os académicos, Tocou temas transversais e
valores tan importantes como a tolerancia, a igualdade entre sexos, os perigos
das novas tecnoloxías, a xenofobia, a humildade, a importancia de ler... todos
presentes nos libros de Casares e que Avelino soubo transmitirlle aos
alumnos/as a través das súas palabras, xestos, e sentido do humor.
O resultado foi positivo, o alumnado quedouse con moitas
desas anécdotas que el lles contou. Unha forma divertida, amena e diferente de
coñecer ao homenaxeado das nosas Letras. Quedaron ganas de ler os contos de Carlos Casares polo que o
obxectivo principal, cumpriuse!
Etiquetas:
1617,
carlos casares,
letras galegas
16/5/17
Tamén len... en abril con Rubén Fandiño
O 28 de abril visitounos o exalumno Rubén Fandiño, que actualmente exerce de entrenador de fútbol na escolas deportivas do Concello. Rubén leunos un fragmento da novela que tanto lle gustara cando el andaba polo Instituto "A praia dos afogados" de Domingo Villar. Comentounos tamén outras lecturas que naqueles anos de estudante lle causaran unha grata impresión.
Despois da lectura lembramos un video da inauguración da Biblioteca Calixtina, hai xa máis de dez anos, onde o noso convidado de hoxe exercera de mestre de cerimonias. Ademais de contarnos a súa traxectoria estudiantil e falarnos da súa ocupación actual como entrenador, moitos dos seus xogadores estaban presentes na lectura, e comentaron as dotes de Rubén como entrenador. Falounos tamén do seu papel no inicio do festival de Salceda hip-hop que durante varias edicións se celebrou en Salceda, aproveitando para invitar a xuventude de agora a que tome iniciativas culturais.
Despois da lectura lembramos un video da inauguración da Biblioteca Calixtina, hai xa máis de dez anos, onde o noso convidado de hoxe exercera de mestre de cerimonias. Ademais de contarnos a súa traxectoria estudiantil e falarnos da súa ocupación actual como entrenador, moitos dos seus xogadores estaban presentes na lectura, e comentaron as dotes de Rubén como entrenador. Falounos tamén do seu papel no inicio do festival de Salceda hip-hop que durante varias edicións se celebrou en Salceda, aproveitando para invitar a xuventude de agora a que tome iniciativas culturais.
12/5/17
Visita de Antía Yáñez
O 9 de maio visitounos Antía Yáñez para falarlles ao alumnado de 1º da ESO do seu libro "O misterio de Portomarín, que leran no mes previo con gran entusiasmo.
A charla resultou moi interesante, xa que ademais de disfrutar da lectura puideron intearctuar coa súa autora, sempre unha experiencia inesquecible.
Etiquetas:
1617,
autores literatura galega
4/5/17
Ruta literaria Valle-Inclán
O martes 25 de abril o alumnado de 4º da ESO, organizada polo departamento de Lingua Castelá, realizou unha ruta literaria pola Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, percorrendo distintos lugares importantes na vida e obra de don Ramón María del Valle-Inclán. En cada parada o alumnado leu distintos fragmentos da obra valleinclanesca.
A ruta constou de dúas partes. Na primeira, pola mañá, consistiu nunha visita guiada polo profesorado onde todo o alumnado foi facendo as seguintes paradas pola vila da Pobra:
- recén chegados paramos no Porto onde puidemos contemplar a beleza da Ría de Arousa, onde lemos un fragmento de "Romance de lobos";
-despois diríximos a Torre Bermúdez, actual Museo Valle Inclán, onde antes de entrar limos varios poemas ao carón da escultura de Valle-Inclán: algúns almnos leron o poema que Rubén Darío lle dedica a Valle, e por outra banda o exprofesor Jose Luis, quen nos acompañou na ruta, recitou o poema que Antonio Machado lle escribiu, antes de acceder ao museo leuse o poema "Vitrales";
1/5/17
Exposición: Mapas/Cartografía
Seguimos a traballar o lema da biblioteca deste ano, polo que dende os departamentos de Ciencias Sociais e Matemáticas, conxuntamente coa biblioteca faremos ao longo do mes de maio unha exposición nos corredores do instituto na que faremos un percorridos pola historia da cartografía, cunha sección especial para Galicia e a nosa contorna.
