30/6/17

O xogo da guerra



O venres 23 de xuño foi a actuación do grupo de teatro escolar do instituto, “Mutis polo foro”, que un anos máis, en dobre sesión actuou o último día do curso para mostrar os ensaio de todo un curso nese acto final. Este ano sumáronse ás representacións o club de lectura “Siareiros da palabra” que andiveron a preparar unhas versións das obras infantiles de Carlos Casares, no ano que se lle adicou o día das Letras Galegas, e que xa representaran previamente ao alumnado de 6º de primaria e aos nenos de infantil dos colexios de Salceda.

 

A obra tomou o título precisamente dun relato de Carlos Casares titulado “O xogo da guerra”, homenaxeando por un lado a Casares e recollendo por outro o eixe arredor do cal desenvolvemos as distintas obras do grupo de teatro: a violencia, nas súas distintas variantes. Por unha banda tratamos o tema do integrismo relixioso mediante a representación de “A matanza dos inocentes” de Darío Fo, por outro aventurámonos cun monólogo no que tratamos o tema da violencia de xénero, con outro título do italiano Darío Fo: “A muller soa”. Finalmente tratamos o tema do maltrato por cuestións política cunha adaptación da obra “Pedro e o capitán” de Mario Benedetti. 




 

 Unha combinación de obras infantiles e outras que trataban o tema da violencia que fixeron da representación deste ano todo un reto para o noso alumnado, que obtivo finalmente un moi meritorio resultado.

22/6/17

Tamén len... en xuño con Mª José e Luis Alonso

O 19 de xuño tivo lugar a última sesión do Tamén Len do curso 2016/17, e segunda do mes, xa que este fin de curso foi tempo de visita de xente querida, de profes moi queridos. Se na sesión anteior foran as profes do departamento de Galego as asistentes, nesta caso misturáronse os departamentos de Matemáticas e Educación Física. Unha sesión moi completa onde letras, mates e exercicios físicos ocuparon a nosa Calixtina.


                                                                ESCOITAR LECTURA

A primeira en ler foi María José que nos ofreceu un fragmento de "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz, onde recordando vellos tempos, falounos de amores adolescentes, que tanto captou a atención do noso alumnado, especialmente interesados no tema.  

                                                          
ESCOITAR LECTURA

Despois chegou o turno de Luis Alonso, que considerou oportuno facer unha serie de estiramentos antes de comezar a lectura. "Tempo de bebidas isotónicas e fast-food" de Alex Alonso foi o seu texto escollido onde relatou a experiencia dos xubilados que entran en contacto coas novas tecnoloxías, convertindo a experiencia nunha visión cómica deste mundo tan próximo aos adolescentes e as veces tan  complicado para os seus avós/as. 

Tras un interesante coloquio onde os convidados nos falaron das súas novas vidas chegou o momento emotivo cando todo o alumnado presente cantoulle o "cumpre anos feliz" a Luis Alonso no día da súa celebración.

14/6/17

Visita de Defreds

O martes 6 de xuño tivemos a visita do escritor Jose a. Gómez Iglesias, coñecido literariamente como Defreds. Un dos autores de maior éxito de ventas nos últimos anos, feito que se constata sabendo que a fin de semana anterior e posterior a visitarnos non paraou de firmar exemplares  na Feira do Libro de Madrid.

Pese a súa curta idade xa son tres os libros publicados: "Cuando abras le paracaídas", "Casi sin querer" e o último, publicado fai apenas uns meses, "1775 calles", título que fai referencia as rúas de Vigo.






Durante o terceiro trimestre o alumnado de 4º da ESO andiveron a traballar este último libro dende a materia de Lengua y Literatura castellana, analizando os seus textos criticamente, reflexionando sobre os temas que alí se tratan, tan do gusto adolescente, e a partir deles tamén foron xurdindo unha serie de preguntas que se lle trasladou ao autor o día que nos visitou.


A acto foi moi cálido, acompañandonos ao longo da charla algúns dos temas musicais (Andrés Suárez, Perez, Fredi Leis, Bely Basarte...) que vai citando ao longo do libro. Jose estivo en todo momento amabilísimo co noso alumnado, contestando pacientemente todas as cuestións, tanto literarias como persoais que foron xurdindo.


