19/6/10
Viaxe literaria ao Courel
Con retraso (a fin de curso dá moito chollo!) cóntovos como foi a nosa viaxe á terra de Novoneyra a finais de maio. O Club de lectura, os MQs e tres profesores compartimos unha experiencia incrible durante tres días. Aquí vos deixo fotos e un diario de viaxe (redactado por Paula) para que compartades connosco as impresións da viaxe.
Etiquetas:
actividades,
club de lectura,
fomento da lectura,
MQs,
roteiros literarios,
saídas
Homenaxe a Saramago
O pasado venres 18 de xuño morría na súa casa de Lanzarote José Saramago, escritor portugués e Premio Nobel de Literatura no ano 1998. Non volveremós ver máis o seu dedo índice levantado ao falar, non escoitaremos máis a súa voz grave e pausada, as súas opinións sempre comprometidas sobre o mundo que nos rodea... pero aí quedan as súas obras. Sempre. Compartide connosco a vosa opinión sobre el e a súa obra.
Etiquetas:
animación,
narrativa,
Relato curto
26/5/10
Con cariño para Shío
Este que vos vou contar non é un conto chinés… É o conto do vagalume Shío e como conseguiu recuperar a súa luz.
Shío vivía feliz no País dos Vagalumes onde era querido por todos e todas. Nas noites de verán dedicábase a explicarlles aos pequevagalumes como funcionaba a química da súa cola para emitir luz.
Sabedes que? A propia luz de Shío esmorecía día a día e ía alumeando con menos forza. Precisaba renovala.
Un día tivo que marchar ao Hospital. Os habitantes do País dos Vagalumes non podían soportar a vida sen Shío… Decidiron facer algo… Cada un deles foi pasando polo cuarto onde estaba ingresado para deixar un anaquiño da súa luz. Así, anaquiño a anaquiño, co cariño de todos e todas, o noso vagalume conseguiu unha nova luz…
Agora achicharra o seu alumnado con novas leis físicas sobre a importancia do amor para vivir…
13/5/10
Presentación do libro "55 Mentiras sobre a lingua galega"


Con este libro, a Comisión de Biblioteca, inaugura hoxe un novo tipo de actividade que consideramos pode resultar atractiva:
A PRESENTACIÓN DE LIBROS é un acto onde se dá a benvida a libros novos, serios ou divertidos, interesantes, preciosos, imprescindibles...; todos aqueles que logren movernos e conmovernos dalgún xeito, e pensamos que pode ser un medio para difundilos entre o alumnado inquedo que se achegue a compartir este momento con nós e acabe por collerlle gusto a estas reunións ao seu redor. Presentar un libro é apostar por el, é querer dalo a coñecer porque se recoñece o que de valor ten ese obxecto que se pode coller entre as mans, abrir por onde queiramos, mover as súas follas e achegar o nariz para sentir o olor característico do papel impreso, tan suxestivo, acaricialo mentres contemplamos os signos que contén e comezar a lectura, que sempre abriu ventás tan amplas coma as de Internet... ou máis.
O libro foi publicado a finais de 2009 pola editorial Laiovento e ten por subtítulo:”Análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma”.
Quero destacar o pensamento do poeta Uxío Novoneyra, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, quen afirmaba que “os galegos residimos tanto na lingua como na terra; língua que é pauta e traza, terra que é natureza e patria”.
Discurso de presentación feito por Paula.
Quero destacar o pensamento do poeta Uxío Novoneyra, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, quen afirmaba que “os galegos residimos tanto na lingua como na terra; língua que é pauta e traza, terra que é natureza e patria”.
Discurso de presentación feito por Paula.
Etiquetas:
actividades,
ensaio,
narrativa,
Presentación
Intercambio de linguas
Aproveitando a estadía dos franceses entre nós, as profes de francés quixeron poñer a proba a vea poética do alumnado dos dous países, pedíndolle que escribisen un poema: os alumnos franceses debían practicar o seu dominio do castelán e os galegos o dominio do francés... Aqui tedes algúns, se tedes curiosidade por velos todos están expostos no corredor ao lado da Biblioteca.
poemas intercambio
View more presentations or Upload your own.
11/5/10
Queredes estar á última?
Por intentalo que non quede! A ver se con un pouco de humor vos damos convencido das vantaxes da lectura, senón polo menos vos arrincamos un sorriso...
5/5/10
Tamén len trilíngüe

A pasada semana tivemos o pracer de recibir ao alumnado francés do intercambio e aproveitamos para facer unha sesión do Tamén lén adicado ao 50 aniversario de Astérix e Obélix.
