27/5/11

Maratón de lectura 2011


Como cada ano, o venres 20 de maio, levamos a cabo o maratón de lectura que forma partes das actividades de celebración do Día das Letras Galegas. Iniciou o maratón o alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a continuación, en turnos de 5 minutos, foron lendo profesores/as, limpadoras e alumnos/as voluntarios. 


Tamén contamos coa participación dos mestres Español e José Luís,  xa xubilados pero que se conservan coma nenos, non hai máis que ver a seguinte foto!


O libro escollido nesta ocasión foi "Merlín e familia" de Álvaro Cunqueiro pois queríamos conmemorar o 100 aniversario do seu nacemento.

24/5/11

"Frío" de Laurie Halse Anderson, recomendado por Nerea Suárez

Procedencia da imaxe


Fainos especial ilusión publicar esta entrada porque é a primeira vez que, oficialmente, unha alumna nos recomenda un libro; en realidade llo recomendou a Xoán, o seu profesor de Educación para a Cidadanía, por tratar dun tema tan preocupante e desgraciadamente de moda como é o da anorexia. Agora xa forma parte do listado de libros propostos para esa materia e nós estamos encantad@s de que participedes e nos aconselledes lecturas. 


Sinopse: 

A protagonista, Lía, repítese constantemente que non debe comer. Na súa vida só hai sitio para contar calorías e para facer exercicio cando a obrigan a inxerir unha cantidade de alimentos que ela considera demasiada, sempre.
A súa amiga Cassie, coa que chegou ao terrible pacto de converterse na máis delgada do instituto morreu; ésta perséguea en soños porque quere levala con ela, non quere estar soa do outro lado.
Lía ten unha oportunidade, pode coller a man daqueles que lla ofrecen: seus pais, a súa irmá pequena, pode aceptar o consello dos médicos, pero non será ata que toque fondo cando poda recobrar a ilusión por unha vida que se lle escapa das mans.

"É unha historia emocionante, cun toque de fantasía que fará que te internes no mundo real".
Nerea Suárez 2ºB

19/5/11

"A ola", agora en novela gráfica






Instituto Cubberley High School, de Palo Alto (California, 1967), o profesor de Historia Ron Jones debe dar un seminario sobre Autocracia. Os seus alumnos non cren que no momento actual puidera impoñerse un réxime ditatorial. O profesor decide pór en marcha un experimento, "A terceira ola" e en tan só cinco días os resultados do experimento terán ido moito máis lonxe do que ninguén podía prever... Ata aquí a historia real. 

En 1981 Todd Strasser, co seudónimo de Morthon Rhue, escribe "The Wave" (a ola) e no 2008 Dennis Gansel fai a súa versión cinematográfica da que vos falei no blog hai xa algún tempo.

Desde a semana pasada, temos na Calixtina a versión en banda deseñada de Stefani Kampmann, editada por Takatuka (imaxes arriba).

Se queredes profundizar sobre a película, o director, a historia real na que está baseada hai  unha páxina estupenda feita por Enrique Martínez-Salanova Sánchez, tedes o enlace aquí.

Recoméndovos tanto a novela gráfica como a película. Crédeme, non vos deixará indiferentes.

17/5/11

Certame literario "Pedras Rubias 2011"

Unha vez máis por estas datas, o departamento de Lingua Galega promove un Certame literario de relato breve para celebrar as Letras Galegas. Contamos coa vosa participación.


13/5/11

Infusión de versos

Procedencia da imaxe


Madrid, 1977. No interior dun café Manuel Rivas, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro (irmán de Lois)  esperan a Lois Pereiro para pechar o terceiro número da Revista Laia. 
Entra Lois.

Xose Manuel: E ti? Trouxeches os textos que queres meter?
Lois: Trouxen, si.

Lois mete as mans nos petos do abrigo e comeza a sacar papeliños e máis papeliños deses que envolven as bolsiñas das infusións. Xosé Manuel non acredita no que ve, máis a Rivas e a Patiño failles graza e cóllenos para examinalos. Son do máis variado, hai de té, de boldo, de macela, de fiúncho, de malva, de herba Luísa...

Xosé Manuel: Pero iso que é?

Lois: (Emocionado) Atendede. Flaubert, cando escribía a Educación sentimental, dixo que tentaba meter o océano nunha botella...

Xosé Manuel: E que ten que ver iso cos...?

Lois: Eu non aspiro a tanto, só pretendo meter un poema nunha bolsiña de té e ...

Camareiro: Desexaba algo?

Lois: Si, unha infusión de versos.

Xosé Manuel, Rivas e Patiño sorrín, pero o camareiro, sen inmutarse, marcha. Eles, expectantes, agardan en silencio o seu regreso. O camareiro fala co seu compañeiro que está tras da barra e volve á mesa ante a curiosidade dos mozos.