Etiquetas:
1617,
base de exploracións,
mapas
27/4/17
Concurso de marcapáxinas
No mes de febreiro, coincidindo coa celebración dos 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, no departamento de Lingua Galega convocouse un concurso de marcapáxinas centrados na figura da escritora.
Os premiados foron os seguintes:
-1º prermio: Leimy Tatiana Duarte Holdin (1ºA)
-2º premio: Miguel Veloso Rodríguez-Gironés (1ºA)
-3º premio: Elena Canosa Collazo (2º A)
20/4/17
23 de abril: Día do Libro
4/4/17
Tamén len... en marzo con Alba
Pasados os fastos dos dez anos de vida do
Tamén Len recuperamos neste mes de marzo as nosas lecturas mensuais coa visita
da exalumna Alba Urceira, que tan unida estivo á Biblioteca Calixtina nos seus
anos de estudante, e do que garda moi boas lembranzas.
Alba escolleu o
libro de Reyes Monforte Besos de arena, do que nos leu o primeiro e o
último capítulo, onde aparece o personaxe de Laia unha rapaza saharauí que vén
estudar a España.
Recuperamos aquí
unha cita que aparece nas páxinas finais da novela e que nos gustaron
especialmente:
“El interior de la
mirada de un antiguo amor es el océano donde se ahogan y naufragan todos los
sueños”.
Moito amor
transmitiu a lectura de Alba.
Despois da lectura
Alba falounos da carreira que está a estudar, Educación Social, falándolle ao
noso alumnado en que consisten estes estudos, que materias teñen, todas as
posibles saídas laborais.
Escoita aquí a súa lectura.
Escoita aquí a súa lectura.
3/4/17
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
15/3/17
Visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate
Hoxe visitounos a escritora Mª Sol Ortiz de Zárate, autora dos libros "La canción de Shao Li", leído polo alumnado de 1º da ESO, e de "Rebelión en Verne", leído en 2º da ESO.
Sempre é unha gran experiencia poder compartir conversa cunha escritora. Múltiples foron as preguntas que lle formulou o noso alumnado que enriqueceu a lectura previa dos libros pola súa parte. En breve máis información do acto.
12/3/17
Unha aproximación á cultura colaborativa
Con motivo da
celebración do Día Internacional da Muller, o departamento de orientación
organiza unha charla taller na que as protagonistas son mulleres cunha
traxectoria laboral que destaca pola innovación e o compromiso coa sociedade.
Este curso, o pasado
luns 13 de marzo, o alumnado de 4º curso de ESO asistiu a unha charla-taller
impartida por Chus Prol, quen na actualidade colabora nun proxecto propio, o
espazo colaborativo Doutroxeito Coworking e quen afirma que ser autónoma é unha
lección de vida ...e de supervivencia.
Chus, co-organiza a
Galiza Maker Faire que dá a coñecer aos makers galegos que traballan no ámbito
da robótica , a impresión 3D , artistas dixitais...
A charla consistiu
na exposición das vantaxes da cultura colaborativa así como da súa traxectoria
laboral, destacando a importancia da formación continua no mercado de traballo.
O taller centrouse
no desenvolvemento de distintas dinámicas que puxeron de relevo como a través da
cooperación podemos acadar metas e
obxectivos propostos, que doutro xeito se acadarían con moita dificultade o
incluso a imposibilidade de acadalo de xeito individual.
Etiquetas:
1617,
día da muller traballadora,
traballo cooperativo
7/3/17
Dez anos do Tamén Len no Faro de Vigo
O Faro de Vigo do 25 de febreiro de 2017 recolleu nas súas páxinas o dez anos de lecturas celebradas na Calixtina. Aquí vos deixamos o artigo.
2/3/17
Día de Rosalía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















