9/1/24

NOVO ANO E NOVO TRIMESTRE

 Arrancamos un novo trimestre e facémolo lembrando o último Tamén Len do ano 2023 no que tivemos o pracer de escoitar a Alejandra, a horticultora que nos ensinou e axudou a crear a nosa horta da que xa obtivemos ricos e sans produtos. Nesta ocasión tróuxonos a lembranza de Félix Rodríguez de la Fuente e a nosa rapazada puido sentir o amor ao medio natural que el transmitira sempre a outras xeracións. Foi un pracer escoitala. Deixamos aquí fotos do acto.  En xaneiro acompañounos o concelleiro de cultura de Salceda, Alejandro Rodríguez, que nos leu un fragmento do libro de Sechu Sende Made in Galiza, lembrándonos a importancia de falar a nosa lingua propia. 













9/12/23

NOVIDADES ÁLBUM ILUSTRADO

 Seguimos ampliando os nosos fondos con álbum ilustrado. Esta vez con tres obras fantásticas que axudan a educar en valores como a igualdade de xénero, a igualdade de oportunidades e a necesidade de crear un mundo máis xusto onde todos e todas convivamos con respecto e empatía. Pasa pola biblio e goza coa súa lectura. Aquí van os títulos. 



24/11/23

25 DE NOVEMBRO: LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Un ano máis lembramos a importancia da lectura e da educación en valores para tentar loitar contra a lacra social que supón a violencia de xénero contra as mulleres. Todos e todas debemos seguir loitando en unión para que a igualdade, a tolerancia, o respecto e a razón sexan o mellor antídoto contra a discriminación e a violencia. Deixamos unha fotiño da nosa exposición.


 

15/11/23

NOVA EDICIÓN DO NOSO TAMÉN LEN

 Hoxe tivemos unha sesión moi especial no noso Tamén Len de Novembro xa que recibimos a Martín Gestal, o noso profe de filosofía do ano pasado que compartiu con nós as súas lecturas de filósofos tan importantes como Sócrates. Fixemos reflexións moi interesantes e gozamos dunha agradable conversa. Grazas Martín por volver onda nós!!! Aquí van as fotiños do evento. 😊😊📕📕📔📖









13/11/23

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE NOVEMBRO

Tras un comezo de curso apurado co traslado da biblio ao novo espazo comezamos por fin as sesións do club e despois da reunión incial do mes de outubro, para a posta en común deste curso e marcar novas lecturas e reunións, puidemos hoxe gozar dunha agradable xuntanza para compartir a nosa experiencia lectura coas obras hoxe propostas. No grupo de 1º e 2º (no que tamén temos algún alumnado de 3º)  leron Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure, obra coa que puideron trasladarse aos campamentos de refuxiados saharauís e emocionarse coa historia de Kori e o seu camelo Caramelo. No grupo de 4º e 1º de BACH analizamos algúns relatos de Made in Galiza de Sechu Sende dos que o noso alumnadofixeron unha lectura moi produtiva. Aquí vai unha mostra das reunións. Boas lecturas e vémonomos na seguinte.







2/11/23

SAMAÍN E MAGOSTO

 Celebramos no IES un ano máis o Samaín con diferentes concursos: calacús, receitas de outono e sobremesas. O Magosto está adiado ata que o tempo permita celebralo. Mentres deixamos aquí unhas fotiños para ilustralo. Bo Samaín. 





25/10/23

NOVA ANDAINA DO NOSO TAMÉN LEN

 Hoxe no recreo celebramos a primeira edición do noso Tamén Len deste curso. Visitounos o profe do Cole Altamira José González Couto e puido reencontrarse cos seu antigo alumnado que o recibiu con entusiasmo. Leunos uns contos da obra "Cuentos para quererte mejor" que nos fixeron reflexionar sobre a importancia de valores como o respecto, a tolerancia e a superación persoal. Moitas grazas por vir. 

Deixamos fotiños da sesión. Ata o próximo Tamén Len. 







24/10/23

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

 Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas coa emisión dun programa de radio especial no que alumnado de diferentes cursos leu textos pertencentes á autora que será protagonista das Letras Galegas 2024: Luísa Villalta, acompañados dunha boa selección de música galega. Tamén colocamos os nosos rolos de papel convertidos en pequenos agasallos para toda a comunidade educativa e ademais comezamos a decorar a entrada da nosa biblio con debuxos feitos por alumnado de primeiro da ESO con personaxes do mundo manga. De todo isto deixamos aquí fotos para que poidades coñecer estas actividades. Tamén deixamos fotos de como vai avanzando a recomposición da biblio nova.

















Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e a seguir lendo. 

23/10/23

PASIÑO A PASIÑO


 Pouco a pouco a nosa biblio vai collendo forza. Deixamos aquí unhas fotiños de hai uns días instalándonos no novo espazo. Xa avanzamos máis e xa temos xente gozando das lecturas e dos xogos no recreo. Iremos informando. Mañá no Día das Bibliotecas teremos xa algunhas cousiñas para ofrecervos. Retomamos tamén o noso "Tamén Len" este próximo mércores 25 e agardamos ir ofrecéndovos novidades en breve. Gozade da lectura.💪








Deixamos tamén unha fotiño da nosa exposición de literatura feita por mulleres o 16 de outubro Día das Escritoras.







25/9/23

NOVA ANDAINA 2023-24

Comezamos un novo curso un tanto especial. Mudámonos para un novo espazo dentro do IES e estamos de traslado polo que hoxe arrancamos a andaina da biblio co desexo de poder ter en breve máis fondos dispoñibles e a ludoteca en marcha. Mentres seguimos traballando coa mesma ilusión de sempre para que a nosa biblio poida seguir ofrecéndovos actividades e lecturas. Grazas pola vosa comprensión e paciencia e agardamos que nos sigades visitando.

Que sexa un bo curso para todos e todas e moito ánimo!!!! 

😃💪📕📕📙📘

8/6/23

ÚLTIMO TAMÉN LEN DO CURSO

 Hoxe celebramos a última sesión do Tamén Len deste curso. Tivemos o pracer de contar coa visita da ex-profe de Lingua Castelá Sonia Freijeiro que desempeñou o seu labor docente durante 15 anos no noso centro. Tróuxonos unha interesante lectura "En la otra orilla" de Olga Alonso e lembramos con ela anécdotas do tempo que pasou no IES. Foi un pracer contar coa súa presenza e pechar así as sesións deste curso cunha das persoas que promoveron a creación desta interesante actividade do Tamén Len. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños que ilustran a sesión. Grazas Sonia.