Camareiro: (Moi serio) Síntoo, pero só temos té, macela ou menta.

Lois: Unha mágoa, a ver se na próxima ocasión a teñen; é exquisita.

Camareiro: (Sen perder a compostura) Que desexa tomar?

Lois: Tomarei un té.

Camareiro: Agora mesmo.

O camareiro volve á barra e os catro escachan coa risa. As súas gargalladas ecoan por todo o local e os dous camareiros ollan para eles con incredulidade: pensan que estes mozos galegos están un chisco tolos.
*******

Esta anécdota, recollida no libro de Marcos Calveiro, Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, serve como inspiración para o traballo proposto polo departamento de galego ao alumnado de 3º e 4º da ESO.

O traballo "Infusión de versos" consiste en escribir poemas de Lois Pereiro en obxectos insólitos que forman parte da nosa vida cotiá. Xa vos mostraremos o resultado!

11/5/11

Actividades para celebrar as Letras Galegas 2011

Procedencia da imaxe
Ao longo das vindeiras semanas o Departamento de Galego, a Biblioteca e o Centro levaremos a cabo distintas actividades para celebrar as Letras Galegas e para difundir e gozar da obra de Lois Pereiro, autor ao que se lle adican no presente ano.

Aquí vos deixo un adianto:
Procedencia da imaxe
  • Concurso de Marcapáxinas de Lois Pereiro para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Os únicos requisitos esixidos son que deben figurar o distintivo Letras Galegas 2011, o nome de Lois Pereiro e incluír verso(s) dun dos seus poemas.
  • Certame literario "Pedras Rubias 2011" para todo o alumnado. O relato debe comezar co primeiro verso do Poema de luz e sombras de amor resucitado (II):                               "Calculou ben o impulso e deu o salto".
  • Infusión de versos: Traballo e exposición feito polo alumnado de 3º e 4º da ESO. A que ten un título ben suxerente? Falarémosvos deste proxecto máis polo miúdo no seguinte post.
  • Maratón de lectura que se celebrará o venres 20 de maio. O libro escollido nesta ocasión é "Merlín e familia" de Álvaro Cunqueiro para conmemorar o 100 aniversario do nacemento do autor.
  • Representación teatral o venres 13 a cargo do noso grupo de teatro "Mutis polo foro".
Agora, xa sabedes, a participar!

9/5/11

Lois Pereiro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011


A información empregada para facer a liña de tempo foi extraída, na súa meirande parte, do libro de Marcos Calveiro "Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía".

Como ben sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas ao poeta de Monforte de Lemos, Lois Pereiro. Coñecido tamén como poeta maldito ou poeta punk, foi unha persoa da súa época, para o bo e para o malo. Coherente, comprometido, a súa poesía está impregnada de sinceridade, dolor e amor. Sempre é dificil separar a vida da obra dun poeta, neste caso resultaría imposible enterder a unha sen a outra.
Para saber máis podedes premer no enlace que está enriba do seu nome o co da Coordinadora ENDL.

7/5/11

Xogo de Tronos na pequena pantalla



Procedencia da imaxe
Llega una serie de televisión basada en unos libros geniales, la saga Canción de Hielo y Fuego de George R. R. Martin. Los libros están muy bien, son muy largos (unas 600 ó 800 paginas cada uno) pero son muy adictivos y si empiezas el primero no podrás parar hasta terminarlos (en serio). Serán siete libros algún día, el primero, Juego de Tronos da nombre a la serie, el 5º tiene prevista su salida para este verano.

La acción sucede en Westeros, un mundo imaginario, de esos con gente a caballo dándose espadazos y una cierta cantidad de magia. Muy poca magia, de hecho sólo aparece un poco al principio del primer capítulo, para que veas que haberla, hayla, y ya está. ¿Qué es eso de que la magia es muy difícil de dominar, un arte arcano y complicado y luego aparecen magos en cada esquina? Pues no, de hecho casi todos los que dicen manipular las artes mágicas son unos farsantes.
Cuando te parece que va a ser lo típico al estilo de El Señor de los Anillos, con grandes gestas, heroes inmortales y malos malvadísimos, te sorprende con todo lo contrario: viles rumores, intrigas dentro de intrigas, los malos, en realidad no lo son tanto, y los que juegan limpio, normalmente juegan en inferioridad de condiciones, por pardillos.