Unha auténtica marabilla poder falar de literatura cun dos autores de máis éxito actuais, e que tan ben sabe conectar coas inquietudes dos nosos rapaces.

9/6/17

O club de lectura representando a Carlos Casares




O xoves 1 e o venres 2 de xuño o club de lectura do IES Pedras Rubias desprazouse até as escolas das distintas parroquia para representar a versión de A Galiña Azul que levabamos preparando durante os meses anteriores. O xoves 1 fixemos catro representacións no Cra Raíña Aragonta de Salceda. Asistiron todos os alumnos/as de infantil.  O venres 2 realizamos catro novas representacións, desta volta, tivemos que andar ás présas coa nosa “galiña azul”, dunha parroquia a outra: Budiño, Picoña, Barreiro e Parderrubias, foron os puntos onde o noso alumnado fixo gala da súa arte. 



Unha experiencia moi gratificante para os membros do noso club que ademais da experiencia da actuación viviron momentos intensos no contacto cos cativos e cativas das distintas escolas.

Por outra banda, o mércores 7, o outro grupo do Club de lectura representou unha versión de “A laranxa máis laranxa de todas as laranxas” para o alumnado de sexto de primaria do colexio Altamira, que neste día viñeron visitar o que será o seu novo centro o vindeiro curso. Despois de moito traballo a representación foi todo un éxito.



O camiño do Club de lectura deste curso remata o vindeiro venres 23 de xuño na que representaran estas obras, conxuntamente coas obras do grupo de teatro do instituto, Mutis polo foro, no acto de despedida do curso, no que un ano máis o teatro é o protagonista no peche deste curso escolar.

Tamén len... en xuño con Susana e Elisa


O mes de xuño foi tempo de volver a vista cara atrás e recibir a visita de queridos excompañeiros de profesión, profes que deixaron o seu saber e o seu cariño ao longo de moitos anos, profesores moi queridos polo noso alumnado como se puido comprobar coa gran afluencia que houbo nestas sesións.

O día 8 de xuño as convidadas foron as profes de galego Susana e Elisa, que tras unha presentación moi emotiva por parte dalgunhas das súas alumnas máis queridas, lembraron os anos pasados neste centro cheos de gratificacións e experiencias positvas.

No coloquio final explicaronos como funcionas os seus novos centros, destacando o feito de que en Vigo o galego case pode considerarse lingua estranxeira, xa que a perda de galegofalantes comeza a ser realmente moi preocupante.


Elisa leunos o relato "A tía Remedios" do libro de Álvaro Cunqueiro "Os outros feirantes". Susan pola súa banda leu o relato de Carlos Casares "O xogo da guerra" do seu primeiro libro "Vento ferido", explicounos que ese relato sempre o asociaba a Pedras Rubias, non pola violencia que caracteriza o relato, xa que nos seus primeiros anos formara parte dunha unidade didáctica que fixeran no departamento de Orietacrietación nos primeiros anos nos que traballara neste instituto.

           LECTURA ELISA                                  LECTURA SUSANA

2/6/17

Roteiro Carlos Casares





O luns 15 de maio fumos de roteiro literario pola cidade de Ourense tras os pasos de Carlos Casares. Durante as semanas anteriores estivemos a preparar distintos textos do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2017 parair lendoos en lugares claves da súa biografía.

Podes consultar todos os detalle do roteiro no blog do club de lectura.

1/6/17

Maratón de lectura



O venres 19 de maio celebrouse o tradicional maratón de lectura. De 9 a 14 horas, na biblioteca Calixtina, leuse o libro “Vento ferido”, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Carlos Casares. Ao longo da mañá completáronse catro voltas do libro, na que foron participando alumnos, alumnas e profesores. Como noutras edicións cada participante recibiu un diploma que o acreditaba como participante no maratón deste ano. Como todos os anos o maratón estivo supervisado polo noso primeiro bibliotecario, Jose Luis.

18/5/17

Avelino González e Carlos Casares




Avelino González é  actor, tradutor,  humorista ,narrador oral. 

Con motivo das celebración das Letras Galegas, contamos coa súa visita no mes de maio. O martes 16 contou para os de 3º e 4º ESO e o xoves 19 para os de 1º e 2º ESO.