Para quen queira ler os textos aquí volos deixo en galego, castelán e francés.
Etiquetas:
actividades,
banda deseñada,
fomento da lectura,
intercambio,
tamén len
19/4/10
As nosas vidas de infancia
Como xa sabes, a lectura escollida para o Maratón do 23 de abril é a triloxía de Ramiro Fonte, "Vidas de infancia".
Nós queremos coñecer como foron as vosas infancias así que pedímosvos unha fotografía de cando erades pequenos/as. Con todas as recibidas faremos unha exposición no corredor da biblioteca.
Deixa a túa foto (orixinal, escaneada ou impresa) na biblioteca e ... participa!
Nós queremos coñecer como foron as vosas infancias así que pedímosvos unha fotografía de cando erades pequenos/as. Con todas as recibidas faremos unha exposición no corredor da biblioteca.
Deixa a túa foto (orixinal, escaneada ou impresa) na biblioteca e ... participa!
Etiquetas:
actividades,
autores literatura galega,
maratón lectura,
MQs
13/4/10
O Maratón de lectura lembra a Ramiro Fonte
A biblioteca está traballando a eito estes días porque se acercan datas moi importantes para o libro e as letras.
O 23 de abril celebraremos o Día do libro cun Maratón de lectura como en cursos anteriores. Neste ano tan especial e importante para o galego, queremos lembrar e facer unha homenaxe a un autor que nos deixou o ano pasado, Ramiro Fonte. Anque é moi coñecido como poeta, tamén ten unha fermosa obra narrativa, da que escollemos a súa triloxía "Vidas de infancia" ("Os meus ollos", "Os ollos da ponte" e "As pontes no ceo"), onde recrea a vida dunha vila galega nos anos 60, anos da súa infancia en Pontedeume.
Nós tamén imos recordar as nosas vidas de infancia...
O 23 de abril celebraremos o Día do libro cun Maratón de lectura como en cursos anteriores. Neste ano tan especial e importante para o galego, queremos lembrar e facer unha homenaxe a un autor que nos deixou o ano pasado, Ramiro Fonte. Anque é moi coñecido como poeta, tamén ten unha fermosa obra narrativa, da que escollemos a súa triloxía "Vidas de infancia" ("Os meus ollos", "Os ollos da ponte" e "As pontes no ceo"), onde recrea a vida dunha vila galega nos anos 60, anos da súa infancia en Pontedeume.
Nós tamén imos recordar as nosas vidas de infancia...
14/3/10
Adeus a Delibes
O venres 12 de marzo morría na súa Valladolid natal, Miguel Delibes. Podería falarvos aqui dos seus méritos como escritor e como persoa, comentar o seu estilo ou citar todos os premios acadados ao longo da súa traxectoria literaria. Non vou facer nada diso. Ídesme permitir que faga unha entrada máis persoal. Contaréivos como cheguei eu á súa obra.
O primeiro libro que lin de Delibes foi "Las ratas" porque era a lectura obrigatoria de castelá en 1º de BUP. Non foi un bo comezo. Recordo dicirlle á profesora, no exame oral do libro, que non me gustara a temática, que me resultara demasiado duro.
No curso seguinte volveu ser lectura obrigada outra obra súa: "El camino", e aí comezou o frechazo, xa que Daniel "el mochuelo" converteuse nunha desas personaxes inesquecibles que te acompañan unha ver rematada a lectura. Despois virían, xa por vontade propia, "Cinco horas con Mario", "Los santos inocentes","La sombra del ciprés es alargada", "La hora roja", "Mi idolatrado hijo Sisí", "Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso", "Señora de rojo sobre fondo gris" e o seu discurso de entrada na academia (sen dúbida o máis fermoso canto á natureza e o respecto polo medio ambiente que teño lido nunca).
Por que vos conto todo isto? Supoño que porque necesito lembrar que o que os profes sementamos si que xermola, aínda que ás veces leve o seu tempo...
Gracias, Delibes. Sempre nos quedarán os teus libros.
Etiquetas:
autores literatura castelá,
narrativa
11/3/10
Coñécelas?
Estes días podedes disfrutar na biblioteca dunha exposición de libros para celebrar o Día da Muller Traballadora, nela atoparedes autoras de todos os estilos (novela, relato, cómic, ensaio, ...), nacionalidades e épocas. E, como non, poderedes descubrir historias de mulleres realmente impactantes a través das súas biografías.