Lo bueno de la serie:
  • La hace HBO que normalmente es garantía de calidad  (Los soprano, Sexo en NY, A dos Metros Bajo Tierra, Roma, The Wire (Bajo Escucha), True Blood (Sangre Fresca). Estas series también os las recomiendo.
  • La trama, trata del juego de poder, de la lucha por un trono que el rey Robert Barateon ganó en una guerra a una dinastía de reyes de tres siglos. Su reinado es inestable aunque él ni se da cuenta. La gente intriga a su alrededor, se posiciona, aparta a otros intentando que no se note demasiado…
  • Los personajes son geniales. No son fáciles de entender al primer vistazo. Son gente complicada, con dobleces, con convicciones, y a veces con pasiones que no pueden evitar (o sí). Te sorprenderás cuando veas que te encanta Tirion Lannister, unos de los “malos” en principio.
Lo malo de la serie (que también lo hay, no quiero engañaros):
  • Demasiados personajes,  al principio es fácil liarse y confundir quien es quien. Y en general el elenco es muy numeroso.
  • El casting, se puede mejorar, si leéis los libros lo entenderéis.

El estreno, en Canal+ el 9 de mayo, ¡No te la pierdas!
 Carlos Vaquero (O profe de matemáticas).

5/5/11

Recital musicado de poesía de Lois Pereiro.

Grazas a Normalización Lingüística, o pasado venres tivo lugar no noso centro un Recital Musicado sobre a poesía de Lois Pereiro a cargo de Manu Clavijo (voz, guitarra e violín) e David Taboada (teclados).
Se os poemas de Lois Pereiro chegan a nós e nos tocan de xeito certero o acompañamento musical non fai máis que acrecentar esa sensación. Ao alumnado encantoulle e ata conseguiron que cantara David.

2/5/11

Polina de Bastien Vivès


Procedencia da imaxe
O 29 de abril é a data establecida polo ITI da Unesco para celebrar o Día Internacional da Danza. Nós sumámonos á celebración falando da última novela gráfica de Bastien Vivès que vén de editarse en España no pasado mes de marzo.

Nesta ocasión, este xove ilustrador do que xa temos falado con anterioridade, mergúllase no mundo da danza clásica a través da historia de Polina, desde os seus inicios con tan só 6 anos ata a súa xuventude con todas as horas de esforzo e renuncia que implican. 


Déixovos un video musicado e outro donde o propio Bastien nos comenta como leva a cabo o seu traballo.


30/4/11

Estreno de "Tokio Blues" (Norwegian wood).



Onte estréabase nos cines a adaptación da novela novela homónima de Haruki Murakami "Tokio Blues". Esta novela, a quinta escrita por el, foi a primeira editada en España e a que lle serviu para darse a coñecer no mundo occidental.

Mentres aterra nun aeroporto, Tóru Watanabe escoita unha vella canción dos Beatles (Norwegian wood, que dá título á novela) e retrocede no tempo para lembrar a súa xuventude nos convulsos anos 60, ao seu mellor amigo Kizuki e o seu suicidio, á moza de áquel, Naoko, coa que mantería unha relación tortuosa marcada pola súa fráxil saúde mental e a Midori, da que se namora pouco despois. 

Nesta marabillosa novela xa hai moito do gran escritor que ten encandilado ao público, tanto do seu país como de Europa e América. O estilo impecable, que nos permite ver o mundo interior de pensamentos, dúbidas e sentimentos das personaxes como a través dun cristal traslúcido; a melancolía polo paso do tempo; ese certo "toque" surrealista/onírico das situacións e escenarios donde se desenvolven as súas historias.

O éxito acadado por Tokio Blues foi o comezo dunha carreira imparable. Amparado polas boas críticas  e con auténticos fans lectores veríamos publicadas (en castelán) en poucos anos a maioría das súas obras. O pasado mes de febreiro, o seu último libro "1Q84" era editado en galego por Galaxía e no mes de marzo Murakami gañaba o XXIII Premi Internacional de Catalunya 2011.

Se aínda non lestes nada seu, na nosa Calixtina tedes "Do que estou a falar cando falo de correr" en formato papel e "Al sur de la frontera, al oeste del Sol" en formato dixital e podedes ler os tres primeiros capítulos de 1Q84 premendo no enlace que tedes enriba.

,

28/4/11

papel de MULLER de Papel: a exposición.



Velaquí tendes o resultado da actividade programada para celebrar "Marzo, mes das mulleres traballadoras". É todo un luxo para lectoras e lectores do Instituto poder escoller entre as suxestións achegadas. Moitas grazas ás autoras e autores, compañeiras e compañeiros que colaborastes connosco con tanta ilusión e premura. Estamos moi satisfeitas ... Agora só queda ler... o papel de MULLER de papel...