En ambas sesións,  Avelino contou, en clave de humor,  parte da vida de Casares, esa que non está escrita nos libros nin na súa biografía literaria. Nunha hora de duración, aproximadamente, contou feitos, sucesos  e anécdotas vividas e escoitadas por Casares, focalizándoas dentro das súas obras e narrándoo de forma moi amena e  divertida.  Deunos a coñecer ese Casares persoa, humano,  que facía trasnadas de mozo, que namoraba, que se divertía cos amigos, que xogaba, que tiña vicios, que escoitaba á xente... amosando como, ademais de un gran escritor, era un referente na cultura,nas novas tecnoloxías e que, ao mesmo tempo, facía entenderse por calquera.

En ambas contadas, ademais de introducir as anécdotas de Casares, fíxolles entender ao alumnado, con ironía e humor, que os valores humanos son tan importantes como os académicos, Tocou temas transversais e valores tan importantes como a tolerancia, a igualdade entre sexos, os perigos das novas tecnoloxías, a xenofobia, a humildade, a importancia de ler... todos presentes nos libros de Casares e que Avelino soubo transmitirlle aos alumnos/as a través das súas palabras, xestos, e sentido do humor.

O resultado foi positivo, o alumnado quedouse con moitas desas anécdotas que el lles contou. Unha forma divertida, amena e diferente de coñecer ao homenaxeado das nosas Letras. Quedaron ganas de  ler os contos de Carlos Casares polo que o obxectivo principal, cumpriuse!

16/5/17

Tamén len... en abril con Rubén Fandiño

O 28 de abril visitounos o exalumno Rubén Fandiño, que actualmente exerce de entrenador de fútbol na escolas deportivas do Concello. Rubén leunos un fragmento da novela que tanto lle gustara cando el andaba polo Instituto "A praia dos afogados" de Domingo Villar. Comentounos tamén outras lecturas que naqueles anos de estudante lle causaran unha grata impresión.

 Despois da lectura lembramos un video da inauguración da Biblioteca Calixtina, hai xa máis de dez anos, onde o noso convidado de hoxe exercera de mestre de cerimonias. Ademais de contarnos a súa traxectoria estudiantil e falarnos da súa ocupación actual como entrenador, moitos dos seus xogadores estaban presentes na lectura, e comentaron as dotes de Rubén como entrenador. Falounos tamén do seu papel no inicio do festival de Salceda hip-hop que durante varias edicións se celebrou en Salceda, aproveitando para invitar a xuventude de agora a que tome iniciativas culturais.



12/5/17

Visita de Antía Yáñez



O 9 de maio visitounos Antía Yáñez para falarlles ao alumnado de 1º da ESO do seu libro "O misterio de Portomarín, que leran no mes previo con gran entusiasmo.

A charla resultou moi interesante, xa que ademais de disfrutar da lectura puideron intearctuar coa súa autora, sempre unha experiencia inesquecible. 

4/5/17

Ruta literaria Valle-Inclán



O martes 25 de abril o alumnado de 4º da ESO, organizada polo departamento de Lingua Castelá, realizou unha ruta literaria pola Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, percorrendo distintos lugares importantes na vida e obra de don Ramón María del Valle-Inclán. En cada parada o alumnado leu distintos fragmentos da obra valleinclanesca.

A ruta constou de dúas partes. Na primeira, pola mañá, consistiu nunha visita guiada polo profesorado onde todo o alumnado foi facendo as seguintes paradas pola vila da Pobra:

- recén chegados paramos no Porto onde puidemos contemplar a beleza da Ría de Arousa, onde lemos un fragmento de "Romance de lobos"; 

-despois diríximos a Torre Bermúdez, actual Museo Valle Inclán, onde antes de entrar limos varios poemas ao carón da escultura de Valle-Inclán: algúns almnos leron o poema que Rubén Darío lle dedica a Valle, e por outra banda o exprofesor Jose Luis, quen nos acompañou na ruta, recitou o poema que Antonio Machado lle escribiu, antes de acceder ao museo leuse o poema "Vitrales";


1/5/17

Exposición: Mapas/Cartografía

Seguimos a traballar o lema da biblioteca deste ano, polo que dende os departamentos de Ciencias Sociais e Matemáticas, conxuntamente coa biblioteca faremos ao longo do mes de maio unha exposición nos corredores do instituto na que faremos un percorridos pola historia da cartografía, cunha sección especial para Galicia e a nosa contorna.