Por exemplo, seguro que vos sona a canción: "A saia da Carolina ten un lagarto pintado..." pois refírese a Carolina Otero, galega nacida en Valga, que foi bailarina de cabaret súperfamosa no París dos anos vinte. Tivo como amantes aos homes máis poderosos do seu tempo, reies, emperadores, zares. Amasou unha gran fortuna que perdeu xogando nos casinos ao final da súa increible vida. Ou Maruxa Mallo, pintora surrealista, amiga dalgúns dos escritores da xeración do 27 e toda unha personalidade (os de 4º ESO pudéchedes visitar a súa exposición este curso).
Por exemplo, seguro que vos sona a canción: "A saia da Carolina ten un lagarto pintado..." pois refírese a Carolina Otero, galega nacida en Valga, que foi bailarina de cabaret súperfamosa no París dos anos vinte. Tivo como amantes aos homes máis poderosos do seu tempo, reies, emperadores, zares. Amasou unha gran fortuna que perdeu xogando nos casinos ao final da súa increible vida. Ou Maruxa Mallo, pintora surrealista, amiga dalgúns dos escritores da xeración do 27 e toda unha personalidade (os de 4º ESO pudéchedes visitar a súa exposición este curso).
Anímovos a coñecelas!. Son realmente sorprendentes.
Etiquetas:
actividades,
día da muller traballadora,
exposicións
8/3/10
Sol de Inverno
Dende a biblioteca queremos celebrar esta semana o Día da muller traballadora lembrando títulos escritos por mulleres. Escollemos a obra gañadora do último premio Xerais de novela, "Sol de inverno" de Rosa Aneiros. Non podemos ser imparciais ao contarvos de que vai este libro porque nos engaiolou dende a primeira páxina. É tenro, emocionante, triste, sorprendente, cambiante... Da man de Inverno coñecemos a peripecia dunha familia republicana que se ve obrigada a fuxir de Galicia para sobrevivir... Lédeo, non vos deixará indiferente! Tamén podedes probar con outras obras da autora, tamén moi recomendables: "Resistencia" ou "Ás de bolboreta" (Alumnado de 4ºESO, será a vosa lectura obrigatoria na vindeira avaliación!). E, por se necesitades un empurronciño, aqui tedes algúns fragmentos.
Etiquetas:
día da muller traballadora,
narrativa,
novela,
premios
2/3/10
Tamén len ... con Rivada
O pasado xoves, visitounos Xosé Lois G. Rivada "artesán creador" como gosta de ser definido, para amenizarnos nunha nova e diferente sesión de tamén len.Logo da presentación e de lernos un breve fragmento da obra do seu amigo Caneiro, falou con nós sobre arte, escultopintura, a vocación creadora e cómo pode un adolescente descubrila e, en xeral, sobre a vida. Tamén se ofreceu para vir facer algún obradoiro de pintura e/ou escultura co alumnado de 4º ESO. Así que xa sabedes, a rescatar a vosa natureza artística!
Moitas grazas, foi un pracer terte con nós.
Etiquetas:
actividades,
arte,
fomento da lectura,
tamén len
4/2/10
Poesía pola paz
Hoxe na biblioteca, durante o recreo, tivemos o pracer de asistir a un recital de poesía pola paz organizado por Xoán e no que lían alumnos/as de 4º ESO.
Para os/as que volo perdíchedes, aquí tedes as fotos e máis os textos. Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Etiquetas:
actividades,
celebracións,
día da paz,
Poesía
1/2/10
Concurso: un mar de amor.

Para festexar o Día dos Namorados decidimos novamente convocar un concurso e repetir premio, UNHA CEA ROMÁNTICA, xa que parece que ten bastante éxito (preguntádelle a Ari). Para participar NUN MAR DE AMOR debedes escribir unha MENSAXE DE AMOR e metela NUNHA BOTELLA que deixaredes no mar creado para o efecto diante da biblioteca.
- A mensaxe debe ser de creación propia. Non valen textos copiados, letras de cancións, poemas de autores/as, ...
- Pode ser unha frase, un conto, unha carta, uns versos, ...
- Poden ir dirixidos a un destinatario concreto ou anónimo.
- Valorarase tanto o texto como a botella. Decorádea como queirades.
- Poden participar alumnos/as, profesores/as e calquera persoa que reciba a invitación ao evento a través do seu Tuenti, estes últimos poderán enviala por correo ao seguinte enderezo:
IES PedrasrubiasPantel revolta s/n
36472 Salceda de Caselas
- Debedes firmar a mensaxe cun pseudónimo e logo entregarnos a Susana ou a min (Ana) un sobre donde figure ese pseudónimo por fóra e os vosos datos reais dentro.
Así que xa sabedes, animádevos e participade!
Etiquetas:
actividades,
concurso,
día dos namorados
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