27/4/11

Ana Mª Matute recibe o Premio Cervantes

Ana María Matute

Con estes fermosos fragmentos e coa referencia ao mundo de Alicia, iniciaba e finalizaba o seu discurso a terceira muller en acceder a un asiento (K) na RAE, hai xa 15 anos. Esa muller convírtese tamén hoxe na terceira (detrás de María Zambrano e Dulce María Loynaz) en recibir o máis prestixioso premio das letras en lingua castelá, o Premio Cervantes. 

Por suposto, falamos de Ana Mª Matute. Nacida en Barcelona en 1926, viu a súa infancia interrumpida, primeiro por unha enfermidade grave e logo pola guerra e a postguerra, pero a pesares diso ou quen sabe se por mor diso descubriu unha vocación temprana pola literatura. Sendo aínda unha nena escribía contos e con só 17 anos remataría a súa primeira novela.

Combinando a fantasía coa realidade social, os reis de mundos olvidados cos soldados que choran pola noite, foi creando un universo e un estilo propio que lle levaron a acadar o prestixio internacional e nacional que se merece.

Se queredes profundizar na súa vida e/ou obra só tedes que premer no enlace co seu nome. Se queredes ler o discurso completo da entrada na academia podedes facelo ademáis a través do blog Bibloranca.


Déixovos coas súas palabras.


25/4/11

Nada de Janne Teller

Coñecín este libro mentres me mergullaba pola blogosfera e pronto me chamou a atención a polémica que o rodeaba: a súa prohibición en certas zonas de Dinamarca e Noruega, a resistencia dalgunhas librerías francesas a vendelo, a reticencia a editalo despois de encargalo e, como non, a inquietante frase da súa portada

NADA IMPORTA, HACE MUCHO QUE LO SÉ ASÍ QUE NO MERECE LA PENA HACER NADA, ESO ACABO DE COMPRENDERLO.

Así comeza a historia dunha clase de séptimo na que un bo día Pierre Antón solta esta sentencia e deixa aos seus compañeiros devanando os miolos para atopar a maneira de demostrarlle que está equivocado.

Para iso idean facer unha ofrenda de cousas que teñan significado, que importen. Ao principio o significado será material para pouco a pouco ir incorporando significantes máis abstractos como a familia, a relixión, a patria ou o sexo.

Pero a dor de desprenderse de algo que dá sentido as súas vidas lles leva a unha vertixe da que xa non haberá retorno.

O absolutismo das maiorías e os extremos aos que poden chegar para non escoitar as verdades que lles escocen ou ás que temen; a forma na que se dilúen as responsabilidades e o sentimento de culpa nos grupos e o baleiro de valores na sociedade actual son lecturas de fondo inevitables.

Merqueino e lino. Por momentos tiven que parar a tomar folgos, a relaxarme da dureza e a crueldade que desprendían a pandilla de adolescentes protagonistas. Remateino e sentín a imperiosa necesidade de compartilo con alguén, de poder falar del con outra persoa, de soltar lastre. Leveino ao instituto e llo pasei a Susana, de Susana pasou a Elisa e logo Paula e agora Raúl... Queres ser o próxim@?

23/4/11

Día do libro e dos dereitos de autor 2011

O 23 de abril, celebramos cada ano o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. 

Neste 2011 e para celebralo, o poeta galego Carlos Negro, agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto sobre O lugar da lectura, con el  a Consellería de educación editou un marcapáxinas que podedes descargar aquí.

A min gustaríame aproveitar esta data para falar da revolución que está experimentando o mercado editorial coas novas tecnoloxías.

Desde que apareceron os primeiros lectores electrónicos e as tabletas que facilitaban a lectura dixital, comezaron a escoitarse voces catastrofistas sobre a desaparición do libro. Non sei que pensades vós, pero a min sempre me dá un pouco de repelús escoitar xeneralidades do tipo todo ou nada.

Está claro que algo está cambiando e tamén está claro que os cambios producen recelo e medo. Probablemente o mundo editorial como o coñecemos acabe desaparecendo e un novo modelo de compra/venda/aluguer de libros acabará xurdindo.

Manterase o libro en papel? Eu apostaría que si. Porque os amantes dos libros queren sentir o seu recendo, anotar a lapis nas marxes, pasar as follas. Porque hai xéneros como a banda deseñada, os contos e libros ilustrados, que non se entenden doutro xeito.

Ganará terreo o ebook? Sen dúbida. Pola gran vantaxe do seu almacenamento. Porque cada vez máis xente vive en espazos reducidos e o volume dos libros supón un problema. Porque (en teoría) a edición dixital debería abaratar o prezo. Pola súa movilidade. Por ecoloxía...

Neste video feito pola Enciclopedia Británica en 1947 estaban á última. Pero nos guste ou non hai que seguir evolucionando!


Para os/as que estedes interesados en coñecer algo sobre historia do libro e a súa evolución sería interesante que premérades neste enlace feito polo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE).